DRUPAL Instalación

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instalación do Lampp

Importante: Se tedes instalado previamente o servidor web apache ou o servidor de bases de datos mysql, deberedes parar os servizos coa orde: sudo service apache2 stop sudo service mysql stop


  • É a versión Linux dun paquete denominado XAMPP.
  • Unha vez instalado teremos de vez: Servidor Web Apache, servidor de base de datos Mysql, PHP e Perl.
  • Recomendo instalar separadamente ditos programas xa que pode dar problemas coas versións do PHP.
  • Para instalalo teremos que:
  • Descargar a versión que nos interese dende este enlace.
Podemos facelo coa seguinte orde (é un exemplo:: sudo wget https://www.apachefriends.org/xampp-files/5.6.24/xampp-linux-x64-5.6.24-1-installer.run
  • Se o descargado a un tar.gz:
  • Descomprimir o arquivo baixado coa orde: sudo tar xvfz xampp-linux-1.8.0.tar.gz -C /opt.
  • Se o descargado e un arquivo sh:
  • Cambiar os permisos sobre o arquivo para poder executalo: sudo chmod 755 xampp-linux-x64-5.6.24-1-installer.run
  • Executar o arquivo: sudo ./xampp-linux-x64-5.6.24-1-installer.run


  • Unha vez descargado podemos iniciar Lampp (inicia o servidor web e o mysql) coa orde: sudo /opt/lampp/lampp start.


  • Se queremos ver o estado dos servidores podemos executar a orde: sudo /opt/lampp/manager-linux-x64.run &.
Aparecerá a seguinte pantalla onde debemos ter iniciados os servizos de Apache e Mysql.
Drupal instalacion mysql 1.jpg


  • Fixarse que dende o frontal anterior podedes acceder aos arquivos de configuración de Apache e Mysql que se atopan respectivamente en /opt/lampp/etc/httpd.conf e /opt/lampp/etc/my.cnf

Instalación do Apache


  • Nota: Se tedes instalado Lampp é necesario que os servizos de Apache e Mysql estean parados.
  • Nunha consola de comandos executaremos:
1 sudo apt-get update
2 sudo apt-get install apache2


  • Unha vez instalado aparecerá a seguinte pantalla se no navegador de Internet escribimos na URL: http://localhost.
Drupal instalacion apache 1.jpg
  • Por defecto apache vai buscar as páxinas que se atopan no cartafol: /var/www/html.


Arquivos de configuración

  • IMPORTANTE: Calquera cambio nos arquivos de configuración de apache será necesario reiniciar o servizo coa orde:
1 service apache2 restart


  • Arquivo de configuración: apache2.conf
  • Dito arquivo pode variar de nome e lugar dependendo da versión de Apache utilizada.
  • Para saber a versión de Apache podemos escribir dende o terminal: sudo apache2 -version producindo unha saída como a seguinte:
Drupal apache 1.jpg


  • Nesta versión o arquivo de configuración principal atópase:
  • Cartafol /etc/apache2/
  • Nome: apache2.conf
Este arquivo vai cargar a súa vez outros arquivos de configuración que veremos despois.
Dentro deste arquivo os parámetros máis importantes son:
  • ServerRoot: É o lugar onde está 'apuntando' fisicamente o servidor web. É o cartafol onde vai buscar as páxinas.
  • User ${APACHE_RUN_USER}
  • Group ${APACHE_RUN_GROUP}
O servidor web execútase utilizando un usuario da máquina onde se atopa instalado e cos permisos de dito usuario.
Para saber os valores de ditas variables podemos editar o arquivo /etc/apache2/envars:
export APACHE_RUN_USER=www-data
export APACHE_RUN_GROUP=www-data
Se non temos acceso a ditos arquivos podemos saber o usuario e grupo coa orde:
1 ps aux  | grep apache # para Apache 2.x
2 ps aux  | grep httpd # para Apache 1.x
O arquivo httpd.conf carga a súa vez outros arquivos de configuración.


  • Arquivo de configuración: ports.conf
 1 Listen 80
 2 
 3 <IfModule ssl_module>
 4         Listen 443
 5 </IfModule>
 6 
 7 <IfModule mod_gnutls.c>
 8         Listen 443
 9 </IfModule>
10 
11 # vim: syntax=apache ts=4 sw=4 sts=4 sr noet
  • Liña 1: Indicamos en que porto vai escoitar o servidor web o tráfico non seguro. Por defecto é o 80.
  • Liñas 4 e 8: Se temos cargado o módulo que permite tráfico SSL aquí indicamos o porto onde vai escoiter (por defecto o 443)


  • Outros arquivos de configuración: /etc/apache2/conf-enable/
  • Todo o que haia neste cartafol será 'cargado' polo apache. Normalmente son enlaces simbólicos (accesos directos en Windows) a arquivos que se atopan fisicamente en /etc/apache2/conf-avaliable.


