DRUPAL Taxonomía

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • A taxonomía vai permitir 'clasificar' os contidos do sitio en base a etiquetas.
  • Ditas etiquetas van estar agrupadas formando un vocabulario.
Cando vimos a creación de artigos na wiki xa introducimos etiquetas cando creamos novos artigos, xa que dito tipo de contido ten entre os seus campos unha referencia a un termo de taxonomía.


Creando un novo vocabulario

  • Imos ver un exemplo de creación dun novo vocabulario.

Agregando campos a un termo

  • Os termos son tratados por Drupal como se foran entidades, polo que podemos engadir campos como fixemos cos tipos de contido.
Tamén imos modificar a forma como se engaden novos termos e como se visualizan os termos igual que como fixemos cos tipos de contido xa vistos anteriormente.
  • Imos ver un exemplo no que engadimos un campo de tipo Imaxe a o vocabulario anterior.
Cando cremos un termo de dito vocabulario pedirá unha imaxe para dito termo.
Cando visualicemos a lista de contidos que fagan referencia a dito termo, tamén aparecerán os campos creados.

Creando sub-termos

  • Dentro da creación do vocabulario podemos ter termes que pertenzan a outro termo (por algún tipo de relación), formando unha árbore.
  • Así, no caso que estamos a facer, pode crear a seguinte árbore de termos:
Auga:
-------> Natación
-------> Waterpolo
Balón:
-------> Baloncesto
-------> Football
Motor:
-------> Motociclismo
-------> Coches

Vexamos como implementar esta relación.






-- Ángel D. Fernández González -- (2016).