PHP Operacións BD Mysql
Revisión del 10:12 27 dic 2016 de Wiki (discusión | contribuciones) (Página creada con «== Introdución == * Como comentamos no [http://wiki.cifprodolfoucha.es/index.php?title=PHP_Introduci%C3%B3n_acceso_a_base_de_datos punto anterior], para conectarnos a un...»)
Introdución
- Como comentamos no punto anterior, para conectarnos a un xestor de base de datos específico imos ter que ter instalados os drivers correspondentes.
- Un driver é o software que nos permite comunicarnos cunha base de datos, pero normalmente non imos facer dita comunicación utilizando o driver directamente se non que o usaremos a través dunha API, que son un conxunto de clases, funcións,... que nos permiten facer uso do driver e conectar a un xestor de base de datos.
- Existen dous tipos de API´s:
- Procedimentais: Facemos uso de funcións para realizar as operacións contra a base de datos.
- Orientadas a obxectos: Instanciamos clases e chamamos a métodos dos obxectos creados.
Normalmente faremos uso desta segunda opción.
- En PHP, ditas API´s se 'activan' facendo uso de Extensións.
- Indicar que unha API non é o mesmo que unha extensión en PHP, xa que algunhas extensións non proporcionan ningunha API ao usuario (por exemplo a extensión do driver PDO MySQL, non proporciona ningunha API ó programador PHP).
- Existen tres APIs principais para conectar a un servidor de bases de datos MySQL:
- Extensión MySQL de PHP
- Extensión mysqli de PHP
- Obxectos de Datos de PHP (PDO)
- Para conectarnos imos utilizar as funcións mysqli (mysql improved) que foron introducidas a partires de Mysql 4.1
- A extensión mysqli ven incluída nas versiones PHP 5 y posteriores.
- Algunha das melloras de dita extensión con respecto á extensión mysql:
- Interfaz orientada a obxectos
- Soporte para declaracións preparadas
- Soporte para Transaccións
- Dita extensión tamén ten unha versión procedural, de tal forma que imos poder chamar ás funcións de dúas maneiras diferentes:
Exemplo de función cun estilo procedimental que pecha unha conexión a unha base de datos ($link é un identificador cando se fai a conexión contra a base de datos):
1 mysqli_close($link);
Exemplo de función cun estilo obxectual que pecha unha conexión a unha base de datos:
1 mysqli::close();
- Aquí tedes un cadro comparativo obtido de php.net onde se ve o comentado anteriormente:
Nota: Máis información neste enlace.
Conexión
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).