LIBGDX Execución dos proxectos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

UNIDADE 1: Execución dos proxectos importados.'Ola mundo'


Introdución

Isto viría a ser o clásico 'Ola Mundo' de calquera linguaxe de programación. O que se vai presentar será unha pantalla de benvida do framework nas diferentes plataformas.

Versión Gradle (Abril 2014)

  • Para poder executar as diferentes versións dos proxectos é necesario ter configurado a variable de entorno ANDROID_HOME para que apunte a onde se atopa o SDK instalado.
WINDOWS:
1 set ANDROID_HOME=C:/Path/To/Your/Android/Sdk
LINUX:
1 export ANDROID_HOME=/Path/To/Your/Android/Sdk
Como alternativa podemos modificar (ou crear se non está creado) o arquivo: local.properties
que se atopa no raíz do proxecto importado e poñer a seguinte liña: sdk.dir=/Path/To/Your/Android/Sdk
Por exemplo, en Windows tería esta valor se estades a seguir o manual:
1 sdk.dir=C\:/SDK
Nota: O carácter '\' e un carácter de escape.


  • Imos ver agora como executar os diferentes proxectos.


Execución Desktop



TAREFA UNIDADE 1, PARTE 2: Esta parte está asociada á realización dunha tarefa.


Éxecución HTML

Execución nun dispositivo móbil

No Emulador

Como comentamos anteriormente executar os xogos no emulador non pode ser debido a lentitude do mesmo. O ideal é ter un dispositivo móbil 'real' que permita probar os xogos.

De todas formas, para probar que funciona, podemos ver como se visualiza a pantalla de presentación do framework no emulador.

O primeiro será crear un dispositivo virtual (AVD) coa versión Android 4.3 API 18 e CPU Intel Atom (x86) segundo os pasos deste enlace (só fai falla facer os pasos de creación do Android Virtual Device). IMPORTANTE: Lembrade deixar marcada a opción 'Use host GPU' cando creades o AVD para facer uso do OPEN GL.


  • Nota: Máis información sobre as versión de Android neste enlace.
  • A partires de Marzo do 2014 o framework Libgdx deixa de dar soporte a OPEN GL ES 1.0/1.1 e a versións de Android inferiores á 2.2 (API 8).

Nun dispositivo real

Nunha máquina virtual con Android

Deberedes de instalar unha máquina virtual en Virtual Box que teña soporte para OPEN GL 2.0.

Unha opción pode ser a de AndroVM





-- Ángel D. Fernández González -- (2015).