Introdución
- Dispoñemos das seguintes ferramentas para monitorizar e controlar o rendemento das aplicacións instaladas:
- Android Profile Tool
- Command Line Tools
Android Profile Tool
- Esta ferramenta vainos permitir comprobar o bo funcionamento da nosa aplicación, asegurando que non consuma moitos recursos.
- Vainos permitir levar un control sobre
- de cada unha das aplicacións do emulador.
- Esta ferramenta substitúe ao DDMS dende a versión 3.1 de Android Studio.
- Para lanzala temos que ir ao menú View => Tool Window => Android Profiler:
Uso do Android Profile Tool
- Android Profile Tool
En Windows, ao lanzar o Android Profile Tool poida que recibamos un aviso do firewall para permitir conexións. Debemos de premer si.
Aparece unha nova ventá, na que aparecen en forma gráfica cunha liña temporal o uso da CPU, MEMORIA e REDE. Na parte superior podemos elixir o dispositivo se temos varios correndo.
Na parte central aparece unha combo no que podemos monitorizar as diferentes aplicacións/procesos que están correndo no emulador.
Na parte da dereita podemos pechar a ventá, facer un zoom sobre a gráfica de uso dos recursos, ou ben parar de tomar mostrar premendo no botón Live.
Se prememos sobre un recurso concreto (neste caso sobre 'Memory'), podemos ver o gasto da aplicación seleccionado sobre dito recurso en concreto. Podemos ir a pantalla anterior premendo na frecha que está ao carón do tipo de recurso. Podemos cambiar o tipo de recurso concreto a monitorizar.
Se nos situamos sobre unha parte da liña temporal aparecen os datos de uso do recurso nese intre.
-- Ángel D. Fernández González -- (2018).