Adaptadores

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Un adaptador:
  • é un elemento intermediario entre unha fonte de datos (XML, Arrays, Ficheiros, BBDD) e un interface de usuario que amosa eses datos, por exemplo un Spinner, unha lista de Selección, etc.
  • Por cada dato crea unha View e a representa e 'carga' os datos dentro de cada View.
  • É o responsable de xerar todos os elementos de representación asociados aos datos. Imaxinar que cada ítem estivera formado por dous subcompoñentes: nome de persoa e foto. O adaptador debe ser quen de poder representar iso.
  • Dispoñemos de varios tipos de adaptadores.
Nesta sección imos empregar:
  • ArrayAdapter, que proporciona un interface de selección a través dun array de obxecto de calquera tipo.
  • RecyclerView.Adapter, empregado para cargar de datos un RecyclerView.


  • Nesta sección imos ver:
  • Como usar ArrayAdapter para presentar datos de selección a través de Spinner e ListView
  • Crear o noso propio adaptador.
  • Como empregar o RecyclerView como forma máis óptima de amosar unha lista.
  • Como usar un Recycler.Adapter personalizado para empregalo no RecyclerView.
  • Como empregar un CardView para darlle un aspecto de 'tarxetas' aos elementos que aparezan dentro do RecyclerView.


  • Referncias:




Enlace a la página principal de la UD4

Enlace a la página principal del curso




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).