PHP Constantes e variables. Ámbito.
Revisión del 16:59 26 ene 2017 de Wiki (discusión | contribuciones) (→Comprobación do tipo de dato)
Sumario
Constantes
- As constantes son valores que normalmente se definen ao comezo do código e cuxo valor non varía ao longo do programa.
- Soen identificar por medio de letras maiúsculas.
- Os nomes das constantes poden empezar cunha letra ou guión baixo pero non poden empezar cun número.
- Distingue maiúsculas de minúsculas no seu nome.
1 <?php 2 3 define('MEUNOME','Angel Fernández'); 4 echo "<p>Aquí poño o menu " . MEUNOME . "</p>"; 5 6 ?> 7 <p> Outro párrafo....</p> 8 <?php 9 printf("Ola. Sigo sendo %s. Poido seguir referenciando a constante ao longo de toda a páxina.",MEUNOME); 10 ?>
- Nunha constante podemos definir parámetros que despois sexan substituídos polos seus valores coas funcións printf e sprintf:
1 <?php 2 3 define('CADEA_PRESENTACION','Ola usuario %s'); 4 5 printf(CADEA_PRESENTACION,'Angel'); 6 ?>
Variables
- NOTA: Esta sección está asociada á realización do EXERCICIO 2.
- A diferenza das constantes, as variables poden cambiar o seu valor ao longo do programa.
- Non é necesario definilas nin declaralas.
- Distinguen maiúsculas de minúsculas no seu nome. '$var' é unha variable e '$Var' é outra variable diferente.
- A primeira letra do nome dunha variable debe ser un guión baixa ou unha letra. Non pode ser un número.
- Identifícanse por medio do símbolo $.
Nota: A pesares de que non é obrigatorio declaralas, eu aconsello establecer un valor ao comenzo da páxina e comentar o seu propósito, xa que pode suceder que utilicemos unha variable e despois cambiemos algunha letra da mesma, pasando a manexar outra variable diferente. Desta forma podemos ter una referencia ao nome da variable.
- Exemplo de código:
1 <?php 2 $varCadea="Isto é un variable de cadea"; 3 $varNumero=50; 4 5 echo $varCadea . "<br />"; 6 echo $varNumero . "<br />"; 7 8 ?>
- PHP é unha linguaxe debilmente tipada. Quero isto dicir que as variables non se definen de ningún tipo, se non que o tipo vai depender do contido da variable.
- Así, por exemplo, vou asinar a mesma variable diferentes tipos de datos e funcionará igualmente.
1 <?php 2 3 $varTipos=5; 4 echo $varTipos . "<br />"; 5 $varTipos='Cadea'; 6 echo $varTipos . "<br />"; 7 $varTipos=3.15454; 8 echo $varTipos . "<br />"; 9 $varTipos=true; 10 echo $varTipos . "<br />"; 11 ?>
- Dependendo do contido que teñan, as variables poden ser dun destes tipos escalares:
- integer: Os integers, ou enteiros, poden ter distintos valores numéricos enteiros que se expresan con diferentes notacións.
- $variable = 18; // Número entero positivo
- $variable = -18; // Número entero negativo
- $variable = 0x12; // Notación hexadecimal, en principio no la utilizaremos
- float ou double: Este tipo de datos son os números de punto flotante aos que normalmente chamamos números decimais, por exemplo, 9.876. Ambos teñen moita precisión, pero double é o máis preciso (con máis decimais). A sintaxe para utilizalos é bastante simple:
- $variable = 9.876;
- string: O tipo de datos string, tamén coñecido como cadea de caracteres, exprésase coa seguinte sintaxe:
- $variable = "Isto é unha cadea";
- boolean: Trátase dun tipo lóxico. Os seus posibles valores son true (verdadeiro) ou false (falso).
- $variable = true;
- $variable = false;
- En programación normalmente se identifica ao valor false como 0 (cero) e ao true coma 1 (un).
- En PHP cando utilizamos expresións que van ser avaliadas como booleanas, faise unha conversión no que:
- Calquera destes valores é considerado como false: 0 (cero) , 0.0 (cero con decimais a cero), (cadea baleira), '0' (cadea cun valor cero), NULL (variable sen valor asinado)
- Calquera outro valor diferente dos anteriores é considerado verdadeiro (true)
- Máis información neste enlace.
