Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Creando novos contidos»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 97: Línea 97:
 
==== Opcións de Rutal URL ====
 
==== Opcións de Rutal URL ====
  
[[Imagen:Drupal_contidos_17.jpg|400px|center]]
+
[[Imagen:Drupal_contidos_17.jpg|400px]]
  
 +
<br/>
 
* Cando creamos un novo contido Drupal o trata como un nodo e asocia a dito contido unha URL baseada nese nodo creado.
 
* Cando creamos un novo contido Drupal o trata como un nodo e asocia a dito contido unha URL baseada nese nodo creado.
  

Revisión del 09:30 29 sep 2016

Creando novos contidos

  • Por defecto, Drupal ven con dous tipos de contidos: Artigos e Páxinas estáticas.
  • Os artigos son entradas que están asociadas a unha data e que van dando paso a novas entradas, creando unha lista...Drupal permite que os usuarios de noso sitio poidan facer comentarios sobre o contido publicado.
  • As páxinas estáticas son contidos estáticos que non van variar, como por exemplo a páxina de presentación, dirección da empresa, servizos que ofrecemos,...


Nota: Un sitio interesante para engadir contido de proba é: http://es.lipsum.com/

Permite xerar parágrafos e textos aleatorios para engadir contidos novos.


Artigos

  • Como vemos na parte superior temos unhas lapelas onde podemos Editar ou Eliminar o arquivo. Isto aparece xa que estamos conectados cun usuario que pode editar e eliminar artigos (de feito pode facer todo :) ). Vexamos como se vería dito artigo cun usuario que non estivera validado (non inicia sesión):
Drupal contidos 7.jpg


Revisións

  • Cando creamos un contido podemos gardar o historial de modificacións que lle facemos. En calquera momento podemos 'volver' a unha revisión anterior.


  • Imos editar o artigo (premendo na lapela Editar estando validado cun usuario) e imos engadir unhas novas etiquetas ás xa existentes: sistema solar, sol
  • Na parte da dereita imos despregar as opcións de Crear una nueva revisión. Na mensaxe poñemos: Engadida etiquetas novas
Drupal contidos 8.jpg


Prememos o botón de Guardar y mantener publicado.


  • Podemos comprobar como agora aparece unha lapela nova de nome Revisiones.
Drupal contidos 9.jpg
Como podemos comprobar temos a opción de 'Revertir' a o punto anterior as modificacións feitas. Se estamos seguros de non querer gardar o estado anterior podemos eliminar dito estado (premendo la lista onde aparece a opción de 'Revertir').


Opcións de Menú

Drupal contidos 11.jpg


  • Neste apartado podemos indicar se o contido (neste caso un artigo) teña unha entrada en algúns dos menús que se atopan no Tema instalado.
No exemplo imos engadir un enlace do artigo ao menú principal de navegación. Se temos varios enlaces (varios artigos neste caso) no menú, aparecerán antes os que teñan un peso máis pequeno.
No exemplo aparecerá desta forma:
Drupal contidos 12.jpg


  • Opcións:
  • Título do menú: Texto que se amosará no menú.
  • Descripción: Texto que aparece cando pasamos o rato por enriba do elemento de menú.
  • Elemento padre: Indica o menú sobre o que se creará unha nova entrada que fará referencia a o contido.
  • Peso: Cando temos varios elementos de menú se visualizarán primeiro (estará máis á esquerda ou máis arriba) os que teñan un peso menor.

Opcións de Comentarios

Drupal contidos 13.jpg

  • Sobre un artigo é posible facer comentarios por parte dos usuarios rexistrados.
Por defecto está aberto a que os usuarios poidan facer comentarios o artigo publicado.
Imos ver un exemplo, polo que imos crear un usuario que teña permiso para comentar.
Teredes que mirar a sección da Wiki referida a creación de usuarios.
Creado o usuario imos entrar ao sitio web con dito usuario e imos comentar o artigo publicado polo usuario drupal.


  • Unha vez creado un comentario aparecerá unha nova opción na sección 'comentario' do artigo:
Drupal contidos 19.jpg
  • Abierta: Permite comentarios por parte dos usuarios. Ten que ter permiso de 'Enviar Comentarios'.
  • Cerrada: Amosa os comentarios feitos pero non deixa facer novos comentarios.
  • Oculto: Non amosa nin permite novos comentarios.

Opcións de Rutal URL

Drupal contidos 17.jpg


  • Cando creamos un novo contido Drupal o trata como un nodo e asocia a dito contido unha URL baseada nese nodo creado.
  • Podemos facer que un contido teña un nome 'máis amigable', asociando a dito contido un alias.
No exemplo imos cambiar a nome polo seguinte alias: /sol (fixádevos que tedes que poñer unha / antes do alias)

Nota: Para que esta opción estea dispoñible ten que estar activado o módulo Path (está por defecto).

Drupal contidos 18.jpg





  • Cando creamos un alias para unha páxina debe comezar con /.

Tipos de control (widget) asociados a un campo

  • Cando creamos un tipo de contido, imos creando novos campos dentro dese tipo.
  • Cada campo pode ter 'asociado' un control (widget) para a súa visualización.
Drupal contidos 1.jpg





  • Os diferentes campos terán diferentes tipos de controis en función do seu tipo.
Drupal contidos 2.jpg
Nesta imaxe o campo 'contact' é un tipo de campo Referencia de Entidad o cal vai servir para gardar o nome dun usuario rexistrado. Podemos facer que a súa visualización sexa unha lista onde se poida escoller a un usuario en base a uns criterios, ben que sexa unha caixa de texto onde se teña que escribir o nome ou un conxunto de radiobuttons onde aparecen todos os usuarios e se pode escoller un.



Páxina principal

  • Se queremos que varios contidos se poidan visualizar na páxina principal, teremos ir Administrar => Configurar => Configuraciones básicas del sitio nque cambiar a URL da sección Página de Inicio: /node
  • Para cambiar o número de 'elementos' (artigos, páxinas,...) que aparecen na principal:
  • Drupal 7: Administrar => Configurar => Configuraciones básicas del sitio.
  • Drupal 8: Administrar => Estructura => Vistas. Dentro do listado de vistas editamos a vista Front Page e xa aparecen as opcións para personalizar a páxina principal.




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).