Programación orientada a obxectos
Revisión del 09:04 28 abr 2025 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con «== Módulo Profesional: Programación orientada a obxectos == '''Equivalencia en créditos ECTS:''' 9 '''Duración:''' 75 horas '''Código:''' 5100 === Resultados de ap…»)
Módulo Profesional: Programación orientada a obxectos
Equivalencia en créditos ECTS: 9
Duración: 75 horas
Código: 5100
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
1. Caracteriza a programación orientada a obxectos organizándoos e relacionándoos co código para manexalos.
- Criterios de avaliación
- a) Definiuse o concepto de obxecto.
- b) Definiuse a forma de agrupar datos (atributos).
- c) Describíronse as operacións a executar sobre os datos (métodos).
- d) Describíronse as clases e as instancias dos obxectos.
- e) Caracterizouse o concepto de construtor.
- f) Caracterizouse o concepto de destrutor.
- g) Definiuse o concepto de ortogonalidade dos métodos.
- h) Caracterizáronse os tipos de métodos.
2. Aplica a programación orientada a obxectos para xerar código eficiente e correctamente estruturado.
- Criterios de avaliación
- a) Escribiuse unha clase que se poida reutilizar mediante herdanzas.
- b) Escribiuse unha clase nova en base a unha clase xa creada.
- c) Escribiuse un programa usando obxectos e atributos.
- d) Escribíronse instrucións self nos métodos.
- e) Escribiuse un programa usando as propiedades de polimorfismo e encapsulamento.
- f) Escribíronse programas que inclúan construtores.
- g) Escribíronse programas que inclúan destrutores.
- h) Escribíronse módulos e paquetes e usáronse correctamente nun programa.
3. Xestiona e manexa a creación de ficheiros usando código Python.
- Criterios de avaliación
- a) Escribíronse liñas de código que permiten a apertura de ficheiros.
- b) Utilizáronse distintos métodos do obxecto File.
- c) Coñécense as propiedades do obxecto File e usáronse correctamente no código.
- d) Escribiuse código para tratar ficheiros JSON.
- e) Escribiuse código que permite cambiar obxectos a cadeas.
4. Conecta e xestiona bases de datos partindo de entradas de datos desde aplicacións web.
- Criterios de avaliación
- a) Conectouse con éxito a unha base de datos usando código Python.
- b) Creouse unha nova base de datos usando código Python.
- c) Realizáronse consultas contra a base de datos conectada.
- d) Incluíronse novos rexistros na base de datos.
- e) Elimináronse rexistros en bloque da base de datos.
- f) Creouse unha interface web usando Python.
- g) Conectouse a base de datos a unha web e permitiuse escribir novos rexistros mediante entrada de texto desde a web.
- h) Coñécense os requisitos de seguridade web en Python.
- i) Verificáronse os requisitos de seguridade mínimos establecidos.
5. Escribe programas en Python dando resposta a problemas reais en diferentes campos de aplicación e tendo en conta o contexto de uso.
- Criterios de avaliación
- a) Analizouse o problema a resolver documentándoo de forma rigorosa.
- b) Indicáronse posibles solucións ao problema.
- c) Seleccionouse a solución considerada máis adecuada de acordo co contexto e co posible custo da implementación.
- d) Escribiuse a solución en Python, documentándoa debidamente.
- e) Utilizouse o depurador.
- f) Deseñáronse probas para cada unha das partes do programa.
- g) Executáronse as probas e documentáronse os resultados.
- h) Verificouse que os resultados eran os esperados.
- i) Realizáronse cambios no caso de ser necesarios, documentándoos.
- j) Probouse o programa no seu conxunto.
- k) Documentáronse os cambios realizados, se os houbo.