Sitios Web

  • Un servidor apache vai apuntar fisicamente por defecto a un cartafol (no noso caso a /var/www/html/).
  • Pero ademais pode:
  • Ter varios sitios web (URL) apuntando ao mesmo servidor web.

Varios sitios web apuntando ao mesmo servidor web

  • Isto se consegue no arquivo de configuración /etc/apache2/sites-available/000-default.conf
  • Dito arquivo é cargado xa que existe un enlace simbólico no cartafol: /etc/apache2/sites-enable/
Calquera enlace simbólico que poñamos nese cartafol levará consigo que Apache cargue dito arquivo de configuración.
Se editamos dito arquivo podemos ver:
 1 <VirtualHost *:80>
 2         ServerAdmin webmaster@localhost
 3         DocumentRoot /var/www/html
 4 
 5         ErrorLog ${APACHE_LOG_DIR}/error.log
 6         CustomLog ${APACHE_LOG_DIR}/access.log combined
 7 </VirtualHost>
 8 
 9 <Directory /var/www/html>
10   Options Indexes FollowSymLinks
11   AllowOverride All
12 </Directory>
  • Liña 1: Sección VirtualHost onde indicamos que imos escoitar no porto 80 todas as peticións da calquera URL que chegue ao servidor web.
  • Liña 3: Indicamos onde se atopa fisicamente o cartafol onde apunta este virtualhost.
  • Nas liñas 9-12 fan referencia a unha serie de parámetros que son aplicados sobre o cartafol ao que estar apuntando o virtualhost. Máis información neste enlace.
Comentar que a liña 11 indica que os parámetros de o arquivo de configuración do Apache poden ser reemplazados polos que se atopen nun arquivo de nome .htaccess (necesario para os aloxamentos compartidos).
  • Sempre temos que ter unha sección <Directory> por cada <VirtualHost>.

ServerName

  • ServerName é un parámetro que se engade no arquivo de configuración de Apache e lle indica a IP ou o nome web co que vai a recibir peticións web. Pódese poñerse a nivel 'global' no arquivo httpd.conf ou dentro da sección <virtualhost>.
  • Normalmente para ter un sitio web teremos que ter contratado un dominio válido en Internet que estará apuntando a IP onde temos instalado o servidor Web Apache.
  • Como o estamos a facer localmente, engadiremos ao arquivo /etc/hosts un dominio 'ficticio' (imos engadir dous):
1 127.0.0.1       localhost
2 127.0.1.1       angel-VirtualBox www.meusitio.es www.outrositio.es
Agora se facemos un ping dende un terminal: ping www.meusitio.es debería contestar coa ip 127.0.0.1
  • Engadimos a liña: ServerName www.meusitio.es ao arquivo httpd.conf e reiniciamos o servizo.
Sen embargo se poñemos: http://www.outrositio.es tamén a carga. Isto é debido a que na sección <virtualhost> estamos a indicar que cargue calquera URL que veña ao porto 80. Cambiemos iso:
1 <VirtualHost www.meusitio.es:80>
2         ServerAdmin webmaster@localhost
3         DocumentRoot /var/www/html
4 
5         ErrorLog ${APACHE_LOG_DIR}/error.log
6         CustomLog ${APACHE_LOG_DIR}/access.log combined
7 </VirtualHost>
Reiniciar o servizo.


Alias

  • Os alias que veñen ser nomes que van a continuación da URL pero que apuntan fisicamente a outro sitio no disco.
Por exemplo, se poñemos http://www.meusitio.es/tenda, isto iría ao cartafol /var/www/html/tenda, pero se no arquivo de configuración de apache creo un alias de nome 'tenda' podo apuntar a outro cartafol diferente.
Para crear un alias:
  • Editamos o arquivo /etc/apache2/sites-available/000-default.conf.
  • Engadimos dentro da sección <virtualhost>: alias /nome_alias /cartafol_onde_apunta
  • Lembrar reiniciar o servizo.



