ODS1. Fin da pobreza

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Ods1.jpg
ODS-1-Fin-da-pobreza.jpg

O ODS 1 pretende rematar coa pobreza a nivel global. A proporción da poboación mundial que vive na pobreza extrema diminuíu nos últimos anos pasando ao 8,6% en 2018, en comparación co 36% en 1990. Aínda que se acadaron avances, queda moito por facer, principalmente porque o ritmo do cambio está diminuíndo.

As proxeccións indican que de manterse as tendencias actuais, o 6% da poboación mundial continuará vivindo na pobreza extrema no ano 2030, principalmente nos países de baixos ingresos e naqueles afectados por conflitos e disturbios políticos, en particular na África subsahariana. A cantidade de desastres relacionados co cambio climático tamén está a aumentar, sendo as persoas dos países máis pobres as máis afectadas.

En 2018, o 21,6% da poboación española atopábase en risco de pobreza. Aínda que a cifra supón unha redución duns 300.000 persoas respecto ao ano anterior, aquelas que seguen nesta situación viron empeorar as súa condicións de vida. A pobreza severa sitúse no 6,9% da poboación, a segunda máis alta rexistrada desde 2008.

Sustentabilidad-cita.jpg

No cine

  • En busca de la felicidad
  • Umberto D.