DRUPAL Actualización

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución


  • Cada certo tempo Drupal lanza actualizacións do seu Core (núcleo principal cos módulos necesarios para ter unha funcionalidade mínima) ou ben actualizacións de Módulos instalados por nos ou Temas.
  • Como normas xerais, cando se fai unha actualización de Drupal recoméndase:


  • Para realizar unha actualización deberemos:


Copia de seguridade completa

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización dun EXERCICIO.


  • En calquera momento podemos facer unha copia de seguridade de todo o noso Drupal.
  • Pódese facer ou ben usando un módulo previamente instalado (coma backup and migrate) ou ben manualmente. Imos facelo manualmente.
  1. Cambiamos Drupal a modo Mantemento.
  2. Facemos unha copia física do cartafol Drupal, coa orde cp -rp /drupal /backupDrupal/, sendo /drupal o cartafol onde está instalado e /backupDrupal o cartafol onde queremos copiar o sitio web. A opción -p do comando cp preserva os permisos.
  3. Comprimimos o cartafol coa orde: tar czf drupalbackup.tgz /backupDrupal/drupal.
  4. Facemos o backup da base de datos Mysql asociada ao Drupal. `Lembrar que podemos facela graficamente utilizando a ferramenta PhpMyAdmin.
    1. É recomendable parar os traballos programado que teñamos no Cron mentres facemos o backup.
    2. Executaremos a orde: mysqldump -u USERNAME -p'PASSWORD' DATABASENAME > /path/to/backup_dir/database-backup.sql
  • Sendo:
  • Username e Password o usuario utilizado na instalación do Drupal. Lembrar que os datos os temos no arquivo de configuración /drupal/sites/default/installation.php.
  • DATABASENAME: Nome da base de datos utilizado na instalación do Drupal. Tamén se atopa no arquivo installation.php
  • Nota: Pode suceder que se estades nun aloxamento non dedicado vos dea un erro. Isto o solucionaredes utilizando o parámetro -h nome_do_host: mysqldump -h nome_host -u USERNAME -p'PASSWORD' DATABASENAME > /path/to/backup_dir/database-backup.sql. Sendo o nome do host un parámetro que vos ten que dar o voso provedor de aloxamento.
  1. Desactivamos o modo mantemento.


Nota: Se non temos mysqldump instalado podemos instalalo coa orde: apt-get install mysql-client-5.6.
* Se estamos a utilizar XAMPP debemos cambiar o arquivo de configuración /etc/mysql/my.cnf e cambiar as liñas:
pid-file = /var/run/mysqld/mysqld.pid
socket = /var/run/mysqld/mysqld.sock
por (está en varias liñas)
pid-file = /opt/lampp/var/mysql/mysqld.pid
socket = /opt/lampp/var/mysql/mysql.sock



  • O proceso para restaurar o sitio web completo debería ser:
  1. Descomprimir a copia de seguridade coa orde: tar -xvf archivo.tar
  2. Copiar de volta o cartafol có Drupal coa orde: cp -rp /backupDrupal/drupal /cartafol_a_restaurar/ sendo /cartafol_a_restaurar no caso de utilizar xampp é /opt/lampp/httdocs.
  3. Restaurar a base de datos coa orde: mysql -u {user} -p {database} < {backup.sql}.
* Isto so serve cando restauramos a base de datos sobre un Mysql que xa a ten creada e cos permisos asinados ao usuario que utiliza drupal na súa configuración para acceder a dita base de datos. Se non teríamos que crear a base de datos, restaurala, crear o usuario e darlle permiso para acceder á base de datos como fixemos durante a instalación.

Actualización do Core de Drupal

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización dun EXERCICIO.


  • Actualización Update: Consiste en actualizar a versión de Drupal dende un 8.x a un 8.y. Máis información neste enlace.
  • Actualización Upgrade: Consiste en actualizar dende un Drupal 8.x a un 9.y, por exemplo. Máis información neste enlace.



  • Imos facer de exemplo, unha actualización á versión 8.2.0-beta2 (no momento de escribir este manual). As versión beta son de proba e en desenvolvemento polo que non deben ser empregadas para un sitio web en produción.







-- Ángel D. Fernández González -- (2016).