Instalación e configuración do Mysql

Instalación

  • Executaremos as seguintes ordes nun terminal:
1 sudo apt-get install mysql-server libapache2-mod-auth-mysql php5-mysql
  • Aparecerá unha pantalla onde se nos solicita o password que terá o usuario 'root'. Lembrade escoller un password complexo.
Drupal instalacion mysql 9.jpg


  • Agora debemos activar o mysql coa orde:
1 sudo mysql_install_db
  • Executaremos un script de setup coa orde;
1 sudo /usr/bin/mysql_secure_installation
Preguntará:
Pola contrasinal do usuario root (introducida anteriormente): A escribiremos.
Change the root password? [Y/n]: Se queremos cambiar o password de root: premeremos 'no'.
Remove anonymous users? [Y/n]: Se queremos eliminar o acceso anónimo ao Mysql: Contestaremos que si (y).
Disallow root login remotely?: Contestar y.
Reload privilege tables now? [Y/n]: Contestar y.



Instalación do frontend MysqlWorkBech


  • O MysqlWorkBench é unha ferramenta gráfica que vai permitir xestionar o Mysql así como as súas bases de datos.
  • Para instalalo escribiremos a seguinte orden dende un terminal: sudo apt-get install mysql-workbench
  • Ao facelo teremos un novo programa como amosa a seguinte imaxe (tamén podemos invocalo dende o terminal escribindo: sudo mysql-workbench):
Drupal instalacion mysql 10.jpg


  • Para poder utilizalo teremos que crear unha conexión ao servidor Mysql instalado previamente. Para iso seguiremos os seguintes pasos:




Configuración

  • Cando instalemos o Drupal, este vai facer uso dunha base de datos. Imos crear dita base de datos e un usuario que teña permisos sobre dita base de datos.

Con XAMPP => MysqlQueryBrowser


Con MysqlWorkBench

  • Faremos os seguintes pasos para crear unha base de datos en Mysql e un usuario con acceso a mesma.
  • Isto o necesitará Drupal para poder funcionar. Deixado por tanto anotados o nome de usuario, password e noma da base de datos (schema).



Instalación do PHP

  • Para instalar o PHP escribiremos o seguinte nunha consola:
1 sudo apt-get install php5 libapache2-mod-php5 php5-mcrypt
  • Actualizaremos o arquivo dir.conf e engadiremos index.php ao principio:
sudo nano /etc/apache2/mods-enabled/dir.conf
1 <IfModule mod_dir.c>
2         DirectoryIndex index.php index.html index.cgi index.pl index.php index.xhtml index.htm
3 </IfModule>


  • Para comprobar se está ben instalado podemos crear un arquivo: /var/www/html/index.php
1 <?php
2 phpInfo();
3 ?>
E cargar a páxina dende o navegador escribindo na URL: http://localhost/index.php.
Obteremos o seguinte:
Drupal instalacion php 1.jpg

Módulos en PHP

  • Php ten a posibilidade de instalar 'módulos' para ampliar as súas funcionalidades.
  • Para obter a lista de módulos: sudo apt-cache search php5-
  • Para instalar un dos módulos da lista: sudo apt-get install nome_do_modulo


  • No noso caso é necesario instalar o módulo php5-gd. Escribiremos o seguinte código:
1 sudo apt-get install php5-gd
2 sudo service apache2 restart

Instalación do Drupal

Pasos previos

  • Primeiro debemos descargar a versión do drupal que queiramos.
  • Unha vez descargada a descomprimimos:
  • Graficamente, premendo dúas veces e descomprimíndoa.
  • Dende consola coa orde: tar -zxvf drupal-8.1.8.tar.gz
  • Onde se move o cartafol descomprimido do drupal.
  • Se estamos a utilizar xampp deberemos movelo ao cartafol /opt/lampp/htdocs/
  • Se estamos a utilizar un servidor web (como apache) deberemos movelo ao cartafol onde cargue os sitios web. No noso caso será: /var/www/html/.
Notas::
  • Cando se descomprime, normalmente teremos o nome 'drupal-8.1.8'. Podemos cambiarlle o nome a ese cartafol por 'drupal' pois despois o usaremos na URL do navegador.
  • O máis lóxico é que se implantades unha solución 'real' de Drupal teredes un dominio contratado. O recomendable é que o dominio apunte directamente a Drupal sen ter cartafoles polo medio.
Así, o dominio http://www.meudominio.es debería apuntar a /var/www/html/drupal
Existen formas (as empresas de aloxamento o permiten) de facer que un subdominio apunte a outro cartafol, así poderíamos ter:
http://www.meudominio.es => /var/www/html/WEB
http://www.meudominio.es/tenda => /var/www/html/DRUPAL (neste caso poderíamos ter unha tenda virtual configurada con Drupal).


