ODS5. Igualdade de xénero

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Ods5.jpg
ODS-5-Igualdade-de-xénero.jpg

A desigualdade de xénero está presente en todos os lugares do mundo, independentemente do grao de desenvolvemento social e económico da poboación, e maniféstase de diversas formas:

  • Desigualdades de acceso ao mercado laboral ou a determinados postos de traballo.
  • Violencia sexual ou explotación laboral.
  • Disparidade nas remuneracións ou condicións laborais.
  • Discriminación en cargos de responsabilidade nas empresas e, mesmo, en cargos públicos.

En que consiste?

As metas e sub-metas do ODS 5 perseguen a eliminación de todas as formas de discriminación cara ao sexo feminino, a posta en valor da atención non remunerada e o traballo doméstico das mulleres e nenas en todas as sociedades, así como a consecución, de maneira independente, do empoderamento feminino.

Na busca da igualdade de xénero, obteranse os seguintes beneficios empresariais e profesionais:

  • Impacto positivo na economía.
  • Maior rendemento empresarial.
  • Atracción e retención de talento feminino.

Como se pode actuar?

As organizacións empresariais poden ver incrementada a produtividade se elaboran e executan políticas de paternidade igualitarias, proporcionando maior flexibilidade e un compromiso claro de xénero.

Exemplo.
As empresas poden apostar pola educación da brecha salarial e, desta maneira, aumentar a motivación das mulleres e as posibilidades de ascender a postos de maior responsabilidade e envergadura laboral e económica.

O empoderamento da muller non só se refire ao ámbito empresarial e laboral, senón que cobran gran importancia tanto as cadeas de subministración como o financiamento para a creación de novas empresas e proxectos empresariais.

Os programas de conciliación da vida familiar e profesional para homes e mulleres son un dos piares básicos para a consecución do ODS 5 e o logro efectivo da igualdade de xénero.

No cine

  • Una cuestión de genero
  • Talentos Ocultos
  • En tierra de hombres

Referencias