Acceso a datos externos
Sumario
Introdución
Explicarase como traballar desde a folla de cálculo Excel con datos externos a un libro de Excel con datos creados con outras aplicaciñons distintas (bases de datos, etc.). Tamén se estudia o modo de acceder a datos que proveñan de ficheiros de texto, de bases de datos de Access ou de páxinas de Internet.
Excel permite acceder a un gran número de formatos de datos distintos. Cando accedemos e traballamos cos datos desde Excel podemos facer uso de todas as súas características para obter máis información destes datos: facer cálculos, amosar información nun gráfico, filtrar os datos, etc.
Acceso a ficheiros de texto
Os ficheiros de texto son un medio de compartir información moi empregado entre aplicacións informáticas e entre usuarios, xa que son ficheiros que se poden ler desde varios programas.
Excel permite acceder os datos almacenados en ficheiros de texto dun xeito moi sinxelo; pero a información que hai nestes ficheiros deberá estar delimitada dalgunha forma para que teña sentido na folla de cálculo.
No grupo de comandos Obtener y transformar datos dispoñemos de varias opcións para traballar con datos externos, importándoos desde distintas fontes.
Desde o desplegable de Obtener datos podes ver todas as opcións disponibles para a obtención de datos externos:
- desde outro libro de Excel
- desde un ficheiro de texto
- desde un ficheiro XML
- desde unha base de datos de Access ou de SQL Server
- desde a web
- desde unha fonte ODBC ou OLEDB
- ...
Neste apartado estamos tratando as opcións para acceso a ficheiros de texto:
