PHP UD3 EXERCICIOS PROPOSTOS

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introducción

  • Notas:
  • A base de datos que imos empregar para facer os exercicios propostos a emprego para explicar outro módulo (Bases de datos) polo que non segue as regras de nomenclatura que indiqué anteriormente. Podedes deixala así ou modificar o script para adaptalo a ditas regras.
  • Vou propoñer varios exercicios. O normal sería ter unha estrutura lóxica de cartafoles, onde gardaríamos as páxinas php que conforman o noso sitio web, e tamén unha cabeceira cun menú onde poderíamos navegar ata as diferentes páxinas (lembrade o emprego de include).
  • De cada exercicio podedes facer varias versións, facendo que as operacións contra a base de datos se fagan con ordes SQL ou con chamadas a procedementos creados previamente no xestor de Mysql.
  • Os exercicios terán código javascript, para confirmar o borrado das filas.




  • Todos os exercicios propostos están baseados nunha base de datos de nome CIRCO probado sobre un xestor MYSQL versión 5.7 ou superior:
Mod BD Prog Modelo Circo.jpg





  • PASOS A SEGUIR E CONSIDERACIÓNS:
  • Crear a base de datos anterior (CIRCO) executando o script no xestor MYSQL
  • Crear un usuario/password con permisos de acceso a dita base de datos (sempre dádelle os mínimos permisos posibles, neste caso, serán os de SELECT/UPDATE/DELETE/INSERT/EXECUTE de toda a base de datos)
  • Crear nun arquivo separado do sitio web de nome bd_pistas.inc.php todos os datos necesarios para conectarse á base de datos e onde van estar definidas as constantes coas ordes SQL, tal como vimos nun punto anterior desta sección.
  • Na maior parte das bases de datos, as claves primarias son id´s autonuméricos que non se amosan ao usuario e quedan en campos ocultos. Á hora de actualizar os datos dunha táboa o id se emprega para buscar o dato a actualizar e nunca o pode cambiar o usuario no formulario. Nesta base de datos, as claves primarias son datos que se amosan ao usuario e os vai poder cambiar. Polo tanto nos formularios de modificación imos ter que enviar a clave primaria orixinal (sen cambiar) e a clave primaria modificada xa que imos ter que buscar a fila pola clave primaria sen modificar e cambiar o seu valor.
  • Relacionado có anterior, podería darse o caso de que ao modificar un dato, a clave primaria estivera repetida. Nas solucións non contemplo este caso. A solución é doada: Ou facer unha consulta previa para verificar que a nova clave primaria non existe ou capturar a excepción 'duplicate key' e amosar unha mensaxe ao usuario.
  • Lembrar que en todos os exercicios aparecen as ordes para amosar os erros que se poidan dar. Nunha aplicación final esas ordes hai que quitalas. E tamén se visualizan os erros que se producen cando hai unha excepción (sección catch). Isto tería que modificarse xa que ao usuario non se lle deben amosar información sobre os erros que se poidan dar.




Exercicio 1

  • Partindo da táboa PISTAS, crea unha páxina web que permita dar de alta, baixa, modificar e listar os datos de dita táboa.
No listado amosa unha táboa cós datos e na parte dereita dous botóns. Un para editar o dato e outro para borralo (se sabes facelo, fai que pida confirmación de borrado empregando javascript).









-- Ángel D. Fernández González -- (2023).