Retos ambientais e sociais

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Retos-ambietales-e-sociales.JPG

Introdución

Na anterior unidade salientouse a importancia de velar polo dessenvolvemento sustentable e a sostenibilidade do planeta; identificaronse os principales riscos e os factores que deben cuidar as empresas para cumprir cos obxetivos marcados pola Axenda 2030 e garantir un futuro sostible para todos.

A continuación analizaremos os principais retos ambientais e sociais e a súa relación co desenvolvemento da actividade económica e o impacto que poden ter sobre a sociedade e os sectores produtivos, así como as principales medidas adoptadas para minimizar o seu efecto.

Para isto é vital establecer alianzas e traballar de xeito transversal e coordinado; so así poderanse abordar con éxito os retos ambientais e sociais actuales.

Retos ambientais

Definición.  Reto. En xeografía humana, sobre todo no aspecto medioambiental, obxectivo difícil que supón un estímulo ou desafío para quen o afronta.

A evidencia científica amosa coma a humanidade, coas súas prácticas, acentúa o cambio climático, erradica especies de animais e plantas, contamina o aire e a agua e aumenta o risco de transmisión de enfermedades, chegando a producir pandemias coma a do Covid-19 que recentemente nos azotou. Todo isto impacta de forma moi negativa no medioambiente.

Na actualidad hai unha crise ambiental. Esta situación convertiuse nunha preocupación global e require da atención inmediata da sociedade. Cómpre poñer en práctica accións, tanto individuais coma colectivas, para atopar solucións que axuden a preservar a contorna natural e a garantizar un futuro sostible para as próximas xeneracións.

Cambio climático

É o problema ambiental máis urxente do planeta. Para abordalo, é importante, en primeiro lugar, diferenciar estes dous conceptos:

  • Tempo meteorolóxico. Son as condicións meteorolóxicas que se dan nun lugar e nun momento concreto. Por exemplo, hoxe o día está nubrado. O tempo pode variar en cuestión de horas ou dun día para outro.
  • Clima. Son as condicións habituais dun sitio determinado. Por exemplo, unha zona ten temperaturas agradables e é cálida, pero outra é máis fría e húmida. O clima é menos variable.

En canto ao concepto de cambio climático, refírese aos cambios de temperatura producidos a longo prazo e é un proceso normal que ocorre na Terra durante ciclos que duran miles e incluso millóns de anos. Os cambios prodúcense por causas naturais, pero tamén pola acción do ser humano, sobre todo a partir do século XIX, coa Revolución Industrial, momento no que se acelerou o cambio climático.

Na actualidade, a causa principal do cambio climático é a queima de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas). Esta acción xera gases tóxicos que se acumulan na atmosfera e que atrapan a calor, o que causa danos sobre o aire, a terra e a auga, e provoca o quecemento global. Son os denominados gases de efecto invernadoiro.

O cambio climático foi empeorando década tras década debido ao aumento das empresas contaminantes e á pouca preocupación polas súas emisións de gases e outras substancias nocivas sobre o medioambiente. Esta rapidez fai moi difícil, tanto para a natureza como para os seres humanos, adaptarse ás novas condicións climáticas.

Dado que é un problema que afecta a todo o planeta, é necesario actuar a escala internacional. Como se viu no capítulo 1, en 1992 aprobouse a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Desde ese momento todos os países asinantes foron concretando metas e compromisos específicos para lograr o obxectivo do acordo: “estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas (causadas polo home) perigosas no sistema climático”.

Posteriormente, grazas ao Acordo de París (2015), alcanzouse un gran pacto baseado nas seguintes liñas:

  • Manter o aumento global da temperatura por debaixo dos 2 °C.
  • Promover un desenvolvemento con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Orientar os fluxos financeiros para lograr un desenvolvemento resiliente ao clima e de baixas emisións.

O Acordo de París supuxo un acordo histórico para combater o cambio climático e acelerar e intensificar as accións e investimentos necesarias para un futuro sostible con baixas emisións de carbono.

O cambio climático está destruíndo os ecosistemas terrestres e mariños, derretendo a masa de xeo nos polos e, por conseguinte, aumentando o nivel do mar. Isto provoca inundacións, redución dos límites do litoral costeiro, destrución dos medios de subsistencia ou fenómenos meteorolóxicos extremos.

