DRUPAL Conceptos previos

De MediaWiki
Revisión del 09:00 22 sep 2016 de Wiki (discusión | contribuciones) (Página creada con «== Que é un CMS == 400px|center * Drupal ao igual que outros programas son CMS ('''C'''ontent '''M'''anagement '''S'''yste...»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Que é un CMS

Drupal Joomla-Drupal-Wordpress.jpg
  • Drupal ao igual que outros programas son CMS (Content Management System ou o que é o mesmo: Sistemas de Xestión de Contidos.
  • Un CMS é un programa baseado na arquitectura cliente - servidor que permite administrar e xestionar contido web sen necesidade de ter coñecementos de programación.
  • Antigamente para facer unha web para unha empresa era necesario un programador con coñecementos de HTML, CSS, Javascript, PHP e acceso a base de datos Mysql (se dita aplicación necesita acceder a datos).
  • Con este tipo de programas, aínda que é aconsellable saber algo do indicado no punto anterior, non é necesario. Con este tipo de software, podemos crear un sitio web a través das opcións que nos da o programa e ademais podemos engadir contido tamén a través do mesmo programa.
Permite xestionar a seguridade (usuarios, permisos,...) dunha forma sinxela.
Permite cambiar o aspecto completo do sitio web escollendo modelos.
  • Existen CMS de propósito xeral:
Este tipo de CMS poden adaptarse a practicamente calquera necesidade de sitio web.
Ten multitude de opcións de ampliación das súas funcionalidades
  • Existen CMS de propósito específico:
  • Moodle: Para educación. Tedes un exemplo no moodle do centro].
  • MediaWiki]: Permite publicar contido na web e aos usuarios editar contido directamente no navegador, gardando en forma de versións as modificacións feitas. Un exemplo é este mesmo sitio web.
  • Wordpress.org: Fundamentalmente para facer blog´s,aínda que se poden facer outro tipo de sitios.


  • Vemos na seguinte imaxe diferentes CMS dependendo do seu uso:

[Drupal_listado_cms.jpg|600px|center]]

Información obtida da wiki


Compoñentes comúns CMS

  • A maior parte dos CMS van ter que ter instalado e configurado o seguinte Software:
  • Un servidor web que responda as peticións dos usuarios. Debemos configurar dito servidor web para que dea soporte a páxinas PHP.
  • Un servidor de base de datos, normalmente mysql.
  • Poderemos necesitar un servidor ftp para 'subir' os arquivos ao sitio onde está aloxado o noso servidor web.







-- Ángel D. Fernández González -- (2016).