  • Neste curso imos facelo sobre un cartafol dentro do sitio web, de forma que, se tivésemos un dominio:
http://www.meudomonio.es => /var/www/html
http://www.meudomonio.es/drupal => /var/www/html/drupal (cartafol dentro do dominio).
Esta opción non é recomendable.


  • Copia do arquivo de configuración.
  • Drupal necesita un arquivo de configuración de nome settings.php que se atopa no cartafol do drupal/sites/default (en xampp sería /opt/lampp/htdocs/drupal/sites/default e en apache /var/www/html/drupal/sites/default).
  • Deberemos copiar o arquivo default.settings.php que se atopa nese cartafol e copialo có nome settings.php.
  • Deberemos cambiar os permisos do arquivo settings.php para que poida ser modificado. En Linux, poñeremos: chmod 777 settings.php
Nota: Este arquivo é moi importante xa que nel se garda non só parámetros de configuración do propio Drupal, se non o usuario, password e nome da base de datos Mysql. Cando se remate a instalación se indicará a necesidade de cambiar os permisos para que ninguén poida obter información do arquivo.
  • Arquivos do idioma español.
  • Durante a instalación podemos facer a instalación no idioma español. Será necesario ter creados uns cartafoles que por defecto non veñen.
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files e darlle permisos de escritura chmod 2740 /cartafol_drupal/sites/default/files (có 2 facemos que os novos arquivos terán os permisos indicados).
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files/translations.


  • Cambiando os permisos.
  • Se o fixemos graficamente, o dono dos arquivos será o teu usuario, e se o fixeches dende consola será root (se usaches a orde sudo).
  • Imos cambiar o dono para que sexa o usuario que utiliza o apache para conectarse. Este é www-data (noutras distribucións teriades que identificar con que usuario se conecta) .
  • Dende unha consola e con permisos sudo, executamos a orde: chown -R www-data:www-data /drupal sendo 'drupal' o cartafol onde se atopa drupal.


  • Para saber o nome do usuario do servidor web Apache podemos escribir o seguinte nun terminal:
1 ps aux  |grep apache # para Apache 2.x
2 ps aux  |grep httpd # para Apache 1.x
Como salida teremos algo parecido a isto:
Drupal instalacion 25.jpg



  • Extensión de PHP para mellorar o tempo de xeración das páxinas php.
  • En Lampp: Temos que editar o arquivo php.ini (se atopa en /opt/lampp/etc/php.ini) e engadir (ou descomentar a liña no caso de XAMPP): zend_extension=opcache.so.
  • En apache: Debemos editar o arquivo /etc/php5/apache2/php.ini e cambiar o seguinte código;
1 ::[opcache]
2 ; Determines if Zend OPCache is enabled
3 ;opcache.enable=0
Por
1 ::[opcache]
2 ; Determines if Zend OPCache is enabled
3 opcache.enable=1


  • Despois deberemos reiniciar o servidor apache para que colla a nova configuración coa orde: sudo service apache2 restart


  • Activación do módulo mod_rewrite cunha instalación Apache (non Lampp).


  • Para activalo deberemos escribir o seguinte (se estamos nun servidor compartido seguramente o módulo xa estará activo):
1 sudo a2enmod rewrite
2 sudo service apache2 restart
Agora debemos indicar ao servidor Web que substitúa as URL por un formato máis amigable.
  • No servidor Web deberá estar indicada a directiva que indica que se utilice o que estea posto no arquivo .htaccess do Drupal. No noso caso o indicaremos coas seguintes liñas (non servidor compartido xa estaría feito):
* Editamos o arquivo /etc/apache2/sites-available/000-default.conf
Escribimos o seguinte código:
1 ....
2 </VirtualHost>
3 
4 <Directory /var/www/html>
5   Options Indexes FollowSymLinks
6   AllowOverride All
7 </Directory>

Instalación

Comprobacións trala instalación

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 1.


  • Unha vez entramos no drupal có usuario administrador (creado durante a instalación).


