DRUPAL Instalar Drush
Sumario
Instrudución
- Drush é un comando do shell para Drupal.
- Drush vai permitir:
- Descargar novas versións de Drupal.
- Instalar Drupal.
- Instalar módulos de Drupal
- Outras funcións...
- Normalmente as operacións que fagamos con Drush poderíamos facelas graficamente, pero é unha forma máis rápida e eficiente de facelo.
- Por exemplo, para poñer Drupal en 'modo mantemento' poderíamos executar a seguinte orde: drush sset system.maintenance_mode 1
Instalación de Drush
- Nota: No momento de escribir este manual (Setp. do 2016) a versión de Drush que se descarga coa orde apt-get é a versión 5.10 que non vale para usar coa versión de Drupal 8.x. Polo tanto será necesario descargalo manualmente.
Automaticamente
- Para Ubuntu/Debian:
1 sudo apt-get install drush
- Para CentOS/RHEL:
1 sudo yum install drush
- Para OS X con Homebrew:
1 brew install drush
Manualmente
- Para instalalo manualmente previamente teremos que ter instalado composer.
Instalar o programa php
- Programa necesario para poder executar páxinas php dende a liña de comandos.
- Executaremos esta orde:
1 sudo apt-get install php5-cli
Composer
- Máis información neste enlace.
- Composer é un programa (ferramenta) que permite solucionar os problemas de dependencias de librerías cando instalamos un determinado programa.
- Necesita ter instalado PHP 5.3.2+ para funcionar.
- Para instalalo necesitamos executar estas liñas de código dende consola:
1 php -r "copy('https://getcomposer.org/installer', 'composer-setup.php');" 2 php -r "if (hash_file('SHA384', 'composer-setup.php') === 'e115a8dc7871f15d853148a7fbac7da27d6c0030b848d9b3dc09e2a0388afed865e6a3d6b3c0fad45c48e2b5fc1196ae') { echo 'Installer verified'; } else { echo 'Installer corrupt'; unlink('composer-setup.php'); } echo PHP_EOL;" 3 php composer-setup.php 4 php -r "unlink('composer-setup.php');"
- Isto creará un arquivo 'composer.phar' que deberemos mover ao cartafol '/usr/local/bin/' coa orde: mv composer.phar /usr/local/bin/composer.
- Se todo foi correcto, poderemos escribir a orde composer nun terminal e aparecerá as opcións coma na pantalla seguinte:
Instalando drush
- Nota: Máis información neste enlace.
- Deberemos crear un script de nome drushScript.sh (por exemplo) nun cartafol calquera e copiar o seguinte:
1 # Download latest stable release using the code below or browse to github.com/drush-ops/drush/releases. 2 php -r "readfile('https://s3.amazonaws.com/files.drush.org/drush.phar');" > drush 3 # Or use our upcoming release: php -r "readfile('https://s3.amazonaws.com/files.drush.org/drush.phar');" > drush 4 5 # Test your install. 6 php drush core-status 7 8 # Make `drush` executable as a command from anywhere. Destination can be anywhere on $PATH. 9 chmod +x drush 10 sudo mv drush /usr/local/bin 11 sudo ln -s /usr/local/bin/drush /usr/bin/drush
- Cambiar os permisos: chmod 755 drushScript.sh.
- Executar: sudo drushScript.sh.
- Agora se poñemos na consola: drush --version debería aparecer a versión do mesmo (no exemplo actual aparece 8.1.3).