LIBGDX Instalación do framework LIBGDX

De MediaWiki
Revisión del 20:29 2 dic 2015 de Wiki (discusión | contribuciones) (Página creada con «<span style="font-size:150%;">UNIDADE 1: Instalación do framework LIBGDX</span> =Nova ferramenta de xeración de proxectos baseada en Gradle. Abril 2014= <u><b>Actual...»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

UNIDADE 1: Instalación do framework LIBGDX


Nova ferramenta de xeración de proxectos baseada en Gradle. Abril 2014

Actualización: A partires de Abril do 2014 déixase de dar soporte a utilidade gdx-setup-ui explicada posterirmente e se pasa a unha nova ferramenta (a forma de xerar os proxectos é parecida á anterior) baseada en Gradle.
Nos imos utilizar esta versión.

LIBGDX instalacion 66.jpg

Gradle é unha ferramenta para automatizar a construción dos nosos proxectos, por exemplo as tarefas de compilación, testing, empaquetado e o despregue dos mesmos. Unha vantaxe que imos ter se utilizamos esta ferramenta é que as librerías do framework xa non van estar dentro dos proxectos de eclipse. Para que compile cunha nova versión do framework chegaría con cambiar o nome de dita versión no arquivo build.gradle e xa compilaría o proxecto coa nova versión. Tedes máis información sobre o uso do arquivo build.gradle neste enlace.

A instalación de Gradle nos diferentes IDE's a tedes neste enlace.




-- Ángel D. Fernández González -- (2015).