Instalación JDK, Eclipse, Android SDK e ADT Plugin

De MediaWiki
Revisión del 16:39 15 nov 2015 de Wiki (discusión | contribuciones) (Página creada con «* Como xa se indicou nos obxectivos en escenarios vaise proceder a instalar o necesario para poder crear e executar aplicacións Android. *En Maio do 2013 aparece un novo...»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Como xa se indicou nos obxectivos en escenarios vaise proceder a instalar o necesario para poder crear e executar aplicacións Android.
  • En Maio do 2013 aparece un novo IDE para o desenvolvemento de aplicacións en Android denominado Android Studio. A primeira versión estable deste IDE aparece en Decembro do 2014 coa versión 1.0. No momento de escribir estes apuntes a derradeira versión estable é a 1.2.2 de Xuño do 2015. Nesta edición do curso non imos traballar con Android Studio, quedando á decisión do alumno o desenvolvemento das aplicacións utilizando este IDE, tendo en conta que a asistencia por parte do profesorado dos problemas que poidades atopar no seu uso non serán atendidos.
  • Neste caso temos neste enlace combinacións de teclas moi útiles para o manexo do Android Studio.
  • Existe a posibilidade de baixarse non só paquete denominado Bundle todo o necesario para desenvolver aplicacións Android: Paquete con Eclipse + ADT Plugin + Android SDK, só se precisaría instalar o JDK (Java Development Kit).
Os enlaces para baixarse o Bundle son:



  • Se xa se ten algún dos compoñentes instalado xa non será necesario volver a instalalo (por exemplo o IDE Eclipse ou o JDK).


  • JDK ou JRE:?
    • Para crear e executar aplicacións Android con Eclipse é suficiente con ter instalada a MV de Java (JRE), pero puidera darse o caso de que o lector tamén desexase desenvolver aplicacións Java con outros IDES ou en consola, e para iso precisa a Ferramenta de Desenvolvemento (JDK), a cal inclúe a MV de Java (JRE). Por tanto, optaremos por ter unha instalación o máis completa posible instalando o JDK.
    • No caso de utilizar o Android Studio é obrigatorio o uso do JDK.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).