ODS7. Enerxía accesible e non contaminante
O consumo de enerxía está asociado, entre outros factores, ao aumento da poboación no planeta, aos métodos e formas nas que producimos e realizamos as nosas tarefas diarias e, por suposto, nos tipos e medios de transporte, baseados, na súa inmensa maioría, nos combustibles fósiles, o que produce irremediablemente un aumento do quecemento do planeta sen unha aposta firme e decidida por enerxías non contaminantes.
En que consiste?
O ODS 7 está centrado na accesibilidade enerxética e na transición cara a fontes de enerxía máis limpas e sostibles, que substitúan gradualmente os combustibles fósiles tradicionais por outras fontes renovables, sen esquecer que a enerxía máis sostible é a que non se usa.
A busca de outros tipos de fontes de enerxía alternativas traerá consigo unha serie de efectos moi positivos en distintos ámbitos, e ofrece ademais un crecemento noutros ODS cos que está directamente relacionado.
O cambio cara a unha enerxía accesible e non contaminante implica, para as organizacións empresariais, profesionais de todos os sectores e a poboación en xeral, os seguintes retos:
- Novos desafíos persoais, profesionais e empresariais ao realizar a transición cara a outros tipos de enerxía.
- Escaseza e encarecemento dos combustibles fósiles, así como maiores custos asociados ás novas enerxías ata que se alcancen economías de escala.
Como se pode actuar?
Para impulsar políticas relacionadas coas enerxías emerxentes e sostibles, é imprescindible realizar unha análise profunda dos procesos produtivos e comerciais que desenvolven as empresas e os profesionais, que se atopan amplamente implementados nos entornos industriais e nas grandes empresas.
Exemplo. Programar o apagado automático do equipamento informáticos é unha medida que poden realizar tanto as empresas como as persoas no uso sostible da enerxía.
Ao mesmo tempo, as empresas, sobre todo as relacionadas cos transportes, xa sexa de mercadorías ou de pasaxeiros, poden medir a súa pegada de carbono e buscar alternativas que lles permitan realizar a súa actividade empresarial sendo máis respectuosas co medio ambiente e utilizando enerxías máis limpas.
Actividade. O sector hoteleiro é un dos máis comprometidos co uso eficiente da enerxía e a busca de solucións sostibles. Enumera algunhas medidas que se poden levar a cabo en calquera establecemento, tanto nas habitacións como nas zonas comúns, que axuden á consecución do ODS 7.
No cine
- Chernobyl