ODS5. Igualdade de xénero
A desigualdade de xénero está presente en todos os lugares do mundo, independentemente do grao de desenvolvemento social e económico da poboación, e maniféstase de diversas formas:
- Desigualdades de acceso ao mercado laboral ou a determinados postos de traballo.
- Violencia sexual ou explotación laboral.
- Disparidade nas remuneracións ou condicións laborais.
- Discriminación en cargos de responsabilidade nas empresas e, mesmo, en cargos públicos.
En que consiste?
As metas e sub-metas do ODS 5 perseguen a eliminación de todas as formas de discriminación cara ao sexo feminino, a posta en valor da atención non remunerada e o traballo doméstico das mulleres e nenas en todas as sociedades, así como a consecución, de maneira independente, do empoderamento feminino.
Na busca da igualdade de xénero, obteranse os seguintes beneficios empresariais e profesionais:
- Impacto positivo na economía.
- Maior rendemento empresarial.
- Atracción e retención de talento feminino.
= Como se pode actuar? =
As organizacións empresariais poden ver incrementada a produtividade se elaboran e executan políticas de paternidade igualitarias, proporcionando maior flexibilidade e un compromiso claro de xénero.
Exemplo. As empresas poden apostar pola educación da brecha salarial e, desta maneira, aumentar a motivación das mulleres e as posibilidades de ascender a postos de maior responsabilidade e envergadura laboral e económica.
O empoderamento da muller non só se refire ao ámbito empresarial e laboral, senón que cobran gran importancia tanto as cadeas de subministración como o financiamento para a creación de novas empresas e proxectos empresariais.
Os programas de conciliación da vida familiar e profesional para homes e mulleres son un dos piares básicos para a consecución do ODS 5 e o logro efectivo da igualdade de xénero.
No cine
- Una cuestión de genero
- Talentos Ocultos
- En tierra de hombres