Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Módulo View»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 125: Línea 125:

</gallery>

</gallery>

* Introducimos varios datos de cada tipo de contido, intentando que a lo menos un profesor imparta dous módulos...

<gallery caption="Creando a relación na vista" widths="350" heights="300px" perrow="3">

Image:Drupal modulos view 25B.jpg| Creamos unha nova vista de nome 'Profesor_Módulo'. Modificamos os datos indicados na imaxe.

Image:Drupal_modulos_view_26.jpg| Os datos que teremos son os indicados na imaxe. O único campo que se amosa polo de agora é o nome do profesor, que está enlazado cos datos do mesmo.

Image:Drupal_modulos_view_27.jpg| Imos a sección de 'Avanzado' e prememos no botón '''Añadir''' da parte '''Relacións'''.

Image:Drupal_modulos_view_28.jpg| Buscamos nos contidos o campo '''Contenido usando field_profesor_que_imparte'''. O seleccionamos e prememos o botón '''Agregar y configurar relaciones'''.
Fixarse que temos outro campo de nome 'Contenido referenciado desde field_profesor_que_imparte'. Este campo é o que se atopa no tipo de contido 'Módulos do Centro'. Se engadimos este non funcionará xa que a relación a fai có outro.
Fixarse que di: '''relacionar cada contenido''' => Quere dicir que cando eu engada a esta vista un campo do tipo de contido 'Modulos do Centro' (por exemplo número de horas), este contido debe estar 'relacionado' có field_profesor que se atopa no tipo de contido 'Profesores do Centro'.

Image:Drupal_modulos_view_29.jpg| Prememos o botón '''Aplicar'''.

Image:Drupal_modulos_view_30.jpg| Importante, gardamos os cambios antes de seguir.

Image:Drupal_modulos_view_31.jpg| Agora engadiremos os campos do tipo de contido 'Módulos do Centro'.

Image:Drupal_modulos_view_32.jpg| Buscamos o número de horas e o nome do módulo do tipo de contido 'Módulos do Centro'.

Image:Drupal_modulos_view_33.jpg| Empeza o asistente para configurar o campo Nome do Módulo. Importante: Temos que seleccionar a relación que creamos no paso anterior. No exemplo tamén facemos que o nome do profesor sexa un enlace aos seus datos completo.

Image:Drupal_modulos_view_34.jpg| Facemos o da relación có campo 'Número de horas'.

Image:Drupal_modulos_view_30.jpg| Importante, gardamos os cambios antes de seguir.

Image:Drupal_modulos_view_35.jpg| Se visualizamos a páxina teremos o resultado correcto.

</gallery>

-- [[Usuario:angelfg|Ángel D. Fernández González]] -- (2016).

-- [[Usuario:angelfg|Ángel D. Fernández González]] -- (2016).

Revisión del 22:55 14 sep 2016

Introdución

• Porqué é tan importante este módulo ? Con este módulo imos poder facer 'consultas' á base de datos de Drupal (onde se gardan todos os contidos) e crear un novo contido a partires de dita consulta.
• Imos poder determinar:
• O orixe de datos de onde obtemos a información.
• Os campos que conforman a consulta.
• As condicións que queremos que cumpran os campos para entrar na vista.
• Podemos engadir criterios de ordenación.
• Por exemplo:
• Imaxinemos que temos un sitio web de traballos. Cun view podemos obter unha nova páxina que obteña os traballos dunha categoría determinada e que os amose nunha táboa de forma ordenada por data.
• Imaxinemos que temos un sitio web de produtos e queremos crear unha páxina na que se amose en forma de Grid os produtos dun tipo determinado. Queremos que cada produto do grid amose o seu nome e prezo e que cando se preme sobre o nome vaiamos á páxina do produto. Queremos que o grid sexa 3x3 e con paxinación.
• Como vemos os Views van permitirnos facer consultas como se fixeramos consultas SQL contra unha base de datos, pero non só vai devolver os contidos, se non que vai a establecer un formato de presentación deses contidos (con filtrado e ordeación) e o resultado vai poder ser unha páxina, un bloque para poñer nalgunha sección do Theme,...

