PDM UD1 CoñecendoAndroidStudio

De MediaWiki
Revisión del 18:30 26 may 2016 de Wiki (discusión | contribuciones) (Página creada con « ==Importando clases necesarias dentro dunha activity== ===Manualmente=== * Cando utilizamos novas clases dentro dunha actiivity, é necesario importalas para poder facer...»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Importando clases necesarias dentro dunha activity

Manualmente

  • Cando utilizamos novas clases dentro dunha actiivity, é necesario importalas para poder facer uso delas.
Por exemplo, se quere usar un TextView (ven ser un label de texto), podería poñer este código na Activity:
 1 public class MainActivity extends Activity {
 2 
 3     @Override
 4     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
 5         super.onCreate(savedInstanceState);
 6         setContentView(R.layout.activity_main);
 7 
 8         TextView texto = new TextView(this);
 9     }
10 }
Ao facelo, veremos que se pon en vermello a clase TextView e que se nos informa que podemos premer a combinación de teclas Alt + Intro:

PDM UD1 CoñecendoAndroidStudio 1.jpg


Se prememos dita combinación podemos ver como se engade automaticamente o 'import' correspondente a clase TextView:
 1 import android.app.Activity;
 2 import android.os.Bundle;
 3 import android.widget.TextView;
 4 
 5 public class MainActivity extends Activity {
 6 
 7     @Override
 8     protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
 9         super.onCreate(savedInstanceState);
10         setContentView(R.layout.activity_main);
11 
12         TextView texto = new TextView(this);
13     }
14 }


Automaticamente

  • Para facer que o Android Studio importe automaticamente as clases, debemos cambiar a configuración do IDE:

Unha vez feito o anterior xa engade automaticamente as clases.



  • Pode suceder que ao querer utilizar unha clase, esta poda provir de dous paquetes diferentes. Neste caso teremos que utilizar a combinación de clase Alt+Intro e escoller o paquete correcto:





-- Ángel D. Fernández González -- (2016).