Los límites de la sostenibilidad

De MediaWiki
Revisión del 20:45 20 ene 2025 de Joselv (discusión | contribuciones) (→‎Referencias)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Sinopse do libro

A sustentabilidade non é só un concepto asociado á ciencia ambiental, senón tamén toda unha forma de comprender o contorno e a xestión de calquera organización humana. É unha noción que se emprega nas máis diversas reflexións e que se introduce en debates e controversias políticas, nos medios de comunicación e en calquera tema que relacione o ser das empresas e organizacións coa súa presenza na sociedade. Trátase dunha cuestión que abrangue problemas de moi diversa natureza, pero cun protagonismo crecente no ámbito da vida cotiá das persoas.

Con todo, a sustentabilidade convive nunha sociedade onde predominan o fraude e o engano, nun panorama marcado polo descrédito xeneralizado, a desafección, a falta de confianza nas empresas e institucións e a escasa ilusión polo futuro que nos agarda aos seres humanos, empeñados como estamos en vivir o presente sen perspectiva histórica. Por iso mesmo, a sustentabilidade está chea de limitacións e necesita, no contexto corporativo, máis transparencia e, especialmente, coherencia e honestidade por parte de moitos.

Esta foi a preocupación coa que se iniciou o noso traballo sobre a Responsabilidade Social e os valores nas empresas e organizacións, nun ámbito de reflexión libre, interdisciplinar e en equipo entre empresarios, profesores universitarios, consultores, comunicólogos e investigadores.

Referencias