  • Para solucionalo deberemos editar o arquivo de configuración de drupal (que se atopa no cartafol do drupal/sites/default (en xampp sería /opt/lampp/htdocs/drupal/sites/default).
Unha vez editado ao final do arquivo poñeremos as seguintes liñas:
1 $settings['trusted_host_patterns'] = array(
2   '^www\.example\.com$',
3 );
Onde deberemos substituír www.example.com polo noso dominio. Respetada os caracteres '\' entre cada parte do dominio e o '$' no que acaba.
No caso de estar a desenvolver localmente podemos substituír o dominio pola cadea localhost: '^localhost$',


Unha vez cambiado podemos ir outra vez a o Informe de Estado e comprobar como xa non temos ningún indicador de perigo.
Drupal instalacion 12.jpg


Modificando a directiva RewriteBase

  • O servidor web Apache 'apunta' a un determinado cartafol do disco duro. Así, por defecto, cando escribimos na URL do navegador 'http://meusitio.es' estaremos 'apuntando' a '/var/www/' (antes de Ubuntu 14.04) ou '/var/www/html/' (Ubuntu 14.04 e posteriores).
  • Se instalamos Drupal dentro do cartafol /var/www/html/drupal deberemos modificar o arquivo /drupal/.htaccess e descomentar a seguinte liña:RewriteBase /drupal (quitar #), sendo '/drupal' o cartafol onde estamos instalando Drupal.
  • Se usamos un alias de Apache da forma: 'http://meusitio.es/alias' deberemos facer o indicado anteriormente: RewriteBase /alias
  • Se levamos o drupal ao raíz do sitio web, entón podemos poñer: RewriteBase /


  • No noso caso:
  • Modificamos agora o arquivo /var/www/html/drupal/.htaccess e descomentamos a liña indicada:
1   # Modify the RewriteBase if you are using Drupal in a subdirectory or in a
2   # VirtualDocumentRoot and the rewrite rules are not working properly.
3   # For example if your site is at http://example.com/drupal uncomment and
4   # modify the following line:
5   RewriteBase /drupal
Sendo /drupal o cartafol onde está instalado Drupal no servidor web (/var/www/html/).
  • Reiniciamos o servidor Apache: sudo service apache2 restart

Configuración de permisos nos cartafoles de Drupal

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización dun EXERCICIO.



  • Se non temos asinados uns permisos adecuados a nivel de cartafol e de arquivos, podemos ter múltiples buratos de seguridade no noso sitio.
  • Como vimos anteriormente, o arquivo '/sites/default/settings.php' debería ter o permiso 444=>rrr (podería ter 440=>r-- se sabemos que o servidor web (no noso caso apache nun Linux con Ubuntu) usa como usuario (no noso caso www-data) un que é propietario do arquivo installation.php).
  • O resto de cartafoles e arquivos debería ter permisos de lectura pero non de escritura.
Como norma xeral, poderíamos dicir que os cartafoles debería ter permisos 755 e os arquivos permisos 644, quitando as excepcións do cartafol /drupal/sites/default/files e o arquivo de configuración /drupal/sites/default/installation.php.
  • find /drupal/ ! -type d -exec chmod 644 {} \;
  • find /drupal/ -type d -exec chmod 755 {} \;
Nota: Estes permisos xa deberían estar postos por defecto. Se os aplicades teredes que cambiar os permisos nas excepcións comentadas anteriormente.


  • Para non ter que facer a comprobación manualmente podemos facer uso dun módulo que verifique que os permisos sexan os correctos. A continuación amosamos dous módulos de exemplo.



  • Un posible script para cambiar os permisos de Drupal para que sexa totalmente seguro (isto o faríamos unha vez teñamos o Drupal funcionando e sen necesidade de cambiar nin instalar nada máis):
1 cd /RUTA_INSTALACION_DRUPAL/ -------------------(A CAMBIAR)------------------------
2 chown -R www-data:www-data *
3 find . ! -type d -exec chmod 444 {} \;
4 find . -type d -exec chmod 555 {} \;
5 
6 
7 chmod -R 2740 sites/default/files
8 chmod 440 sites/default/settings.php
9 find . -name .htaccess -exec chmod 444 {} \;


  • Se imos a estar traballando e instalando novas funcionalidades poderíamos aplicar este script:
1 cd /RUTA_INSTALACION_DRUPAL/ -------------------(A CAMBIAR)------------------------
2 chown -R www-data:www-data *
3 find . ! -type d -exec chmod 644 {} \;
4 find . -type d -exec chmod 755 {} \;
5 
6 
7 chmod -R 2740 sites/default/files
8 chmod 440 sites/default/settings.php
9 find . -name .htaccess -exec chmod 444 {} \;

Instalación de Git

  • Git é un software de control de versións.
Podedes descargar o software para as diferentes plataformas neste enlace.


