Retos ambientais e sociais

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Retos-ambietales-e-sociales.JPG

Introdución

Na anterior unidade salientouse a importancia de velar polo dessenvolvemento sustentable e a sostenibilidade do planeta; identificaronse os principales riscos e os factores que deben cuidar as empresas para cumprir cos obxetivos marcados pola Axenda 2030 e garantir un futuro sostible para todos.

A continuación analizaremos os principais retos ambientais e sociais e a súa relación co desenvolvemento da actividade económica e o impacto que poden ter sobre a sociedade e os sectores produtivos, así como as principales medidas adoptadas para minimizar o seu efecto.

Para isto é vital establecer alianzas e traballar de xeito transversal e coordinado; so así poderanse abordar con éxito os retos ambientais e sociais actuales.

Retos ambientais

Definición.  Reto. En xeografía humana, sobre todo no aspecto medioambiental, obxectivo difícil que supón un estímulo ou desafío para quen o afronta.

A evidencia científica amosa coma a humanidade, coas súas prácticas, acentúa o cambio climático, erradica especies de animais e plantas, contamina o aire e a agua e aumenta o risco de transmisión de enfermedades, chegando a producir pandemias coma a do Covid-19 que recentemente nos azotou. Todo isto impacta de forma moi negativa no medioambiente.

Na actualidad hai unha crise ambiental. Esta situación convertiuse nunha preocupación global e require da atención inmediata da sociedade. Cómpre poñer en práctica accións, tanto individuais coma colectivas, para atopar solucións que axuden a preservar a contorna natural e a garantizar un futuro sostible para as próximas xeneracións.

Cambio climático

É o problema ambiental máis urxente do planeta. Para abordalo, é importante, en primeiro lugar, diferenciar estes dous conceptos:

  • Tempo meteorolóxico. Son as condicións meteorolóxicas que se dan nun lugar e nun momento concreto. Por exemplo, hoxe o día está nubrado. O tempo pode variar en cuestión de horas ou dun día para outro.
  • Clima. Son as condicións habituais dun sitio determinado. Por exemplo, unha zona ten temperaturas agradables e é cálida, pero outra é máis fría e húmida. O clima é menos variable.

En canto ao concepto de cambio climático, refírese aos cambios de temperatura producidos a longo prazo e é un proceso normal que ocorre na Terra durante ciclos que duran miles e incluso millóns de anos. Os cambios prodúcense por causas naturais, pero tamén pola acción do ser humano, sobre todo a partir do século XIX, coa Revolución Industrial, momento no que se acelerou o cambio climático.

Na actualidade, a causa principal do cambio climático é a queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas). Esta acción xera gases tóxicos que se acumulan na atmosfera e que atrapan a calor, o que causa danos sobre o aire, a terra e a auga, e provoca o quecemento global. Son os denominados gases de efecto invernadoiro.

O cambio climático foi empeorando década tras década debido ao aumento das empresas contaminantes e á pouca preocupación polas súas emisións de gases e outras substancias nocivas sobre o medioambiente. Esta rapidez fai moi difícil, tanto para a natureza como para os seres humanos, adaptarse ás novas condicións climáticas.

Dado que é un problema que afecta a todo o planeta, é necesario actuar a escala internacional. Como se viu no capítulo 1, en 1992 aprobouse a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Desde ese momento todos os países asinantes foron concretando metas e compromisos específicos para lograr o obxectivo do acordo: “estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas (causadas polo home) perigosas no sistema climático”.

Posteriormente, grazas ao Acordo de París (2015), alcanzouse un gran pacto baseado nas seguintes liñas:

  • Manter o aumento global da temperatura por debaixo dos 2 °C.
  • Promover un desenvolvemento con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Orientar os fluxos financeiros para lograr un desenvolvemento resiliente ao clima e de baixas emisións.

O Acordo de París supuxo un acordo histórico para combater o cambio climático e acelerar e intensificar as accións e investimentos necesarias para un futuro sostible con baixas emisións de carbono.

O cambio climático está destruíndo os ecosistemas terrestres e mariños, derretendo a masa de xeo nos polos e, por conseguinte, aumentando o nivel do mar. Isto provoca inundacións, redución dos límites do litoral costeiro, destrución dos medios de subsistencia ou fenómenos meteorolóxicos extremos.

O ODS 13: Acción polo clima propón adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos. Entre as súas metas están introducir o cambio climático como cuestión primordial nas políticas, estratexias e plans dos países, das empresas e da sociedade civil para mellorar a resposta aos problemas que xera e para impulsar a educación e a sensibilización de toda a poboación a este respecto.

INVESTIGA. Quén é o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)? Cando se creou? Quenes o compoñen? Cáles son as súas funcións?


Consumo de auga

Contaminación

Deforestación

Outros

Sobrepesca

Xestión de residuos

Perda da biodiversidade

Retos socias

Os retos ambientais deben ser tratados tento en conta os sociais. Non se poden abordar os primeros sen a acción conxunta de toda a sociedade; por lo tanto, un reto ambiental también es un reto social, e o tratamento duns impacta nos outros.

O reto demográfico: Superpoboación e despoboación

Pobreza

Desigualdade

Impacto ambiental na actividade empresarial

Impacto sobre as persoas

Impacto sobre os sectores produtivos

Efectos no sector primario

Efectos no sector secundario

Efectos no sector terciario

Efectos en todos nos sectores

Medidas e accións para minimizar os impactos ambientais

Eficiencia e transición enerxética

Xestión de residuos

Conservación dos recursos naturais

Produción e consumos sostibles

Control da contaminación

Movilidad sostible

Innovación tecnolóxica

Educación e sensibilización

Normativa, políticas ambientáis e alianzas

DEFINICIÓN. Alianza. Acordo entre dúas ou máis partes nas que se recollen os termos de colaboración e se establecen os dereeitos e as obrigas dos asinantes.