O ODS 13: Acción polo clima propón adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos. Entre as súas metas están introducir o cambio climático como cuestión primordial nas políticas, estratexias e plans dos países, das empresas e da sociedade civil para mellorar a resposta aos problemas que xera e para impulsar a educación e a sensibilización de toda a poboación a este respecto.

INVESTIGA. Quén é o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)? Cando se creou? Quenes o compoñen? Cáles son as súas funcións?


Consumo de auga

A auga é un ben tan necesario como limitado, aínda que se usa coma se nunca se fose acabar. Por iso, é importante reflexionar sobre o consumo que se fai deste recurso e planificar unha xestión máis eficiente e sostible que a actual. Diso depende garantir o subministro de auga para as próximas xeracións.

Importante A falta de auga, que é un recurso necesario para a supervivencia de toda forma de vida, afecta a máis do 40 % da poboación mundial. Ademais, o acceso á auga potable, ao saneamento e á hixiene representan as necesidades humanas máis básicas para o coidado da saúde e do benestar.

A superpoboación, o crecemento das cidades e as cada vez maiores necesidades en materia de auga dos sectores agrícola, industrial e enerxético están provocando un aumento da demanda de auga. E prevese que, co incremento das temperaturas provocado, á súa vez, polo cambio climático, a escaseza de auga sexa cada vez maior.

En moitas zonas, as secas agravan a escaseza de auga, o que repercute negativamente na saúde das persoas e ameaza o desenvolvemento sostible e a biodiversidade do entorno. Se non se vixía a xestión da auga, o uso que se fai dela e non se melloran as infraestruturas, millóns de persoas seguirán morrendo a causa de enfermidades relacionadas coa auga, como por exemplo, a malaria e a diarrea.

Se se coñecese a pegada hídrica, é dicir, o volume real de auga que se consome a diario, tomaríase conciencia da importancia de coidar este recurso da natureza. O consumo medio de auga en España é de 142 litros por habitante cada día. Na cociña consómese un 19 % da auga, no cuarto de baño un 73 % e o 8 % restante noutras actividades da vida diaria. Unha billa aberta durante 10 segundos gasta 2 litros de auga (figura 2.3).

A nivel mundial, arredor do 70 % do consumo de auga realízao o sector agrario e o sector industrial consume preto do 20 %. Sen estes consumos, a maior parte da actividade humana paralizaríase, xa que deixarían de producirse moitos alimentos ou produtos e acceso a servizos que se usan e consumen a diario.

Lograr unha maior sostibilidade na xestión da auga e fomentar unha maior circularidade é clave para o desenvolvemento socioeconómico dun país.

Para saber máis O ODS 6: Auga limpa e saneamento busca lograr un acceso universal e equitativo á auga potable e a servizos de saneamento e hixiene axeitados, así como mellorar a calidade da auga a nivel global.

Contaminación

Fálase de contaminación cando nun entorno hai elementos ou substancias que normalmente non deberían estar nel e que afectan o equilibrio do ecosistema. Os axentes que producen a contaminación poden ser físicos (po, vidro, plásticos), químicos (mercurio, óxidos de xofre, deterxentes, insecticidas, colorantes) ou biolóxicos (virus, bacterias, fungos, parasitos). Prexudican o entorno natural cando se presentan en concentracións moi elevadas, xa que alteran as condicións dos microorganismos que habitan neles e xeran problemas de saúde ou de seguridade, malestar ou incluso a morte.

A contaminación pode ser natural ou ambiental. Os seres humanos non son os únicos que xeran contaminación. Algunhas algas que medran en lameiros ou en lagos producen toxinas que contaminan a auga; os volcáns en erupción tamén son unha fonte de contaminación natural, xa que liberan cinza e altas concentracións de xofre, ferro e outros minerais que afectan o medio ambiente.

Con todo, a contaminación ambiental si depende das persoasm en táboa recóllense os diferentes tipos de contaminación ambiental.


TABOA.

Curiosidade. 9 de cada 10 persoas en todo o mundo están expostas a niveis de contaminación que superan as cotas de seguridade sinaladas pola Organización Mundial de la Salud (OMS).

Deforestación

A deforestación é un proceso realizado xeralmente polo ser humano mediante o cal se elimina unha superficie forestal, é dicir, os bosques e as plantas dunha zona son destruídos pola acción do home. Adoita deberse ao cambio de actividade á que se vai destinar ese chan.