  • Permite ter diferentes versións de proxectos sobre os que se fan modificacións no seus arquivos
Garda ditos arquivos antes de facer as modificacións permitindo 'volver' ao estado anterior a facer ditas modificacións.
  • Tamén permite facer traballo colaborativo entre diferentes persoais traballando á vez sobre o mesmo proxecto.
  • Nos o imos utilizar para gardar versións de Drupal antes de instalar novos módulos ou funcionalidades por se temos que volver a atrás en caso de problemas.


  • Para instalalo temos que executar a seguinte orde dende unha consola ou terminal:
1 apt-get install git


  • Unha vez instalado temos que crear un repositorio. Isto ven ser o lugar onde imos gardas as diferentes versións do Drupal.
  • Para inicialo temos que situarnos no raíz do sitio web de drupal, no noso caso: /var/www/html/drupal e executar a seguinte orde:
1 git init
Obteremos o seguinte resultado:
Drupal instalacion git 1.jpg
Creouse un novo cartafol: /var/www/html/drupal/.git
  • Para o seu funcionamento, git debe ter rexistrado unha conta de correo e un nome de usuario. Podemos ter o mesmo para todos os proxectos ou podemos especificar nomes diferentes.
No noso caso, as ordes son:
1 git config --global user.name "O teu nome"
2 git config --global user.email oteucorreo@prueba.es


  • Agora debemos engadir os arquivos ao repositorio. Agora mesmo está baleiro, polo que immos engadir todos os arquivo do cartafol drupal (escribide o punto despois do parámetro -A):
1 git add -A .
  • Agora podemos ver os arquivos 'engadidos' ao repositorio:
1 git status
Fixarse que saen todos os arquivos de Drupal, pero estes arquivos non están CONFIRMADOS. En git, ata que non se confirmen non son 'incluídos' no repositorio.
É importante lembrar que ata non se faga un commit dos arquivos (confirmación) estes non serán gardados realmente e non poderemos ir atrás no estado de Drupal.
  • Para confirmar os arquivos executaremos a seguinte orde:
1 git commit -m "Drupal acabado de instalar"


Se agora facemos un git status indicará que non hai nada novo que confirmar:
1 git status
Resultado
Drupal instalacion git 2.jpg


Recuperando un estado anterior

  • Crear un novo arquivo dentro do sitio web de Drupal. No exemplo eu vou crear un de nome 'proba.txt'.
Se agora executades a orde git status podedes observar como informa de que hai un arquivo modificado:
Drupal instalacion git 3.jpg
  • Agora imos engadir dito arquivo ao repositorio, como fixemos antes:


  • Imos ver agora como podemos restaurar o sitio web Drupal a un estado anterior.
1 git add proba.txt
Nota: Podemos engadir todos os arquivos de vez có parámetro -A como fixemos ao principio.
Importante Tedes que facer o add sempre antes de facer o commit, xa que se modificados un arquivo despois de facer o add, se gardará a versión anterior, non a modificada.
Se agora facemos un git status veremos que indica que hai que confirmar un novo arquivo:
Drupal instalacion git 4.jpg


  • Para confirmar o arquivo volveremos a executar a orde commit:
1 git commit -m "Drupal acabado de instalar cun arquivo (proba.txt) novo"


  • Cambiade o contido do arquivo e volvede a facer un add e un commit.
1 git commit -m "Drupal acabado de instalar cun arquivo (proba.txt) novo e modificado"
Nota: Podedes facer non só paso engadir-confirmar coa orde: git commit -a -m "Drupal acabado de instalar cun arquivo (proba.txt) novo e modificado"


  • Se agora executamos a orde: git log veremos os commit realizados cun ID que os identifica.
Drupal instalacion git 5.jpg
Se engadimos a opción -p á orde git log, amosará as diferenzas entre as versións.
  • Para 'revertir' o estado a un anterior só temos que anotar o ID do estado ao que queremos volver e executar a orde:
1 git checkout id_copiado_do_paso_anterior


  • Tamén ides poder aloxar repositorios remotos (aloxados en Internet) como en GitHub. Ditos repositorios son públicos (hai que pagar para ter un privado).
Podedes consultar un pequeno manual de como usalo: https://git-scm.com/book/es/v1/Fundamentos-de-Git-Trabajando-con-repositorios-remotos






-- Ángel D. Fernández González -- (2016).