DRUPAL Permisos de usuarios
Revisión del 15:27 14 nov 2016 de Wiki (discusión | contribuciones)
- Neste punto vanse explicar os permisos que poden asociarse aos roles en Drupal.
- Ditos permisos están agrupados en categorías para facer a busca máis doada.
- Para acceder á sección de permisos: Menú Administrar => Usuarios => Lapelad Permisos:
- Unha vez premido, aparecerá unha táboa.
- A primeira columna amosará todos os permisos que podemos asinar a un rol.
- As seguintes columnas amosarán cada un dos roles creados en Drupal.
- Os permisos está agrupados polo módulo ao que pertencen.
- Cada vez que instalemos/activemos un módulo teremos que comprobar que permisos ten asociados e darlle ditos permisos aos roles que o necesiten.
- Un exemplo de permisos asociados ao módulo Search (lembrar que os módulos se atopan no menú Administrar => Ampliar):
- Nota: Fixarse como no exemplo existe un rol de nome 'Permite Comentarios' que ten o permiso de 'Usar búsqueda' marcado pero sen posibilidade de quitalo (inhabilitado).
- Isto é así xa que o permiso tamén está asinado ao rol 'Authenticated User', polo que 'herda' dito permiso. Se queremos quitalo deberemos quitalo primeiro ao rol 'Authenticated User'.
- No bloque de permisos Node temos os permisos asociados aos tipos de contidos creados.
- Vexamos un exemplo có tipo de contido Ficha Xogador:
- No bloque de permisos Comment podemos indicar que roles teñen permiso para facer operacións sobre os comentarios:
- Finalmente, unha vez asinados os permisos aos roles debemos premer o botón Guardar Permisos na parte baixa da páxina.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).