A industria da madeira, a da construción, as explotacións minerais no subsolo, as empresas fabricantes de papel ou a agricultura a grande escala adoitan estar detrás da destrución dos bosques e das selvas. O principal factor da deforestación é o económico (figura 2.4).

A deforestación é incompatible co mantemento das especies a medio e longo prazo. Os bosques son os pulmóns do planeta, xa que son aliados clave na loita contra o cambio climático. Ademais, as árbores e as plantas son capaces de absorber o dióxido de carbono que hai na atmosfera e convertelo en osíxeno. Tamén os bosques son protectores dunha gran biodiversidade de especies, polo que a deforestación remata tamén con elas.

As principais causas da deforestación no mundo son as seguintes:

  • A tala de árbores: tanto pola industria da madeira como pola do papel. Este proceso, na maioría dos casos, realízase de maneira indiscriminada e ilegal, sen control das autoridades da zona e sen levar a cabo plans de replantación de árbores.
  • A expansión da gandaría extensiva e itinerante: tras consumir os animais a vexetación dunha zona, o solo queda empobrecido, polo que son trasladados a outro lugar.
  • Cultivos agrícolas e actividades mineiras: precisan grandes superficies de terreo, o que supón a destrución do solo e da paisaxe e a deforestación de moitos bosques.
  • O crecemento urbano: para construír novas vivendas, redúcese a superficie vexetal deixando moitos municipios sen zonas verdes.
  • Os incendios forestais: a gran maioría adoitan ser provocados polo ser humano; en moitas ocasións para eliminar árbores e poder dedicar ese chan a outra actividade.

A tala de árbores xera a aparición de bacterias, parasitos e fungos que poden infectar aos seres humanos e aos animais e, ademais, provocar o desenvolvemento e a transmisión de enfermidades. Calcúlase que, nos últimos cincuenta anos, o Amazonas perdeu aproximadamente 720.000 km² do seu territorio.

O ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres procura xestionar de forma sostible os bosques, loitar contra a desertificación, deter e inverter a degradación das terras e deter a perda de biodiversidade.

Outros

Sobrepesca

Erradicar a sobrepesca, aumentar as reservas mariñas e protexer os océanos. Cómpre asegurar a pesca sostible e tamén facer un esforzo para protexer as reservas mariñas e os seus ecosistemas. Por exemplo, só un 13 % das augas mariñas españolas están protexidas. Os mares son os grandes vertedoiros do planeta (augas residuais, verteduras de combustible, vertidos contaminantes, plásticos, etc.), o que ocasiona un grave problema ambiental.

Xestión de residuos

O lixo non para de medrar no mundo. Nunha sociedade onde hai cada vez máis produtos de usar e tirar, o aumento dos residuos é preocupante, especialmente o dos residuos plásticos. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), en España cada cidadán produce 459 quilos de lixo ao ano. A xestión do lixo tecnolóxico (aparellos eléctricos, dispositivos tecnolóxicos) será outra cuestión clave se se quere garantir o desenvolvemento sostible.

Perda da biodiversidade

A destrución dos hábitats e ecosistemas está provocando a desaparición de moitas especies ou que se atopen en perigo de extinción, como acontece co oso polar. É urxente que os espazos naturais se protexan con leis que impidan converter algunhas zonas en terreos para a agricultura masiva ou para a construción de núcleos urbanos.

Podes ver este artigo e este video do National Geographic cos animales en peligro de extinción en España

Retos socias

A sustentabilidade non só ten como obxectivo preservar o medioambiente, senón tamén lograr un equilibrio social e económico. Os retos ambientais deben ser tratados tento en conta os sociais. Non se poden abordar os primeros sen a acción conxunta de toda a sociedade; por lo tanto, un reto ambiental también es un reto social, e o tratamento duns impacta nos outros.

Nun mundo globalizado e cada vez máis complexo, a sociedade ten que facer fronte a múltiples problemas de índole social.

Do mesmo xeito que ocorre cos problemas ambientais, os problemas sociais están interconectados. Para afrontalos hai que traballar de forma coordinada e buscar solucións que impliquen a todos os axentes económicos (gobernos, empresas, cidadanía).

O reto demográfico: Superpoboación e despoboación

A superpoblación producese cando hai unha elevada densidade de personas nunha contorna. Isto reperecute nela e os seús recursos naturais impactando na calidade de vida da poboación chegando a xenerar situacións de necesidade (fame, enfermidades, guerras, etc.).

