Colaborar con outros usuarios
Cómo se poden protexer os libros e as follas de Excel para que os usuarios poidan modificar só os datos que indiquemos?
A solución pasa por crear e traballar cun libro compartido, que poida ser modificado por varios usuarios simultáneamente.
Excel permite certos niveis de protección do traballo realizado nun libro: referímonos a impedir que se produzan cambios non desexados no libro de traballo ou nunha folla determinada.
Sumario
Protección do traballo
As opcións están na lapela Revisar, no grupo de Proteger:
Protexer libro
Premendo en Proteger libro, podes protexer a estrutura do libro ou as fiestras, activando as opcións correspondentes.
Se decidimos protexer a Estructura do libro, un usuario non autorizado non poderá realizar, entre outras cousas:
- Ver as follas de cálcluo que estén ocultas
- Mover, eliminar, ocultar ou cambiar de nome as follas de cálculo
- Inserir novas follas de cálculo ou follas de gráficos (pero si podería agragar gráficos incrustados nunha folla existente)
- Mover ou copiar follas de cálculo noutro libro
- Utilizar as ferramentas para análise de datos que coloquen os resultados nunha folla nova
Se a protección se realiza activando a casilla Ventanas, entón se impedirá:
- Cambiar o tamaño e a posición das fiestras do libro cando este se abra
- Mover, cambiar o tamño ou pechar as fiestras (pero si ocultar ou mostrar as fiestras)
Protexer folla
Cando protexemos unha folla e non o libro completo poderemos incluir un nivel de protección máis personalizado.
Despois podemos indicar en cada celda (ou rango de celdas) se desexamos que esté protexida ou non:
Crear un libro compartido
Excel permite que distintos usuarios utilicen ao mesmo tempo un libro e que poidan traballar na mesma folla de cálculo.
Podes permitir a edición do libro ou simplemente dar permiso para velo.
A funcionalidade que permite compartir un libro con outras persoas chámase coautoría. Xa non será necesario gardar o libro nunha carpeta compartida no noso equipo ou enviar o ficheiro por correo electrónico.
Coa coautoría todos os usuarios poden ver os cambios que os demáis usuarios realicen rápidamente (cuestión de segundos). Esta función require:
- subscripción a Office 365 (e iniciar sesión coa conta subscrita)
- o libro debe estar nun formato actual de Excel (xlsx, xlsm, slxb)
A opción para compartir atópase na parte superior dereita:
Unha vez escollida a conta de OneDrive, deberemos indicar o xeito en que se compartirá o libro:
- permisos de edición ou lectura
- para qué usuarios
- se se lles remitirá unha mensaxe de aviso a eses usuarios
Sobre as opcións:
- Con Cualquier persona que tenga el vínculo o receptor non terá necesidade de iniciar sesión en Office365 ou en OneDrive.
- Con Usuarios de nombreEmpresa que tengan el vínculo so accederán personas que pertenzan a organización ou empresa (tras iniciar sesión)
- Con Personas que tienen acceso crea un vínculo que poderán usar os usuarios que xa teñen acceso ó ficheiro ou cartafol
- Con Personas determinadas deberás indicar nomes ou enderezos, e só con esas personas funcionará o vínculo
Finalmente, a opción Bloquear la descarga habilita vínculos de só lectura (os usuarios non poderán ver as opcións para descargar, imprimir ou copiar o ficheiro)