ODS17. Alianzas para acadar os obxectivos

De MediaWiki
Revisión del 19:00 17 ene 2025 de Joselv (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Ods17.jpg
ODS-17-Alianzas-para-acadar-os-obxectivos.jpg


ODS 17. Alianzas para lograr os obxectivos

A globalización e a interconexión existente entre distintas zonas, países e habitantes do planeta redunda en grandes beneficios en múltiplas áreas que concirnen a todas as persoas: mellora do acceso á tecnoloxía, posta en común do coñecemento, etc. Estas alianzas non só deben buscalas os estados, senón que as empresas e organizacións empresariais deben impulsalas.

En que consiste?

As metas e submetas presentes no ODS 17 están relacionadas cos dezaseis ODS restantes. A través das alianzas para lograr os obxectivos, búscase a colaboración a escala mundial entre todos os sectores que coexisten: o público, o privado e a sociedade civil.

Non é posíbel a consecución dos obxectivos propostos na Axenda 2030 sen a unión das persoas, os gobernos, as empresas e o resto das organizacións que están presentes nos países e zonas do planeta.

Exemplo
As empresas e profesionais deben evitar a competición e lograr a cooperación nas áreas de finanzas, tecnoloxía, comercio, industria, laboral, etc.

As alianzas que se perseguen a través do ODS 17 benefician a todos os axentes involucrados.

Os impactos acadados tras os acordos entre os distintos axentes son maiores que cando se actúa en solitario.

O traballo en común permite o logro de solucións máis potentes, que poden axudar a un maior número de persoas.

Como se pode actuar?

As accións executables para lograr o ODS 17 están relacionadas cos distintos tipos de alianzas que se poden levar a cabo entre distintos organismos e institucións.

Alianzas público-privadas
As alianzas de organismos e institucións públicas con organizacións privadas son o verdadeiro motor para a mellora en múltiplos aspectos.
Para mellorar a situación sanitaria, aumentar as redes de transporte ou lograr o acceso gratuíto a diversas tecnoloxías como pode ser o wifi, os organismos públicos desenvolven alianzas con empresas privadas.
Alianzas con comunidades locais
As ONG, na procura das súa metas e fins, non deben actuar soas, posto que as alianzas entre as comunidades locais e as organizacións públicas e privadas conseguen un impacto maior.
Actividade
Algunhas universidades, como a UdC, UVigo, USC e UNED, desenvolven as súa propias accións relacionadas co ODS 17. Visita os seus sitios web e elabora unha breve reseña sobre os contidos expostos; investiga outros organismos (concellos, deputacións, autoridade portuaria, ...) e comproba se desenvolven algunha acción similar.

No cine

  • Punto límite
  • ¿Teléfono rojo? Volamos hacia Moscú

Referencias