A población mundial estimada para o ano 2024 vai ser de máis de 8.000 millóns de persoas, 75 millones máis ca no 2023. A ONU prevé 9700 millones de personas para o año 2050. Este forte crecemiento poboacional terá un impacto no tamaño, a estrutura e a distribución dos recursos para o que os países deben estar preparados; e todo un reto para acadar a sostenibilidade do planeta.

La superpoblación –motivada por la mejora de las condiciones de vida gracias a los avances agrícolas, tecnológicos o médicos– supone un gran reto para el mundo en cuanto a la gestión de los recursos, la lucha contra las desigualdades y los desequilibrios para conseguir un desarrollo sostenible. Pódese analizar na táboa os principais factores que propician a superpoblación actual do planeta.

TABOA CAUSAS DA SUPERBOACIÓN

O crecimento da población mundial xenera efectos negativos sobre o planeta:

  • acrecenta o cambio climático
  • disminué a seguridade alimentaria
  • motiva a sobreexplotación de recursos
  • ...
CURIOSIDADE. Os países máis poblados do mundo son China e India, ambos con máis de 1.400 millóns de habitantes. Representan xuntos o 36 % da poboación mundial. Agárdase que a poboación da India medre durante varias décadas, mientras que a de China estabilizouse. 
África é o continente que máis rápido medra e agárdase que se duplique a súa poboación para o ano 2050. 
En Europa disminúe a poboación; a tasa de fecundidade de todos os países europeos está moi por debaixo da media mundial.

DESPOBOACIÓN.

Pobreza

Desigualdade

Impacto ambiental

O benestar da humanidade e das futuras xeracións depende directamente da biodiversidade e do mantemento dos ecosistemas. A medida que a poboación aumenta, os recursos naturais vanse esgotando. Por este motivo, é urxente mellorar a sustentabilidade para asegurar a supervivencia; tamén é fundamental planificar e minimizar calquera actividade persoal ou profesional que poida alterar o medioambiente.

Os principais retos ambientais que se estudaron no apartado anterior non só teñen consecuencias para o propio planeta, senón que tamén teñen un impacto importante para as persoas e para os sectores produtivos.

Impacto sobre as persoas

Cambio climático

O aumento da temperatura global afecta gravemente á saúde das persoas. Os cambios de clima (ondas de calor ou frío, secas, furacáns, tormentas, aumento do nivel do mar) están en aumento e incrementan o risco de lesións e enfermidades no ser humano, facéndoo máis vulnerable e provocando:

  • Golpes de calor.
  • Agravamento de enfermidades cardiovasculares e respiratorias.
  • Accidentes, feridos e mortes por incendios e inundacións.
  • Diminución da produción de alimentos.
  • Aparición de novos tipos de mosquitos que poden transmitir enfermidades contaxiosas.

Superpoboación

O impacto do aumento da poboación a nivel mundial pode supor para as persoas unha diminución da súa calidade de vida debido á escaseza de recursos, ao colapso do mercado laboral ou á dificultade para atopar emprego, ademais de pobreza, desigualdade, inseguridade, conflitos polos recursos e mesmo maior delincuencia.

Consumo de auga

A escaseza de auga nun territorio supón para o ser humano numerosas complicacións: desde deshidratación e propagación de enfermidades pola falta de hixiene ata escaseza de alimentos, xa que a agricultura, a gandería e a industria tamén se ven afectadas se non hai auga e non se poden cubrir as necesidades da poboación.

Contaminación

O impacto da contaminación sobre as persoas materialízase no seguinte:

Contaminación atmosférica ou do aire
O cambio climático e a contaminación do aire son conceptos diferentes pero relacionados entre si. A contaminación atmosférica, en xeral, e a das cidades, en particular, é peor se a concentración de gases e combustibles supera os valores establecidos. Respirar aire contaminado prexudica seriamente a saúde das persoas, o que ten graves consecuencias. Segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente, respirar aire contaminado provoca máis de 30.000 mortes prematuras en España cada ano, xa que agrava os problemas das persoas con enfermidades cardíacas e respiratorias, así como o cancro de pulmón. O ozono é un dos principais factores que causan ou empeoran a asma, e o dióxido de nitróxeno e o de xofre tamén orixinan inflamación pulmonar ou insuficiencia pulmonar.
Auga contaminada
A auga tóxica ou un sistema de saneamento deficiente contribúen á transmisión de enfermidades (cólera, diarrea, hepatite A, febres tifoideas ou poliomielite). A auga que non se pode beber nin destinar a actividades como a agricultura é unha fonte de insalubridade, que provoca máis de 500.000 mortes anuais polas enfermidades que pode causar.
Contaminación acústica
A exposición prolongada ao ruído pode afectar de distintas formas á saúde das persoas, pois xera problemas de saúde mental, trastornos do sono, risco de enfermidades cardiovasculares e infartos, ou dificultades na aprendizaxe (ao diminuír a capacidade de atención e concentración).
Contaminación luminosa
Aínda que é unha das que pasa máis desapercibida, tamén ten impacto no ser humano, pois pode ocasionar alteracións do sono, estrés ou fatiga.
Contaminación electromagnética
A exposición continuada á radiación electromagnética produce a alteración e a modificación das moléculas do corpo humano e, como consecuencia, mutacións e diversos tipos de cancro.
Contaminación microbiolóxica, química e radioactiva
As consecuencias para a saúde das persoas adoitan ser nefastas, xa que se producen por axentes moi tóxicos que provocan rapidamente enfermidades graves ou a morte.

Deforestación

A tala de árbores e a destrución das selvas e dos bosques supón para o ser humano unha ameaza, especialmente para aquelas poboacións que dependen dos bosques, incluídos os pobos indígenas, xa que se limita o seu medio de vida e a súa cultura.

A eliminación da vexetación tamén supón o risco de que se transmitan enfermidades infecciosas que adoitan estar limitadas á fauna salvaxe.

Impacto na actividade empresarial sobre os sectores produtivos

Anteriormente descríbironse os principais problemas medioambientais aos que nos enfrontamos e as súas consecuencias para o planeta e o ser humano (enfermidades, escaseza de recursos, pobreza, migracións, conflitos, etc.). A continuación, profundizarase no efecto que todos estes problemas teñen para a economía e as actividades dos distintos sectores produtivos.

Efectos no sector primario

O sector primario, que inclúe a agricultura, a gandería, a pesca e a silvicultura, desempeña un papel fundamental na economía global ao proporcionar materias primas, alimentos e recursos naturais. Este sector está moi relacionado coa natureza, polo que se ve moi afectado pola súa degradación:

  • Perda da calidade e cantidade dos cultivos debido a secas, precipitacións extremas, contaminación, erosión do solo, etc.
  • Disminución de polinizadores e animais inimigos das pragas, o que afecta a moitos cultivos.
  • Disminución da calidade nutricional dos pastos e forraxes utilizados para alimentar ao gando.
  • Enfermidades no gando debidas ao cambio climático, que provoca un aumento de parasitos (mosquitos, garrapatas, etc.), bacterias ou virus.
  • Disminución da poboación de peixes, causada pola pesca excesiva, a contaminación das augas e a acidificación dos océanos originada polo cambio climático.
  • Perda de bosques por a tala insostible, os incendios e a falta de reforestación. Ten un impacto directo na silvicultura.


Efectos no sector secundario

A maioría das industrias dependen de materias primas obtidas da natureza. Os problemas medioambientais, como a sobreexplotación, poden afectar á dispoñibilidade e calidade das materias primas e outros recursos necesarios para a fabricación dos produtos, o que ocasiona dificultades nos procesos de producción.

O sector enerxético é un dos principais responsables do cambio climático; pero, á súa vez, tamén é un dos que máis pode verse afectado por el no futuro. En primeiro lugar, porque o incremento das temperaturas traerá consigo unha maior demanda de enerxía para o funcionamento dos sistemas de climatización.

O mantemento do sistema enerxético actual é insostible, debido ao agotamento a longo prazo das reservas de combustibles fósiles e ao seu efecto destructivo sobre o planeta. O cambio climático tamén pode afectar no futuro ao potencial das enerxías renovables debido á falta de chuvias (enerxía hidroeléctrica), modificacións na cuberta de nubes (enerxía solar) e cambios na intensidade e velocidade do vento (enerxía eólica).


Efectos no sector terciario

Moitas empresas comerciais e de servizos dependen tamén, directa ou indirectamente, dos recursos naturais (auga, enerxía, alimentos, etc.). A degradación destes recursos pode afectar á dispoñibilidade e calidade dos servizos.