Paso de parámetros a unha vista

• NOTA: Esta sección está asociada á realización dun EXERCICIO.

• Pode suceder que teñamos unha vista con datos dun tipo determinado e queiramos que ditos datos aparezan filtrados por un campo da vista, de tal forma que apareza previamente un resumo có número de elementos que teñen un valor determinado para ese campo, e que ao premer aparezan a lista de elementos da vista que teñan ese dato.
• Vexamos un exemplo.

Caso Práctico

• Imaxinemos que temos unha tenda de ordenadores e vendemos compoñentes do mesmo.
• A vista de nome produtos_informaticos ten os seguintes campos:
• nome
• prezo
• tipo, sendo tipo unha lista cos seguintes valores: CPU, Memoria, Hard Disk.

• Unha vez engadidos, crearemos unha vista en forma de táboa para que amose os produtos. Polo tanto iremos a Administrar => Estructura => Vistas e crearemos unha nova vista.

NOTA IMPORTANTE: Fixarse como DRUPAL envía os datos dos parámetros na URL. Así se escollo CPU a url terá este aspecto: http://localhost/drupal/lista-de-produtos-informaticos/cpu

• O que imos facer agora é que se nos amose unha lista de 'tipos de produto' có número de produtos de cada tipo e que ao premer aparece unha táboa como a anterior pero só do tipo de produto seleccionado. Polo tanto é como se pasáramos un parámetro á vista para que escolla os dun tipo. Vería a ser a parte where dunha sentenza SQL.

Relacións

• Pode suceder que necesitemos relacionar un tipo de contido con outro para crear unha vista no que haia campos dos dous contidos.
• Para que isto sexa correcto normalmente teremos que ter algunha relación entre os dous tipos de contido.
• Nota: Isto sería o equivalente a facer un JOIN en SQL (relacionamos dúas táboas a través das súas claves primaria-foránea).
• Por exemplo, pode ter un tipo de contido no que gardo información sobre Coches que se gardan nun garaxe. Cada coche está 'relacionado' co seu dono. Por outra banda teño os donos cos seus datos (teléfono, dirección,...). Cando dou de alta un coche, asocio dito coche a un dono, escollendo o dono,por exemplo, dunha lista (isto xa o fixemos no punto anterior).
Pero resulta que necesito unha vista na que aparezan de vez os datos do coche xunto co nome e teléfono do dono, sen ter que premer sobre o dono para que me amose dito dato.
Necesitamos por tanto 'relacionar' o coche cos donos dentro da vista, e a relación a faremos por medio do identificar do dono, xa que este se atopa nos dous tipos de contidos.
• Vexamos un exemplo.

Caso Práctico

• Imaxinemos que temos dous tipos de contido:
• Tipo de contido: Profesores do Centro (cos seguintes campos)
• Titulo (aparece cando se crea o tipo de contido)
• Nome
• Foto (se lle aplica un filtro para reducir o seu tamaño a 260x260)
• Campo comentarios
Todos os campos son obrigatorios.
• Tipo de contido: Módulos do Centro (cos seguintes campos)
• Titulo (aparece cando se crea o tipo de contido)
• Nome do Módulo: Texto sen formato.
• Número de Horas: Número entero cun mínimo dunha hora.
• Ciclo ao que pertence: Lista de selección cos seguintes datos: ASI, DAW e DAM. Só se pode seleccionar un. Se podería crear outro tipo de contido (Ciclos) e crear unha referencia a dito tipo.
• Profesor que imparte: fai referencia a entidade 'Profesor do Centro' creado antes.
Todos os campos son obrigatorios.
• Este último campo é o que nos vai servir de 'enlace' entre o tipo 'Profesores do Centro' e 'Módulos do Centro'.

• Introducimos varios datos de cada tipo de contido, intentando que a lo menos un profesor imparta dous módulos...

-- Ángel D. Fernández González -- (2016).