Clases e obxectos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nas linguaxes orientadas o obxectos a clase é o concepto fundamental co que se construirá toda a funcionalidade dos programas. Definimos unha clase como a agrupación dun conxunto de datos, aos que chamaremos atributos (ou variables membro), xunto con código directamente relacionado coa manipulación deses datos distribuído en funcións, que chamaremos métodos. Java é unha linguaxe na que non existen exepcións á regra de que todo o que deba formar parte dun programa debe pertencer a unha clase. Calquera variable que se queira manipular é atributo dalgunha clase e calquera código que se queira introducir deberá incluírse como método dalgunha clase. Un dos usos habituais das clases será representar a un conxunto de objetos que comparten estrutura e comportamentos. Estas clases serán unha combinación determinada de atributos e métodos funcionan no programa como un tipo de dato complexo, non primitivo. Por tanto, un dos posibles obxectivos das clases será a de servir como prototipo de obxectos.