Táboas e gráficos dinámicos

De MediaWiki
Revisión del 01:13 30 may 2022 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con « = Resumo = Unha táboa dinámica é unha táboa interactiva que serve para combinar, resumir e analizar unha serie de datos. Unha vez creada a táboa dinámica, podes resu…»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Resumo

Unha táboa dinámica é unha táboa interactiva que serve para combinar, resumir e analizar unha serie de datos. Unha vez creada a táboa dinámica, podes resumir e organizar de distintas formas a información amosada.

Para crear unha táboa dinámica, utiliza o botón Tabla dinámica, accesible a través da lapela Insertar da cinta de opcións. Teremos que indicar os campos que formarán parte cando crees a táboa, e indicaremos a área onde se amosarán.

Unha vez creada, poderás cambiar e personalizar a táboa o teu gusto:

  • cambiando de sitio os distintos campos
  • incluíndo novos campos ou eliminándoos da táboa
  • elixindo a función resumo que se aplicará
  • contraendo ou expandindo os campos ou os elementos que desexes para ver de xeito máis claro a información
  • etc.

Tamén podes ver unha copia dos datos sobre os que obtivo o valor dunha celda do área de datos da táboa facendo dobre clic nesa celda.

Coa segmentación de datos podemos filtrar dun xeito visual unha táboa dinámica, seleccionando os botóns axeitados segundo os datos que queiras amosar.

Podes crear gráficas dinámcas nas que, do mesmo modo que coas táboas dinámicas, podes cambiar a forma na que se amosa a información, filtrando os datos que se visualizan.