Exercicios con contedores Docker

De MediaWiki
Revisión del 17:15 27 feb 2023 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con «= Enunciado = Deséxase despregar o sitio web seguro bolechas.com utilizando contedores Docker. Contamos cos seguintes ficheiros necesarios para a configuración deste: * C…»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Enunciado

Deséxase despregar o sitio web seguro bolechas.com utilizando contedores Docker. Contamos cos seguintes ficheiros necesarios para a configuración deste:

  • Contido do sitio web: index.html
  • Certificado SSL: bolechas.pem
  • Chave privada do certificado SSL: bolechas.key

O contedor Docker a crear debe de respectar os seguintes requisitos:

  • Partir da imaxe Debian.
  • Utilizar como servidor web Apache 2.
  • Realizar redirección do protocolo inseguro HTTP cara o protocolo seguro HTTPS.

Apartado A

Cree o ficheiro de definición do Virtualhost para o sitio bolechas.com. Este utilizarase na configuración de Apache do contedor de Docker. O nome do ficheiro debe ser bolechas.conf.

NOTA: proporciónase esta directiva que pode ser de utilidade na definición do Virtualhost:
RewriteRule ^ https://%{HTTP_HOST}%{REQUEST_URI} [L,R=302]

Apartado B

Complete o ficheiro Dockerfile para a creación da imaxe do sitio web bolechas.com.

NOTA: Considere que os ficheiros especificados no enunciado e o de definición do Virtualhost atópanse no mesmo directorio que o Dockerfile.

FROM debian
 
# Completar ...

ENTRYPOINT ["/usr/sbin/apache2ctl", "-D", "FOREGROUND"]

Indique o comando para crear un contedor a partir dunha imaxe denominada bolechas creada a partir do Dockerfile do apartado anterior. O nome do contedor debe ser bolechas_web

Solución

Apartado A

Apartado B