- Existen máis tipos como podemos ver no seguinte enlace: http://php.net/manual/es/language.types.intro.php
Dando formato a unha variable utilizando a función printf e sprintf
- Como vimos anteriormente no uso da función printf/sprintf, podemos especificar en que formato se vai visualizar unha variable.
- Por exemplo:
$var=5; printf("A variable vai visualizarse como unha cadea: %s",$var);
Dependendo do carácter empregado despois do '%', temos:
- b - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número binario.
- c - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma o carácter con ese valor ASCII.
- d - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número decimal (con signo).
- e - o argumento é tratado con notación científica (e.x. 1.2e+2). O especificador de precisión indica o número de díxitos despois del punto decimal a partires de PHP 5.2.1. En versións anteriores, se tomou coma el número de díxitos significativos (menos un).
- E - como %e pero utiliza a letra maiúscula (e.g. 1.2E+2).
- f - o argumento é tratado coma un valor de tipo float e presentado coma un número de punto flotante (considerando a configuración rexional).
- F - o argumento é tratado coma un valor de tipo float e presentado coma un número de punto flotante (non considerando a configuración rexional). Dispoñible desde PHP 4.3.10 e PHP 5.0.3.
- g - o mesmo que %e e %f.
- G - o mesmo que %E e %f.
- o - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado como un número octal.
- s - o argumento é tratado e presentado coma un string.
- u - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número decimal sen signo.
- x - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número hexadecimal (cas letras en minúsculas).
- X - o argumento é tratado coma un valor de tipo integer e presentado coma un número hexadecimal (coas letras en maiúsculas).
Nota: Para formatear un número pódese facer uso da función number_format.
Uso de variables dentro da función echo
- Anteriormente contamos que había unha diferenza entre utilizar comillas dobres ou simples na función echo.
- Vexamos agora esta diferenza no uso de variables.
- Se usamos unha variable dentro da función echo:
- Con comillas dobres, a variable será substituída polo seu valor. Se expande.
- Con comillas simples, xerará a cadea $variable.
- Por exemplo:
1 <?php 2 $var = "Isto é unha variable de cadea"; 3 4 echo "A variable var con \" vale: $var<br/>"; 5 echo 'A variable var con \' vale: $var<br />'; 6 ?>
- Dará como resultado:
1 A variable var con " vale: Isto é unha variable de cadea 2 A variable var con ' vale: $var
Funcións
- PHP ten unha multitude de funcións para facernos a vida máis sinxela á hora de programar.
- Aconsello antes de 'programar' algo cos valores das variables (tipo dividir unha frase en palabras, quitar espazo en branco, redondeo, número máis alto de varios,...) consultar as seguintes funcións:
Comprobación de definición e asignación
- En PHP temos dúas funcións para saber se unha variable está definida / ten valor asinado.
- Función isset($var): Devolve TRUE se var existe e ten un valor distinto de NULL; FALSE en caso contrario.
- empty($var): Devolve FALSE se var existe e ten un valor no baleiro, distinto de cero. Doutro modo devolve TRUE.
- As seguintes expresións son consideradas como baleiras:
- "" (una cadena vacía)
- 0 (0 como un integer)
- 0.0 (0 como un float)
- "0" (0 como un string)
- NULL
- FALSE
- array() (un array balairo)
- $var; (unha variable declarada, pero sen un valor)
- Vexamos un exemplo:
1 <?php 2 3 $var1 = 100; 4 5 printf("Valor de var1: %s<br/>",$var1); 6 printf("isset: %b<br/>",isset($var1)); 7 printf("empty: %b<br/>",empty($var1)); 8 9 $var1 = null; 10 11 printf("Valor de var1: null<br/>"); 12 printf("isset: %b<br/>",isset($var1)); 13 printf("empty: %b<br/>",empty($var1)); 14 15 $var1 = ''; 16 17 printf("Valor de var1: %s<br/>","''"); 18 printf("isset: %b<br/>",isset($var1)); 19 printf("empty: %b<br/>",empty($var1)); 20 21 22 // Comprobamos agora o que vale unha variable non definida.... 23 printf("Valor de var2: %s<br/>","sen asinar"); 24 printf("isset: %b<br/>",isset($var2)); 25 printf("empty: %b<br/>",empty($var2)); 26 27 ?>
- Da como resultado:
Valor de var1: 100 isset: 1 empty: 0 Valor de var1: null isset: 0 empty: 1 Valor de var1: '' isset: 1 empty: 1 Valor de var2: sen asinar isset: 0 empty: 1
- Nota: Estas funcións serán utilizadas para comprobar se os datos dun formulario están cubertos ou non.
