Diferencia entre revisiones de «Administración de xestores de contidos»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
Línea 54: Línea 54:
 
* [[MediaWiki]]
 
* [[MediaWiki]]
 
* [[DokuWiki]]
 
* [[DokuWiki]]
 +
 +
= Uso de RSS con CMS =
 +
 +
RSS (Really Simple Syndication) é un formato XML que se utiliza para compartir entre aplicacións contido publicado na web.
 +
 +
A súa utilidade fundamental sería poder acceder dun xeito cómodo a información que se actualiza con frecuencia e procedente de diferentes fontes ou aplicacións.
 +
 +
No noso caso, será o CMS que teñamos instalado o encargado de xerar a información no formato preciso cando se lle solicite unha determinada URL. É o que coñecemos como fonte web.
 +
 +
O lector desa información poderá ser tanto un navegador como calquera outra aplicación capaz de interpretar o formato. Son os coñecidos como agregadores de fontes web.

Revisión actual del 11:13 19 ene 2023

Introdución

Os sistemas xestores de contidos web (Web Content Management Systems, WCMS) son aplicacións web xenéricas que unha vez postas en funcionamento dan solución a unha parte importante dos problemas que deben afrontar as aplicacións web máis específicas.

Algunhas das solucións que incorporan os CMS serían, por exemplo:

  • identificación de usuarios
  • agrupamentos de usuarios e xestión de permisos
  • publicación de contidos incluíndo control de versións
  • modificación do aspecto usando plantillas
  • axudas para a actualización
  • copias de seguridade
  • contidos ou interfaces multilingües
  • busca e filtrado de información

Así, os CMS fan que a construción dunha aplicación web non teña que empezar dende cero e que en moi pouco tempo podamos dispoñer dunha primeira versión que soluciona unha parte importante dos requirimentos.

A partir de aí, os CMS proporcionarannos posibilidades de configuración para ir modificando o comportamento desa versión inicial e achegala á aplicación web que se precisa.

CMS xenéricos

WordPress

WordPress é un sistema de xestión de contido (CMS) baixo licenza GPL fundado por Matt Mullenweg e Mike Little; orientado inicialmente á creación de blogues (sitios web actualizados periodicamente e con orde cronolóxica descendente), permite na actualidade a creación de calquer tipo de páxina web.

Está estruturado na linguaxe PHP e pode executarse en calquer sistema que:

  • use un xestor de base de datos (tradicionalmente MySQL pero tamén PostgreSQL ou MariaDB)
  • use un servidor web (tradicionalmente Apache pero cada vez máis Nginx)

En setembro de 2022 é usado polo 43 % de todolos sitios en Internet e un 64,2 % de todolos sitios baseados en xestores de contido.

É altamente extensible e personalizable mediante o uso de plugins e temas.

Joomla

Drupal

Drupal é un CMS open source escrito en PHP e distribuído baixo a licenza GNU General Public License e naceu como un proxecto persoal dun estudiante universitario holandés, Dries Buytaert. O obxectivo inicial do software era simplemente permitirlles a el e aos seus amigos compartir novas e información. O proxecto converteuse en software libre no 2001 e dende entón unha ampla comunidade de programadores teno convertido nun exitoso CMS. Hoxe úsase para construír dende os contidos web máis simples ás aplicacións web máis complexas, tanto para particulares como para grandes organizacións.

A configuración estándar de Drupal, coñecida como Drupal core, proporciona características básicas que poden ser utilizadas para crear aplicacións web multiusuario típicas nas que sos os usuarios poden xerar o contido. Para iso, inclúe a posibilidade de crear e organizar usuarios e permisos, configurar menús ou controlar o comportamento da aplicación a través dunha interface web de configuración.

Drupal está deseñado para ampliar as súas capacidades incorporando e activando novos módulos. Existen módulos que aumentan as capacidades de Drupal para:

  • comercio electrónico
  • redes sociais
  • xestión de contidos multimedia
  • integración con aplicacións de terceiros
  • ...

Drupal pode executarse en calquera sistema que teña:

  • un servidor web capaz de executar PHP (Apache, IIS, lighttpd ou nginx)
  • un servidor de bases de datos (MySQL, SQLite, ou PostgreSQL) para almacenar tanto os contidos como os detalles da configuración

LMS - CMS para o ensino/aprendizaxe

Aplicacións de colaboración para o ensino

Uso de RSS con CMS

RSS (Really Simple Syndication) é un formato XML que se utiliza para compartir entre aplicacións contido publicado na web.

A súa utilidade fundamental sería poder acceder dun xeito cómodo a información que se actualiza con frecuencia e procedente de diferentes fontes ou aplicacións.

No noso caso, será o CMS que teñamos instalado o encargado de xerar a información no formato preciso cando se lle solicite unha determinada URL. É o que coñecemos como fonte web.

O lector desa información poderá ser tanto un navegador como calquera outra aplicación capaz de interpretar o formato. Son os coñecidos como agregadores de fontes web.