DRUPAL Instalación Exercicios
INSTALACIÓN
- Despois de facer o punto indicado na Wiki de instalación deberedes resolver o problema indicado no punto Comprobacións trala instalación.
Escenario de proba de ataque
- Previamente (antes de implantar a solución) ides simular un 'ataque' dos indicados na web de drupal. debido a esta falta de seguridade.
- Para iso teredes que instalar un módulo de configuración de correo electrónico. Podedes atopar dito módulo en: https://www.drupal.org/project/smtp .
- Lembrade descargar a versión correspondente ao voso módulo de Drupal.
- Un módulo amplía as funcionalidades de Drupal. Xa se explicará en profundidade posteriormente.
- Instalando o módulo SMTP Authentication Support
Iremos a páxina de descarga do módulo e copiaremos a URL ou descargaremos a versión correspondente á versión do Drupal instalado. Nos imos a descargar o módulo localmente xa que facelo a través da URL require que teñamos un servidor FTP correndo localmente.
Agora copiaremos a URL do paso anterior ou premeremos o botón Examinar para seleccionar o módulo descargado. Ne meu caso pegarei a URL: https://ftp.drupal.org/files/projects/smtp-8.x-1.0-alpha2.tar.gz e premeremos o botón Instalar.
Exercicios propostos
- No punto de 'Escenario de proba de ataque' se comenta a posibilidade de instalar un módulo utilizando un servidor ftp local. Intenta configurar un e instala un módulo utilizando dita opción.