DRUPAL Apariencia

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • A forma en como está estruturada o sitio web en drupal, tanto na parte que se emprega polo administrador para a súa xestión como a parte que se amosa aos usuarios que fan uso do sitio denomínase Theme.
  • O Theme afecta tanto a estrutura, coma o tamaño, cor, formato,...de todo o que se amose na páxina.


  • Cando implantamos un sitio web queremos que dito sitio teña unha aparencia que sexa igual (ou moi parecida) en todas as súas páxinas.
  • Queremos ter unha estrutura determinada, co logo da empresa nun lugar, o menú noutro, os artigos ou información situado entre unhas partes determinadas,.... Todo isto dánolo o theme.


  • Vexamos un exemplo concreto na web do Centro:
Drupal apariencia 3.jpg
Drupal apariencia 4.jpg
Como vemos, na parte superior (en cor vermella) temos unha sección de Menú na que se atopa o Logo e o Menú Principal.
Na parte da dereita (en cor Marrón) temos diferentes seccións, unha busca na web, outra de acceso a seccións específicas, outra ao blog da biclioteca,...
Na parte centra (en cor amarela) temos dúas seccións, unha de novas e outra de situación do centro.
Na parte baixa (en cor rosa) temos información do centro, formas de contacto,....




Themes en Drupal

  • En Drupal podemos ter moitos temas (themes) instalados á vez, pero só un deles estará visualmente activo.
  • Poderemos cambiar e adaptar un tema específico as nosas necesidades (cambiando ou modificando partes del).


  • Para visualizar os Themes que se atopan en Drupal teremos que ir á opción de menú Administrar => Apariencia.
Drupal apariencia 5.jpg
Como vemos temos o tema Bartik 8.1.8 (tema predeterminado) como theme. Temén temos o Seven 8.1.8 (Tema de administración) instalado pero desactivado. Se queremos activalo teríamos que premer a opción Configurar como predeterminado.
  • Vexamos agora como está estrutudado dito tema.
  • Como vemos na parte do encabezado temos dous menús e o encabezado propiamente dito.


  • Hai algunhas partes que 'non aparecen' por defecto cando cargamos a paxina e aparecen cando 'sucede algo'. Por exemplo a parte Destacado:


  • Podemos ver como se corresponden os contidos-seccións cos que aparecen na paxina web (non están todos):
Drupal apariencia 1.jpg


  • Podemos agregar novos contidos a unha sección determinada.










-- Ángel D. Fernández González -- (2016).