PHP Paso de datos utilizando campos ocultos
Revisión del 09:01 10 oct 2016 de Wiki (discusión | contribuciones) (Página creada con «* A utilización de campos ocultos ten unha limitación xa que sempre será necesario enviar os datos dunha páxina á seguinte <u>utilizando un formulario</u>. * A idea...»)
- A utilización de campos ocultos ten unha limitación xa que sempre será necesario enviar os datos dunha páxina á seguinte utilizando un formulario.
- A idea é moi sinxela. Supón gardar a información que queremos que sexa persistente (é dicir, que se pase dunha páxina á seguinte) e campos ocultos do tipo:
1 <?php 2 $datoAgardar='Angel'; 3 printf("<input type='hidden' value='%s' name='campoOcultoNome' />",$datoAgardar); 4 ?>
- Facelo desta forma leva consigo que sempre temos que ter un formulario e que calquera iteración do usuario usuario que leve consigo cargar unha nova páxina, provocará o submit() do formulario ata esa nova páxina.
- Normalmente esta técnica se utiliza cando temos unha recollida de datos dun usuario que require de varias páxinas e queremos ir gardando os datos ata chegar á páxina que vai procesar os datos recollidos.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).