 Exemplo. A escaseza de produtos agrícolas debido ás malas colleitas provocadas pola seca prexudicará a negocios como un establecemento comercial ou un restaurante que poden sufrir problemas de subministración ou un aumento do custo de adquisición da mercadoría.

O sector do transporte pode verse afectado por fenómenos meteorolóxicos extremos, con efectos sobre a distribución comercial e o transporte de viaxeiros.

Exemplo. A DANA é un fenómeno meteorolóxico que pode dar lugar a chuvias torrenciais e fortes inundacións, especialmente a finais de verán e outono. Aínda que sempre existiron, os expertos consideran que o aumento da súa frecuencia e intensidade está estreitamente ligado ao cambio climático. No noso país, este fenómeno obrigou a suspender voos, cortar estradas e impedir o tráfico de mercadorías e de pasaxeiros, ademais de afectar a infraestruturas públicas, a vivendas e ás instalacións de empresas.

O turismo é un dos sectores que máis se ve afectado polos problemas medioambientais. Algunhas das consecuencias prexudiciais para as empresas que dependen directa ou indirectamente do turismo son:

  • Merma do atractivo turístico dun destino pola destrución do paisaxe, perda de biodiversidade, contaminación, sobreexplotación, etc.
  • Disminución na satisfacción dos turistas polas condicións meteorolóxicas adversas (aumento das temperaturas, precipitacións extremas, escaseza de neve, etc.).
  • Dificultade para planificar viaxes, ao ser o clima máis inestable.
  • Danos nas infraestruturas turísticas e riscos para a seguridade dos visitantes por culpa de fenómenos como furacáns, inundacións, etc.

Efectos en todos nos sectores

Cumprimento das normas medioambientais
Obrigación das empresas de adoptar prácticas sostibles.
Cambios nas preferencias dos consumidores e usuarios
Demandas de produtos e servizos sostibles.
Aumento de custos
Necesidade de acometer investimentos para cumprir as normas e realizar actividades sostibles. Aumento dos prezos das materias primas debido á súa escaseza.
Actividades
Efecto das precipitacións extremas no transporte.
Reputación e responsabilidade social corporativa
Imaxe negativa das empresas cuxas actividades non son respectuosas co planeta.
Innovación e oportunidades de negocio
Novos modelos de negocio baseados en actividades respectuosas co medioambiente (agricultura sostible, economía circular, xestión de residuos, enerxía renovable, mobilidade sostible, etc.).
INVESTIGA. Escolle unha empresa real do teu entorno xeográfico, indica a que sector pertence e investiga sobre os efectos que os problemas medioambientais teñen na súa actividade.

Medidas e accións para minimizar os impactos ambientais

Eficiencia e transición enerxética

Mitigación e adaptación ao cambio climático

Son dúas estratexias complementarias para abordar o problema do cambio climático.

Mitigación
medidas para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro co obxectivo de frear o cambio climático. Exemplo: transición e eficiencia enerxética.
Adaptación
medidas para limitar os impactos, reducir as vulnerabilidades e incrementar a resiliencia (capacidade de resistencia e superación) fronte ao cambio climático. Exemplo: construción de infraestruturas resistentes a eventos climáticos extremos.

Medidas para minimizar o impacto ambiental

Transición enerxética

A transición enerxética fai referencia a un cambio fundamental no modelo de produción e consumo de enerxía da sociedade. Este cambio consiste na substitución progresiva de fontes de enerxía non sostibles e contaminantes por enerxía renovable, limpa e respectuosa co medioambiente.

Enerxía non renovable

Provén de recursos finitos, xa que o seu uso fai que se agoten na natureza (combustibles fósiles como o carbón, petróleo e gas natural). Xera contaminación ambiental e a emisión de gases de efecto invernadoiro, responsables do cambio climático.

Enerxía renovable

Provén de recursos que non se esgotan, xa que se rexeneran na natureza, como a auga, o sol e o vento. Xera baixas ou nulas emisións de gases de efecto invernadoiro e contaminación, polo que contribúe á mitigación do cambio climático.

Enerxias-renovables.png

Existen distintos tipos de enerxías renovables.

