PHP Habilitar depuración en VS Code

De MediaWiki
Revisión del 10:53 13 sep 2026 de Angelfg (discusión | contribuciones) (Página creada con «* Habilitando a depuración poderás poñer punto de interrupción no código php e visualizar os valores de variables e identificar cal é o problema dentro do teu código…»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Habilitando a depuración poderás poñer punto de interrupción no código php e visualizar os valores de variables e identificar cal é o problema dentro do teu código.
O que ven a continuación está feito cun Linux Mint 22.3, php 8.5 e apache 2.4
Os pasos son os seguintes unha vez instalado apache e php como ven indicado no punto anterior desta wiki:
  • Instalamos a extensión xdebug:
sudo apt update
sudo apt install php8.5-xdebug


  • Configuramos o arquivo Xdebug /etc/php/8.5/mods-available/xdebug.ini:
zend_extension=xdebug.so
xdebug.mode=debug
xdebug.start_with_request=yes
xdebug.client_port=9003
xdebug.client_host=127.0.0.1
sudo systemctl restart apache2
Podemos comprobar que php teña o xdebug activo coa orde: php -v (debería aparece o texto With Xdebug)


  • Instamos a extensión php debug no VS Code.
  • Creamos unha páxina php e podemos poñer un punto de interrupción como en calquera outro IDE.
  • Na parte esquerda do VS Code prememos na icona de play (a que está enriba das extensións) e creamos un arquivo json de configuración.
Nese arquivo poñemos:
{
    "version": "0.2.0",
    "configurations": [
        {
            "name": "Listen for Xdebug",
            "type": "php",
            "request": "launch",
            "port": 9003
        },
        {
            "name": "Launch currently open script",
            "type": "php",
            "request": "launch",
            "program": "${file}",
            "cwd": "${fileDirname}",
            "port": 9003
        }
    ]
}


  • Agora, có punto de interrupción posto e estando na sección de Play temos na parte superior unha icona play de cor verde que temos que premer. Unha vez premida o VS Code está esperando a carga dunha páxina web e parará no punto de interrupción indicado.
  • No navegador web Firefox cargamos a páxina e o cargar a páxina se parará en dito punto (pasará o control ao VS Code):
Fixarse que os navegadores teñen extensións para habilitar a depuración (por exemplo firefox ten https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/xdebug-helper-for-firefox/) pero ao poñer esta liña xdebug.start_with_request=yes no arquivo de configuración xdebug.ini todas as peticións poden ser depuradas.
Se queremos traballar coa extensión e activar ou non a depuración teríamos que poñer: xdebug.start_with_request = trigger




-- Ángel D. Fernández González -- (2026).