Diagrama E-R da base de datos tenda

De MediaWiki
Revisión del 09:08 24 nov 2021 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con «= Enunciado = A base de datos tendaBD serve para controlar as vendas dunha cadea de tendas. Gárdanse nela os datos das vendas que se realizan, das tendas nas que se fan as…»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Enunciado

A base de datos tendaBD serve para controlar as vendas dunha cadea de tendas. Gárdanse nela os datos das vendas que se realizan, das tendas nas que se fan as vendas, dos artigos vendidos, e dos clientes.

Diagrama E-R

As táboas desta base de datos móstranse no seguinte diagrama entidade relación deseñado con MySQL Workbench.

Modelo E-R da base de datos tenda

Descrición

Descríbense a continuación as táboas.

Táboa empregados
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
emp_id smallint unsigned Non Primaria Identificador do empregado.
Numéranse de 1 en adiante de forma automática.
emp_dni char(9) DNI do empregado.
emp_apelidos varchar(100) Non Índice Apelidos do empregado.
emp_nome varchar(50) Nome do empregado.
emp_enderezo varchar(100) Enderezo do empregado.
emp_cp char(5) Código postal do empregado.
emp_poboacion varchar(60) Poboación do empregado.
emp_pais smallint unsigned Foránea Código do país segundo a táboa de países.
emp_alta date Data na que se deu de alta o empregado.
Táboa pesos
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
peso_nome char(8) Non Nome que describe o tipo de peso.
peso_min smallint Non Peso mínimo para ese nome.
peso_max smallint Non Peso máximo para ese nome.
Táboa clientes
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
clt_id smallint unsigned Non Primaria Identificador do cliente.
Numeraranse de 1 en adiante de forma automática.
clt_cif char(9) Única
clt_apelidos varchar(100) Non Índice Apelidos ou razón social do cliente.
clt_nome varchar(50) Nome ou tipo de sociedade (SL, SA, ...) do cliente.
clt_enderezo varchar(100)
clt_cp char(5) Código postal do cliente.
clt_poboacion varchar(60)
clt_pais smallint unsigned Foránea Código do país segundo a táboa de países.
clt_email varchar(120)
clt_desconto tinyint Porcentaxe de desconto aplicable ao cliente.
clt_vendas smallint unsigned Número de vendas feitas ao cliente.
clt_ultima_venda date Data da última venda feita ao cliente.
clt_alta date Non Data na que se deu de alta ao cliente.
clt_ultima_actualizacion date Data da última vez que se fixeron cambios nos datos do cliente.
clt_baixa date Data na que se deu de baixa ao cliente.
Táboa artigos
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
art_codigo char(8) Non Primaria Toma valores entre 1 e 200.000.
art_nome varchar(120) Non Índice Nome ou descrición do artigo.
art_peso smallint unsigned Peso en gramos. Valor numérico enteiro.
art_color char(20) Cor do artigo
art_pc decimal(8,2) Prezo de compra do artigo.
art_pv decimal(8,2) Non Prezo de venda do artigo.
art_provedor smallint Foránea Identificador do provedor.
art_stock smallint unsigned Número de unidades do artigo dispoñibles no almacén.
art_alta date Non Data na que se deu de alta o artigo.
art_baixa date Data na que se deu de baixa o artigo.
art_ultima_actualizacion date Data da última vez que se fixeron cambios nos datos do artigo.
Táboa paises
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
pai_id smallint unsigned Non Primaria Identificador do país. Numeraranse de 1 en adiante de forma automática.
pai_isonum smallint Número de país segundo a norma ISO 3166-1:2013.
pai_iso2 char(2) Código de país de 2 carácteres segundo a norma ISO 3166-1:2013.
pai_iso3 char(3) Código de país de 3 carácteres segundo a norma ISO 3166-1:2013.
pai_nome varchar(80) Nome do país.
Táboa proveedores
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
prv_id smallint Non Primaria Identificador do provedor.
prv_nome varchar(60) Non Nome do provedor.


Táboa tendas
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
tda_id tinyint unsigned Non Primaria Identificador da tenda. Numéranse do 1 en adiante de forma automática.
tda_poboacion varchar(60) Non Poboación na que está situada a tenda.
tda_xerente smallint unsigned Foránea Identificador do empregado que é xerente da tenda.
Táboa vendas
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
ven_id int unsigned Non Primaria Identificador da venda.
Numeraranse de 1 en adiante de forma automática.
ven_tenda tinyint unsigned Non Foránea Identificador da tenda na que se fixo a venda.
ven_empregado smallint unsigned Non Foránea Identificador do empregado que fixo a venda.
ven_cliente smallint unsigned Non Foránea Identificador do cliente ao que se fixo a venda.
ven_data date Non Data e hora na que se fixo a venda.
ven_factura date Data da factura na que se inclúe esta venda.
Táboa detalle_vendas
Nome columna Tipo Null Clave Observacións
dev_venda int unsigned Non Primaria Foranea Identificador da venda á que corresponde a liña de detalle.
dev_numero tinyint unsigned Non Número da liña de detalle dentro da venda.
dev_artigo char(8) Non Foránea Identificador do artigo vendido.
dev_cantidade smallint unsigned Non Número de unidades vendidas.
dev_prezo_unitario decimal(8,2) unsigned Non Prezo por cada unidade vendida.
dev_desconto tinyint unsigned Non Porcentaxe de desconto aplicado.