Análise de datos con Python
Revisión del 09:06 28 abr 2025 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con «== Módulo Profesional: Análise de datos con Python == '''Equivalencia en créditos ECTS:''' 9 '''Duración:''' 75 horas '''Código:''' 5101 === Resultados de aprendiz…»)
Módulo Profesional: Análise de datos con Python
Equivalencia en créditos ECTS: 9
Duración: 75 horas
Código: 5101
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
1. Manexo, limpeza e normalización de distintos tipos de datos en función do problema a resolver.
- Criterios de avaliación
- a) Coñécense e impórtanse as librarías usadas en ciencia de datos.
- b) Escribiuse código que permite ler datos de distintas orixes (csv, xlsx, entre outros).
- c) Escribiuse código que permite exportar datos previamente lidos en ficheiros de distinto formato (csv, xlsx, entre outros).
- d) Escribiuse código que permite acceder a bases de datos usando librarías de ciencia de datos.
- e) Manéxanse seleccións, actualizacións, adicións e eliminacións de datos dunha base de datos usando as librarías de Python aplicadas á ciencia de datos.
- f) Realizáronse probas intermedias de verificación.
2. Limpa e estandariza lotes de datos de forma lóxica e eficiente para o seu tratamento posterior de acordo co problema a resolver.
- Criterios de avaliación
- a) Analizáronse os datos lidos.
- b) Deducíronse as operacións para normalizar e estandarizar datos en Python.
- c) Escribiuse código que permite limpar e estandarizar datos baseándose no problema que hai que resolver.
- d) Aplicáronse intervalos en series de datos para realizar agrupacións de forma coherente.
- e) Identificáronse os datos a converter de categóricos a numéricos.
- f) Escribiuse código que modifica variables categóricas en variables cuantitativas en Python.
3. Realiza análises exploratorias en datos tendo en conta o alcance do problema a resolver.
- Criterios de avaliación
- a) Resumíronse grandes cantidades de datos para a toma de decisións.
- b) Foi capaz de responder preguntas relevantes relativas aos datos.
- c) Recoñecéronse patróns nos datos.
- d) Escribiuse código en Python que permite coñecer a correlación entre variables.
4. Desenvolve modelos en linguaxe Python dando solución ao problema exposto.
- Criterios de avaliación
- a) Analizouse a relación entre unha variable continua e unha ou máis variables independentes mediante o axuste dunha ecuación lineal.
- b) Modelouse unha relación non lineal entre variables independentes e dependentes.
- c) Determinouse correctamente a mostra na que se ensaiará o procedemento a avaliar.
- d) Realizouse unha predición e comprobouse a súa precisión e validez usando unha mostra de datos válida.