- Tedes unha comparativa completa neste enlace do manual de PHP.
Comprobación do tipo de dato
- PHP é unha linguaxe debilmente tipada. Quere isto dicir que o tipo dunha variable non se decide na definición da mesma, se non que vai depender do valor gardado.
Así:
- $var = 5; => Será de tipo integer.
- $var= 'ola'; => Será de tipo string.
- PHP permite asinar á mesma variable diferentes tipos durante a execución do código PHP.
- Para comprobar o tipo dunha variable teremos que facer uso dalgunha das seguintes funcións:
- is_array: Comproba que a variable sexa un array.
- is_bool: Comproba que a variable sexa de tipo booleano.
- is_float, is_double, is_real: Comproban que a variable sexa un número real.
- is_int, is_integer, is_long: Comproban que a variable sexa un número enteiro.
- is_numeric: Comproba que a variable sexa un número ou unha cadea numérica. Usado para validar campos dun formulario xa que os vai a enviar como cadeas.
- is_scalar: Comproba que a variable sexa un escalar (enteiro, real, booleano ou cadea de texto).
- is_string: Comproba que a variable sexa unha cadea de texto.
Vexamos un exemplo:
<?php $idade='Angel'; if (!is_numeric($idade)) die('A idade ten que ser un número...'); ?>
- Unha función complementaria ás anteriores é: getType. Devolve o tipo de datos dunha variable.
- Vexamos un exemplo:
<?php $nome=54; if (getType($nome)!='string') echo('O nome ten que ser unha cadea...'); ?>
Ámbito das variables
- Máis información no enlace seguinte: http://php.net/manual/es/language.variables.scope.php
- O ámbito é un concepto que fai referencia á 'visibilidade' dunha variable dentro dun programa.
- Normalmente, en outras linguaxes de programación, unha variable definida a nivel de programa é visible para todas as funcións dentro dese programa. En PHP non pasa así.
- Aínda que non vimos como crear funcións en PHP as introduciremos neste punto para explicar os ámbitos.
- Vexamos un exemplo:
1 <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" 2 "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd"> 3 <html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml" lang="es" xml:lang="es"> 4 <head> 5 <meta charset="utf-8" /> 6 <title>Exemplos de códigos php</title> 7 </head> 8 <?php 9 function modificarVar(){ 10 11 $var=10; 12 printf('$var--->%d despois de ser modificada. Impreso dentro da función.<br/>',$var); // PREGUNTA: Por que printf leva comillas simples nesta orde ? 13 14 } 15 ?> 16 <body> 17 <?php 18 19 $var = 100; // Isto é unha variable de cadea 20 21 modificarVar(); 22 printf('$var--->%d despois de ser modificada.Impreso fora da función.<br/>',$var); 23 24 ?> 25 </body> 26 </html>
- O resultado será isto:
1 $var--->10 despois de ser modificada. Impreso dentro da función. 2 $var--->100 despois de ser modificada.Impreso fora da función.
- Como vemos, despois de chamar á función, imprimimos o valor da variable $var, e non imprime o valor modificados, se non o valor orixinal.
- En PHP para poder modificar o valor dunha variable a nivel GLOBAL temos dúas formas:
- Definindo novamente a variable dentro da función antepoñendo o prefixo global.
- Acceder a dita variable có array $GLOBALS[nome_variable]. O nome da variable non leva '$' dentro do array.
- Vexamos o mesmo exemplo aplicando as dúas solucións:
1 <?php 2 function modificarVar(){ 3 4 global $var; 5 6 $var=10; 7 printf('$var--->%d despois de ser modificada. Impreso dentro da función.<br/>',$var); 8 9 } 10 ?>
1 <?php 2 function modificarVar(){ 3 4 $GLOBALS['var']=10; 5 printf('$var--->%d despois de ser modificada. Impreso dentro da función.<br/>',$GLOBALS['var']); 6 7 } 8 ?>
- Nota: Fixarse que a variable $var dentro da función non existe. Se intentamos imprimila non terá valor asinado. Poderíamos traballar cunha variable $var dentro da función, pero sería diferente á $GLOBALS['var'].
- Nos dous casos anteriores o resultado será isto:
1 $var--->10 despois de ser modificada. Impreso dentro da función. 2 $var--->10 despois de ser modificada.Impreso fora da función.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).