DRUPAL Creando novos contidos
Sumario
Creando novos contidos
- Por defecto, Drupal ven con dous tipos de contidos: Artigos e Páxinas estáticas.
- Os artigos son entradas que están asociadas a unha data e que van dando paso a novas entradas, creando unha lista...Drupal permite que os usuarios de noso sitio poidan facer comentarios sobre o contido publicado.
- As páxinas estáticas son contidos estáticos que non van variar, como por exemplo a páxina de presentación, dirección da empresa, servizos que ofrecemos,...
Nota: Un sitio interesante para engadir contido de proba é: http://es.lipsum.com/
- Permite xerar parágrafos e textos aleatorios para engadir contidos novos.
Artigos
Agora podemos ver dous bloques diferenciados. Na parte esquerda temos a información que vai levar o artigo (pódese subir unha foto có mesmo). E na parte da dereita diferentes opcións de publicación.
Imos poñer os seguintes datos no artigo:
Título: * O meu primeiro artigo;
Cuerpo: * Este é un artigo de proba de como utilizar Drupal.;
Etiquetas: * artigo,proba;
Imagen: * Escoller unha imaxe calquera;
Texto alternativo: * Imaxen sol
Premede o botón Guardar y publicar.
- Como vemos na parte superior temos unhas lapelas onde podemos Editar ou Eliminar o arquivo. Isto aparece xa que estamos conectados cun usuario que pode editar e eliminar artigos (de feito pode facer todo :) ). Vexamos como se vería dito artigo cun usuario que non estivera validado (non inicia sesión):
Revisións
- Cando creamos un contido podemos gardar o historial de modificacións que lle facemos. En calquera momento podemos 'volver' a unha revisión anterior.
- Imos editar o artigo (premendo na lapela Editar estando validado cun usuario) e imos engadir unhas novas etiquetas ás xa existentes: sistema solar, sol
- Na parte da dereita imos despregar as opcións de Crear una nueva revisión. Na mensaxe poñemos: Engadida etiquetas novas
- Prememos o botón de Guardar y mantener publicado.
- Podemos comprobar como agora aparece unha lapela nova de nome Revisiones.
- Como podemos comprobar temos a opción de 'Revertir' a o punto anterior as modificacións feitas. Se estamos seguros de non querer gardar o estado anterior podemos eliminar dito estado (premendo la lista onde aparece a opción de 'Revertir').
Opcións de Menú
- Neste apartado podemos indicar se o contido (neste caso un artigo) teña unha entrada en algúns dos menús que se atopan no Tema instalado.
- No exemplo imos engadir un enlace do artigo ao menú principal de navegación. Se temos varios enlaces (varios artigos neste caso) no menú, aparecerán antes os que teñan un peso máis pequeno.
- No exemplo aparecerá desta forma:
Opcións de Comentarios
- Sobre un artigo é posible facer comentarios por parte dos usuarios rexistrados.
- Por defecto está aberto a que os usuarios poidan facer comentarios o artigo publicado.
- Imos ver un exemplo, polo que imos crear un usuario que teña permiso para comentar.
- Teredes que mirar a sección da Wiki referida a creación de usuarios.
- Creado o usuario imos entrar ao sitio web con dito usuario e imos comentar o artigo publicado polo usuario drupal.
- Unha vez creado un comentario aparecerá unha nova opción na sección 'comentario' do artigo:
- Abierta: Permite comentarios por parte dos usuarios. Ten que ter permiso de 'Enviar Comentarios'.
- Cerrada: Amosa os comentarios feitos pero non deixa facer novos comentarios.
- Oculto: Non amosa nin permite novos comentarios.
Opcións de Rutal URL
- Cando creamos un novo contido Drupal o trata como un nodo e asocia a dito contido unha URL baseada nese nodo creado.
- No exemplo anterior podedes ver como a URL do artigo é algo parecido a isto: http://localhost/drupal/node/1
- Podemos facer que un contido teña un nome 'máis amigable', asociando a dito contido un alias.
- No exemplo imos cambiar a nome polo seguinte alias: /sol (fixádevos que tedes que poñer unha / antes do alias)
Nota: Para que esta opción estea dispoñible ten que estar activado o módulo Path (está por defecto).
- Cando creamos un alias para unha páxina debe comezar con /.
Tipos de control (widget) asociados a un campo
- Cando creamos un tipo de contido, imos creando novos campos dentro dese tipo.
- Cada campo pode ter 'asociado' un control (widget) para a súa visualización.
- Os diferentes campos terán diferentes tipos de controis en función do seu tipo.
Páxina principal
- Se queremos que varios contidos se poidan visualizar na páxina principal, teremos ir Administrar => Configurar => Configuraciones básicas del sitio nque cambiar a URL da sección Página de Inicio: /node
- Para cambiar o número de 'elementos' (artigos, páxinas,...) que aparecen na principal:
- Drupal 7: Administrar => Configurar => Configuraciones básicas del sitio.
- Drupal 8: Administrar => Estructura => Vistas. Dentro do listado de vistas editamos a vista Front Page e xa aparecen as opcións para personalizar a páxina principal.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).