Eólica
Xérase pola forza do vento, capturada mediante aeroxeradores que converten a enerxía cinética en electricidade.
Solar Fotovoltaica
Converte a luz do sol en electricidade mediante paneis solares.
Solar Termoeléctrica: A luz solar quenta un fluído (auga) ata que xera vapor que impulsa unha turbina para xerar electricidade.
Hidroeléctrica
Aproveita a enerxía do fluxo de auga, xeralmente de ríos ou embalses, para xirar turbinas que producen electricidade.
Enerxía do mar
Aproveita a forza das mareas ou das ondas.
Biomasa
Obtida a partir de materiais orgánicos de orixe animal ou vexetal, como madeira, residuos agrícolas ou residuos sólidos urbanos.
Xeotérmica
Obtida aproveitando o calor interno da terra.

Desde a Revolución Industrial, o modelo enerxético baséase fundamentalmente na utilización de combustibles fósiles. Con todo, este sistema non é sostible a longo prazo tanto polo agotamento das reservas de combustibles (carbón, petróleo e gas natural) como polo seu impacto no medioambiente e no cambio climático. Por todo iso, a transición cara a fontes de enerxía renovables é fundamental para abordar os desafíos ambientais aos que nos enfrontamos a nivel mundial.

As enerxías renovables presentan unha serie de vantaxes e inconvenientes respecto á utilización de combustibles fósiles.

Vantaxes:

  • Producidas con recursos que se atopan de forma ilimitada na natureza, polo que non se esgotan.
  • Respectuosas co medioambiente.
  • Facilitan a independencia das rexións e o autoconsumo, xa que se producen a partir dos recursos naturais da zona.
  • Redúcen a dependencia de combustibles fósiles que deben ser importados desde outros países e, ademais, contaminan.
  • Xeran emprego. Por exemplo, na fabricación, instalación e mantemento de centrais eléctricas de enerxía renovable.

Inconvenientes:

  • Algunhas fontes, como o sol ou o vento, dependen das condicións climáticas, o que pode afectar á dispoñibilidade de enerxía.
  • Precísase unha alta inversión inicial en tecnoloxía, polo que pode non ser rentable a curto prazo.
  • Adoita requirir de gran espazo para as súas instalacións, xenerando un impacto medioambiental (modificación do paisaxe, perda de biodiversidade, uso do solo, etc.).

Eficiencia enerxética

A eficiencia enerxética é a capacidade de utilizar menos enerxía para realizar calquera proceso ou actividade. Trátase, polo tanto, de optimizar a utilización dos recursos enerxéticos para conseguir mellores resultados empregando menos enerxía. A eficiencia enerxética debe aplicarse en todo tipo de tarefas tanto no fogar como nas actividades empresariais e profesionais (industria, transporte, comercio, servizos, etc.). Se somos máis eficientes desde un punto de vista enerxético, non só estamos contribuíndo a mitigar o cambio climático, senón que, ademais, xeramos un importante aforro económico.

Exemplo Accións para lograr unha eficiencia enerxética tanto no fogar como no traballo ou no centro educativo:

  • Usar a luz natural o máximo posible.
  • Instalar iluminación LED.
  • Apagar as luces cando non se utilicen.
  • Adquirir electrodomésticos coa cualificación de eficiencia enerxética.
  • Empregar cargadores intelixentes e seleccionar o modo de aforro de enerxía nos dispositivos electrónicos.
  • Usar de forma racional os sistemas de climatización.
NORMATIVA. Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética
A Lei 7/2021, do 20 de maio, ten como finalidade a neutralidade en as emisións de gases de efecto invernadoiro en España antes de 2050 e crear un sistema enerxético eficiente e renovable que facilite unha transición xusta.
Definición. Neutralidade de carbono
Consíguese cando a cantidade de dióxido de carbono (CO2) que se emite á atmósfera está equilibrada pola cantidade que se retira ou se compensa por distintas vías, deixando un balance de cero neto en emisións de carbono. Para lograr unha pegada de carbono cero, cada individuo, empresa, entidade ou país debe reducir ao máximo as súas emisións de CO2 e compensar calquera emisión con medidas para eliminar ou capturar a mesma cantidade de emisións xeradas.

Xestión de residuos

Conservación dos recursos naturais

Produción e consumos sostibles

Control da contaminación

Movilidad sostible

Innovación tecnolóxica

Educación e sensibilización

Normativa, políticas ambientáis e alianzas

DEFINICIÓN. Alianza. Acordo entre dúas ou máis partes nas que se recollen os termos de colaboración e se establecen os dereeitos e as obrigas dos asinantes.