Aplicación das linguaxes de marcas á sindicación de contidos
Sumario
Introdución
A linguaxe para a creación de documentos electrónicos é a linguaxe HTML formada por etiquetas predefinidas para elaborar documentos que conteñen, títulos, párrafos, tablas, enlaces, etc
Para mellorar a linguaxe HTML inicial apareceu XML, desenvolto polo World Wide Web Consortium (W3C). Trátase dunha metalinguaxe que ademáis de permitir o almacenamento da información de forma normalizada permite tamén crear outras linguaxes: por exemplo o XHTML, un HTML con etiquetas de apertura e peche adaptado a sintaxe de XML.
Avanzaremos a continuación estudiando as linguaxes RSS e ATOM, linguaxes con sintaxe XML especializadas na sindicación de contidos:
- RSS
- Really Simple Syndication ou Rich Site Summary (sindicación realmente simple ou resumo do sitio enriquecido)
- Atom
- Outra sublinguaxe XML similar a RSS e co mesmo obxectivo.
Qué é a sindicación de contidos
É un xeito que posibilitan algúns sitios web para distribuir os seus contidos (normalmente noticias) os usuarios suscritos, incluso sen que estes entren nesa web.
En certo modo é como enviar un correo electrónico daquelas novidades ou noticias ofrecidas por ese sitio aos usuarios. Para iso será preciso un software que permita a subscripción e a recepción das novas noticias: os chamados agregadores, lectores de noticias ou lectores RSS
O agregador ou lector de feeds
É unha aplicación de escritorio ou aplicación web (“online”) capaz de interpretar os ficheiros RSS ou Atom recibidos visualizando o seu contido.
Estos ficheiros poseen unha sintaxe normalizada para este propósito de difundir novas.
É habitual utilizar os termos de sindicación de contenidos, distribución feeds ou canales RSS para os sitios que ofrecen este tipo de ficheiros.
Por ejemplo, se se incluen varios feeds RSS no lector de contidos (agregador) é posible ler unha versión resumida dos contidos de múltiples sitios web sen ter que visitar individualmente as páxinas; posibilitando o acceso igualmente á versión completa da nova.
O uso dun lector RSS (o de “feeds”) supón un gran aforro de tempo e de incomodidades cando se é lector habitual de varios sitios web distintos, permitindo botar un vistazo rápido os contidos novos publicados en webs distintas.
Cada vez que o usuario engade un feed ou canle o seu programa lector de feeds dise que se suscribíu a ese feed
Cómo suscribirse a un feed
Os archivos RSS, do mesmo xeito que as páginas web, dispoñen dun enderezo (URL).
Por tanto, para ter acceso ou suscribirse a un feed é hai que coñecer ese enderezo e indicarllo o programa ou lector de feeds. Así poderá atopalo e amosar o seu contido interpretando o código recibido.
Normalmente, os sitios web que dispoñen de feed RSS indican cal é o enderezo dese feed, ou o amosan cunha imaxe.
Agregadores de feeds ou RSS
Algúns lectores RSS locales:
- RSS Bandit
- Winds
- Bloglovin
- clientes de correo electrónico (Outlook, Thunderbird, etc.)
Algúns lectores en liña:
Tamén pode ser posible a lectura de feeds desde o navegador, xa sexa porque esa capacidade xa ven integrada no navegador ou mediante o uso de complementos instalables. Por exemplo para Firefox Feedbro.
Netvibes
Netvibes é un servizo web que actúa a modo de escritorio virtual personalizado, similar á Página Principal Personalizada de Google (iGoogle, xa non existente), MSN Live. Elementalmente se comporta coma unha plataforma de publicación cun panel personalizado para a Web.
Feedly
Feedly é un lector de RSS que permite organizar e acceder rápidamente desde un navegador web ou da súa aplicaciones para teléfonos intelixentes a todas as novas e actualizacións de blogues e demáis páxinas.
Permite entre outras características ordenar todolos contidos de xeito que facilita ao usuario aforrar tempo por non ter que revisar unha a unha todas as fontes de novas.
Existe versión gratuíta e Enterprise.
Outlook
O cliente de correo electrónico de Microsoft tamén permite a subscripción a fontes RSS
Thunderbird
Este coñecido cliente de correo electrónico de sofware libre tamén permite subscribirse a noticias e blogues mediante RSS
Código XML na sindicación de contidos
Veremos exemplos de código XML para RSS e Atom.
Código de RSS
Amosaremos a sintaxe básica dun ficheiro RSS cun exemplo correspondente a unha canle.
