DRUPAL Creando novos contidos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Creando novos contidos

  • Por defecto, Drupal ven con dous tipos de contidos: Artigos e Páxinas estáticas.
  • Os artigos son entradas que están asociadas a unha data e que van dando paso a novas entradas, creando unha lista...Drupal permite que os usuarios de noso sitio poidan facer comentarios sobre o contido publicado.
  • As páxinas estáticas son contidos estáticos que non van variar, como por exemplo a páxina de presentación, dirección da empresa, servizos que ofrecemos,...
Nota: Un sitio interesante para engadir contido de proba é: http://es.lipsum.com/
Permite xerar parágrafos e textos aleatorios para engadir contidos novos.


Artigos

  • Como vemos na parte superior temos unhas lapelas onde podemos Editar ou Eliminar o arquivo. Isto aparece xa que estamos conectados cun usuario que pode editar e eliminar artigos (de feito pode facer todo :) ). Vexamos como se vería dito artigo cun usuario que non estivera validado (non inicia sesión):
Drupal contidos 7.jpg



  • Cando creamos un alias para unha páxina debe comezar con /.

Tipos de control (widget) asociados a un campo

  • Cando creamos un tipo de contido, imos creando novos campos dentro dese tipo.
  • Cada campo pode ter 'asociado' un control (widget) para a súa visualización.
Drupal contidos 1.jpg





  • Os diferentes campos terán diferentes tipos de controis en función do seu tipo.
Drupal contidos 2.jpg
Nesta imaxe o campo 'contact' é un tipo de campo Referencia de Entidad o cal vai servir para gardar o nome dun usuario rexistrado. Podemos facer que a súa visualización sexa unha lista onde se poida escoller a un usuario en base a uns criterios, ben que sexa unha caixa de texto onde se teña que escribir o nome ou un conxunto de radiobuttons onde aparecen todos os usuarios e se pode escoller un.



Páxina principal

  • Se queremos que varios contidos se poidan visualizar na páxina principal, teremos ir Administrar => Configurar => Configuraciones básicas del sitio nque cambiar a URL da sección Página de Inicio: /node
  • Para cambiar o número de 'elementos' (artigos, páxinas,...) que aparecen na principal:
  • Drupal 7: Administrar => Configurar => Configuraciones básicas del sitio.
  • Drupal 8: Administrar => Estructura => Vistas. Dentro do listado de vistas editamos a vista Front Page e xa aparecen as opcións para personalizar a páxina principal.




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).