Solucións de cifrado con PGP

De MediaWiki
Revisión del 18:32 10 may 2021 de Joselv (discusión | contribuciones) (→‎Cifrado simétrico)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

Enunciados

Cifrado simétrico

  1. Crea un documento de texto co contido que queiras e cífrao usando gpg con cifrado simétrico usando o contrasinal que descifrar.
  2. Fai chegar este documento a un compañeiro que debe poder descifrar o documento a partir da contrasinal que lle indiques.
Solución

Cifrado asimétrico

Fai o cifrado asimétrico con gpg dun ficheiro:

  1. Xera un par de chaves coas seguintes características:
    Tipo de chave: RSA and RSA (default)
    Tamaño da chave: 1024 bits
    Caducidade: Dentro dun ano
    Nome: O teu nome e apelidos
    Correo-e: Unha dirección de correo que teñas ou unha inventada
    Comentario: Alumno do CIFP Rodolfo Ucha
  2. Exporta a chave pública e faillo chegar ó teu compañeiro
  3. Crea un documento de texto que teña como contido a frase que ti desexes
  4. Cifra o teu documento de texto con gpg usando a chave pública recibida do teu compañeiro e mándalle o documento cifrado
  5. Descifra o contido do documento cifrado que che enviou o teu compañeiro usando a túa chave privada
Solución

Firma dixital

Fai a sinatura dixital con gpg dun ficheiro:

  1. Crea un documento de texto que teña como contido a frase que ti desexes
  2. Asina o documento usando a túa chave secreta
  3. Envíalle o documento asinado ao teu compañeiro
  4. Verifica a sinatura do documento que recibes do teu compañeiro
Solución

OpenPGP en Thunderbird

  1. Configura OpenPGP en Thunderbird e envía emails cifrados
Solución

Envía con Thunderbird correos asinados co teu certificado dixital

Esta práctica non fai uso de PGP... pero tamén é un xeito de uso seguro do correo electrónico

  1. Configura unha autoridade de certificación con OpenSSL
  2. Crea un certificado asociado á unha dirección de email que teñas.
  3. Configura esta conta de correo con Thunderbird.
  4. Envía con Thunderbird un correo ao teu compañeiro asinado co teu certificado dixital.
  5. Obtén o certificado dixital do teu compañeiro e envíalle un correo asinado co teu certificado dixital e cifrado co seu.
Solución

Se queremos emitir certificados con OpenSSL para o cifrado e sinatura dixital de mensaxes de correo electrónico, os pasos a seguir serán os mesmos que os que xa vimos para a creación de certificados para o servizo web; a única diferenza será que en lugar de indicar o nome de DNS ou enderezo IP do servidor web indicaremos o enderezo de correo electrónico para o que queremos crear o certificado dixital.

Polo tanto, a creación do CSR podería facerse da seguinte maneira:

openssl req -new -key probadecorreoucha_gmail.key -out probadecorreoucha_gmail.csr

Introducimos os datos necesarios:

Country Name (2 letter code) [AU]:ES
State or Province Name (full name) [Some-State]:Galicia
Locality Name (eg, city) []:Ferrol
Organization Name (eg, company) [Internet Widgits Pty Ltd]:CIFP Rodolfo Ucha
Organizational Unit Name (eg, section) []:
Common Name (eg, YOUR name) []:Xose
Email Address []:probadecorreoucha@gmail.com
Please enter the following 'extra' attributes
to be sent with your certificate request
A challenge password []:
An optional company name []:

Se queremos exportar o ficheiro co certificado dixital (con extensión .crt) e a chave privada en formato PKCS#12 (usada habitualmente polas aplicacións de correo electrónico), podemos facelo do seguinte xeito: openssl pkcs12 -export -out probadecorreoucha_gmail.p12 -inkey probadecorreoucha_gmail.key -in probadecorreoucha_gmail.crt

Referencias