Introdución
- En Drupal aparecerán, por necesidades, funcións que imos ter que acceder de forma continuada.
- Para evitar que teñamos que navegar polos menús de opcións ata chegar a opción desexada, podemos crear un 'atallo' a esa función e que apareza nun menú de atallos dentro de Drupal.
Engadindo un atallo
Opción a)
- Creando un atallo para limpar a caché de Drupal
Neste exemplo imos ver como crear un atallo a opción de 'Limpar caché'. Para iso teremos que ir a onde se atopa dita opción.
Copiamos a URL do navegador.
Imos a opción Administrar => Configuración => Atajos.
Agora podemos crear un conxunto de atallos ou ben editar o conxunto por defecto e engadir un atallo. Un conxunto ven ser unha agrupación de atallos. Un usuario só pode ter un conxunto de atallos por defecto. Nos imos a Engadir un novo conxunto premendo o botón superior.
Damos un nome ao novo conxunto e prememos o botón de Gardar.
Por defecto aparecen os mesmos atallos dos que dispoñemos no conxunto de atallos predeterminado. Agora podemos eliminalos ou engadir atallos novos. No noso caso imos a engadir o atallo copiado nos pasos anterior...Prememos Añadir Atajo.
Damos un nome ao atallo e a ruta. Debemos pegar a url copiado no paso anterior, pero eliminando a parte da URL que apunta ao noso sitio web. Polo tanto, no noso caso quedaría: /admin/config/development/performance. Prememos o botón Guardar.
Temos creado o novo atallo dentro do conxunto creado. Agora podemos editalo ou eliminalo...Agora imos asociar dito conxunto de atallos ao usuario Drupal.
Prememos sobre o usuario, escollemos a opción de menú Editar el perfil, prememos na lapela Atajos escollemos o atallo creado e prememos o botón Cambiar conunto.
Se prememos a opción de Regresar al sitio e prememos a opción de Atajos podemos visualizar o novo menú de atallos creado.
Opción b)
- Esta opción é máis sinxela que a anterior. Faise graficamente.
- Engadindo un atallo graficamente
Imos a calquera páxina que queiramos engadir ao menú de atallos. No exemplo escollemos a opción de Administrar => Estructura => Menús. Na parte superior imos ver unha estrela.
Se prememos sobre ela, quedará 'Activa', de cor amarela (podemos desactivala premendo outra vez sobre a mesma estrela). Debemos premer a opción Regresar al sitio para que volva a cargar o menú de atallos coa nova configuración.
Agora xa aparece a nova entrada.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).