<?xml version="1.0" encoding="UTF-8" standalone="yes"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title>Sobre a sindicación de contidos con RSS</title>
<link>http://www.aclasedopeque.com/link>
<description>Para o estudo e comprensión dos códigos RSS e ATOM </description>
<language>es</language>
<item>
<title>Diccionario de la lengua española</title>
<link>https://dle.rae.es/diccionario</link>
<description>Enlace moi útil para consulta</description>
</item>
<item>
<title>Diario Oficial de Extremadura</title>
<link>http://doe.gobex.es/</link>
<description>Boletín oficial da comunidade de Extremadura</description>
</item>
<item>
<title>Agencia Estatal de Meteorología</title>
<link>http://www.aemet.es/es/portada</link>
<description>Para coñecer as previsións meteorológicas</description>
</item>
</channel>
</rss>
Algúns comentarios sobre o código anterior:
- ELEMENTO CHANNEL: Describe a fonte RSS e ten tres elementos secundarios necesarios (e outros secundarios optativos):
- title: Define o título da canle
- link: Enlace para chegar o "sitio" no que se oferta a canle.
- description: Breve descripción do "sitio" que ofrece a canle RSS.
- ELEMENTO ITEM: Tamén posúe tres elementos secundarios necesarios (e outros optativos):
- title: Define o título que actuará de enlace hacia a noticia completa
- link: Enlace para visualizar a nova completa referida en title.
- description: Breve descrición da nova a que se enlazará.
Código dun Atom
Atom é unha sublinguaxe XML. Trátase dun formato moi similar o dos RSS e ten o mesmo obxectivo: permitir a distribución de contidos e novas de sitios web.
Observa o siguiente código que permite enlazar coa mesma información que a ofrecida polo código RSS anterior.
<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<feed xmlns="http://www.w3.org/2005/Atom">
<title>Sindicación de contido</title>
<id>http://aclasedopeque.com</id>
<updated>2021-12-28T18:30:02Z</updated>
<author> <name>Profesor LMSXI</name> </author>
<entry>
<title>Diccionario de la lengua española</title>
<id>https://dle.rae.es/diccionario</id>
<link rel="alternate" href="https://dle.rae.es/diccionario"/>
<summary>Enlace esencial para consulta</summary>
<updated>2021-12-26T18:30:02Z</updated>
</entry>
<entry>
<title>Diario Oficial de Extremadura</title>
<id>http://doe.gobex.es/</id>
<link rel="alternate" href="http://doe.gobex.es/"/>
<summary>Boletín oficial de la comunidad de Extremadura</summary>
<updated>2021-12-27T18:30:02Z</updated>
</entry>
<entry>
<title>Agencia Estatal de Meteorología</title>
<id>http://www.aemet.es/es/portada</id>
<link rel="alternate" href="http://www.aemet.es/es/portada"/>
<summary>Para coñecer as previsións meteorológicas</summary>
<updated>2021-12-28T18:30:02Z</updated>
</entry>
</feed>
Algúns comentarios sobre o código anterior:
- ELEMENTOS DE FEED
- title: Contén un texto asociado relacionado co contido da nova
- id: Identifica o dominio de Internet que oferta a canle
- updated e autor: Última data de modificación e autor do documento
- ELEMENTO ENTRY: Aquí decláranse os distintos enlaces
- title: Título que representará ó enlace que se describe
- id, link: URI do “sitio” ó que se enlazará
- summary: Texto/resumo da nova coa que se enlazará
- updated: Igual que no apartado anterior, data da última modificación.
Validando os códigos
Se algunha vez codificas documentos RSS ou Atom e queres comprobar se se trata dun documento válido (ou atopar erros):
Poderás pegar o código e comrprobar se a sintaxe é ou non é correcta.
Tamén pode dar recomendacións doutras etiquetas que é convinte utilizarse. As ata aquí aprendidas son as básicas pero suficientes para comprender o funcionamento destas tecnoloxías.
Non é a única posibilidade, xa que hai outros moitos validadores de feeds, ou con ferramentas software coma a de FeedsForaAll.
Futuro de RSS e Atom
Algo que nos pode facer sospeitar do pouco éxito e escaso futuro das tecnoloxías RSS/Atom é a desaparición de Google Reader, un lector que ofertaba unha interfaz web para ler as noticias recopiladas nestes formatos de ficheiros. Apareceu no 2005 e pechou no 2013.
Ampliación
Tarefas
Referencias
- XML RSS en w3schools
- Aplicaciones de los LM a la sindicación de contenidos (RSS y Atom)
- [1]
- Unidade 3 do manual do San Clemente
- XML - Sindicación de contenidos con RSS
- Difference between RSS and ATOM
- Información sobre RSS do CNTG
- Explicación RSS da Biblioteca de Galicia
- Que é RSS
- Por qué usar RSS (English)