Diferencia entre revisiones de «Arquitectura cliente/servidor»
(Página creada con «A arquitectura cliente/servidor é unha forma de organizar recursos que está presente en numerosas configuracións dentro dos sistemas informáticos. Consistirá na exist…») |
|||
Línea 10: | Línea 10: | ||
Finalmente, é imprescindible que o servidor manexe '''unha''' cola de peticións, de xeito que non se perdan as peticións que cheguen cando está a atender outras anteriores ou de maior prioridade. | Finalmente, é imprescindible que o servidor manexe '''unha''' cola de peticións, de xeito que non se perdan as peticións que cheguen cando está a atender outras anteriores ou de maior prioridade. | ||
+ | |||
+ | = Vantaxes = | ||
As vantaxes deste tipo de organización son múltiples: | As vantaxes deste tipo de organización son múltiples: | ||
Línea 24: | Línea 26: | ||
; Adaptabilidade. | ; Adaptabilidade. | ||
: Pódese facer que o servidor se comporte de formas diferentes en función de factores que se consideren de importancia, por exemplo, o tipo de usuario, o cliente utilizado, a carga actual do sistema ou o momento da petición. | : Pódese facer que o servidor se comporte de formas diferentes en función de factores que se consideren de importancia, por exemplo, o tipo de usuario, o cliente utilizado, a carga actual do sistema ou o momento da petición. | ||
+ | |||
+ | = Inconvintes = | ||
E tamén poderá presentar algunha dificultade: | E tamén poderá presentar algunha dificultade: |
Revisión del 12:39 18 ene 2023
A arquitectura cliente/servidor é unha forma de organizar recursos que está presente en numerosas configuracións dentro dos sistemas informáticos.
Consistirá na existencia dun software, o servidor, que se encargará de facilitar e controlar o acceso a algún recurso centralizado (hardware ou software). Habitualmente ese servidor estará en execución continua e sen interación directa con usuarios. Probablemente irá anotando as incidencias detectadas durante a súa execución nalgún tipo de rexistro, ou log.
Para poder acceder ao recurso do que se encarga o servidor, haberá que executar outro software, o cliente. Este fará peticións ao servidor para utilizar o recurso de que se trate, enviando toda a información precisa, e recibirá as contestacións que se produzan. Normalmente este cliente encargarse de presentar a interacción cos usuarios humanos (User Interface, UI).
Para que cliente e servidor se entendan e podan enviar peticións e respostas respectivamente, deben estar previamente de acordo na forma que lle teñen que dar a esas comunicacións. Iso é o que chamamos un protocolo, o conxunto de regras e formatos que gobernan unha comunicación entre procesos.
E ese intercambio de información tense que producir por algunha canle pola que podan circular datos. A implementación habitual será un porto TCP/IP, é dicir, un número que identifique a un proceso dentro dunha máquina na que pode haber múltiples procesos en execución.
Finalmente, é imprescindible que o servidor manexe unha cola de peticións, de xeito que non se perdan as peticións que cheguen cando está a atender outras anteriores ou de maior prioridade.
Vantaxes
As vantaxes deste tipo de organización son múltiples:
- Centralización
- O recurso do que se trate, funciona baixo un control centralizado, co que é doado establecer políticas de acceso ou tomar decisións de deseño.
- Copias de seguridade
- Facilítase a realización de copias de seguridade globais e a recuperación en caso de fallo.
- Actualización
- Calquera cambio no recurso pódese implementar dun xeito rápido, afectando inmeditamente a todos os clientes.
- Escalabilidade
- Cando o recurso non sexa suficiente para atender as demandas dos clientes, é doado facer os cambios precisos no servidor para pasar a dar un mellor servizo.
- Accesibilidade.
- Se o servidor está accesible nunha rede.
- Adaptabilidade.
- Pódese facer que o servidor se comporte de formas diferentes en función de factores que se consideren de importancia, por exemplo, o tipo de usuario, o cliente utilizado, a carga actual do sistema ou o momento da petición.
Inconvintes
E tamén poderá presentar algunha dificultade:
- Conxestión
- Pode suceder que demasiadas peticións dos clientess supoñan unha sobrecarga do servidor que implique a súa parada.
- Parada do servidor
- A centralización implica que o servidor se converte na peza fundamental do sistema e cando non funciona ou funciona mal, poden ver quedar todos os clientes sen acceso ao recurso.
- Custe
- É habitual que o software de tipo servidor resulte caro pola súa complexidade, ou que haxa que investir máis do esperado en escalar o sistema para dar un bo servizo a todos os clientes.
- Complexidade do mantemento.
- Precísanse profesionais moi cualificados para manter en correcto funcionamento os diferentes servidores dunha rede.
Os casos de configuracións clinte/servidor son múltiples, pero algún exemplos poderían ser:
- mainframe con terminais lixeiros
- servidor web
- servidor de aplicacións
- servidor de ficheiros
- servidor de datos