Clasificación das redes

De MediaWiki
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introducción

Segundo a súa titularidade

En función do propietario das liñas que permiten a conexión dunha rede, podemos falar de tres tipos de liñas:

  • Liñas privadas: Dise que unha liña é privada cando ten un propietario e só son utilizadas polo seu propietario. As liñas utilizadas nas redes de área local son privadas, xa que todo o seu percorrido é propiedade do dono da rede.
  • Liñas públicas: Normalmente están en poder das compañías telefónicas e, polo tanto, teñen un ámbito de actuación nacional ou supranacional. O usuario dunha liña pública contrata os servizos de comunicacións coa compañía que lle subministra a liña en réxime de aluguer.
  • Liñas adicadas: Unha liña pode ser pública, pero iso non significa que sexa exclusiva para quen a aluga. Nunha liña pública mestúranse datos de diferentes usuarios, aínda que a rede se encargue de que cada dato chegue ó seu destino correcto. En ocasións interesa que a liña de datos pública só poida ser utilizada con exclusividade por dous usuarios ou por dous equipos concretos. Dise entón que a liña de comunicacións é adicada.

Segundo o medio de transmisión

As redes poden comunicarse mediante medios de transmisión:

  • guiados ou alámbricos
  • non guiados ou inalámbricos
Communication channel classification - en.png

Segundo a extensión da rede

En función do tamaño dunha rede, a podemos clasificar nun dos seguintes grupos:

  • PAN (rede de área persoal ou personal area network): Comunican dispositivos do ordenador, como o teclado ou o rato, ata teléfonos móbiles ou PDAs. Cobren só uns poucos metros, e aínda que poden ser redes conectadas con cable (por exemplo, USB), as máis interesantes para nós son as que non usan fíos (utilizan tecnoloxías coma bluetooth).
  • LAN (rede de área local ou local area network): Comunican un conxunto de ordenadores colocados nunha área xeográfica reducida (aulas, edificios, campus). Na súa construción úsanse liñas de comunicación privadas. Dado que o seu tamaño é restrinxido, o tempo de transmisión no peor dos casos é coñecido. As velocidades de transmisión que proporcionan son elevadas, xa que o máis habitual é que sexan de 100 Mbps (megabits por segundo), aínda que se poden atopar velocidades dende 10 Mbps (en redes antigas) ata 1Gbps ou 10Gbps (en redes modernas de altas prestacións).
    Unha LAN pode ser moi simple (dous equipos conectados cun cable) ou complexa (centos de equipos e periféricos conectados dentro dunha gran empresa).
  • MAN (rede de área metropolitana ou metropolitan area network): Cobren un área xeográfica restrinxida a unha cidade; xeralmente unen varias LANs mediante liñas públicas ou privadas.
  • WAN (rede de área extensa ou wide area network): Abarcan áreas xeográficas tan grandes coma un país ou como o mundo enteiro (Internet). Usan liñas públicas para a súa conexión. Unha WAN consta de varias LANs e ordenadores interconectados. Podemos ver Internet como a WAN suprema. Unha internet é unha rede de redes vinculadas por ruteadores (Internet é un exemplo dunha internet).

Segundo a técnica empregada para transferir a información

  • Redes conmutadas (punto a punto), con tres métodos. Conmutación de:
    • Circuitos
    • Paquetes
    • Mensaxes
  • Redes de difusión (multipunto)

Créditos