DRUPAL Módulo View

De MediaWiki
Revisión del 17:10 14 sep 2016 de Wiki (discusión | contribuciones) (Paso de parámetros a unha vista)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Porqué é tan importante este módulo ? Con este módulo imos poder facer 'consultas' á base de datos de Drupal (onde se gardan todos os contidos) e crear un novo contido a partires de dita consulta.
  • Imos poder determinar:
  • O orixe de datos de onde obtemos a información.
  • Os campos que conforman a consulta.
  • As condicións que queremos que cumpran os campos para entrar na vista.
  • Podemos engadir criterios de ordenación.
  • Por exemplo:
  • Imaxinemos que temos un sitio web de traballos. Cun view podemos obter unha nova páxina que obteña os traballos dunha categoría determinada e que os amose nunha táboa de forma ordenada por data.
  • Imaxinemos que temos un sitio web de produtos e queremos crear unha páxina na que se amose en forma de Grid os produtos dun tipo determinado. Queremos que cada produto do grid amose o seu nome e prezo e que cando se preme sobre o nome vaiamos á páxina do produto. Queremos que o grid sexa 3x3 e con paxinación.
  • Como vemos os Views van permitirnos facer consultas como se fixeramos consultas SQL contra unha base de datos, pero non só vai devolver os contidos, se non que vai a establecer un formato de presentación deses contidos (con filtrado e ordeación) e o resultado vai poder ser unha páxina, un bloque para poñer nalgunha sección do Theme,...

Paso de parámetros a unha vista

  • Pode suceder que teñamos unha vista con datos dun tipo determinado e queiramos que ditos datos aparezan filtrados por un campo da vista, de tal forma que apareza previamente un resumo có número de elementos que teñen un valor determinado para ese campo, e que ao premer aparezan a lista de elementos da vista que teñan ese dato.
  • Vexamos un exemplo.

Exemplo

  • Imaxinemos que temos unha tenda de ordenadores e vendemos compoñentes do mesmo.
  • A vista de nome produtos_informaticos ten os seguintes campos:
  • nome
  • prezo
  • tipo, sendo tipo unha lista cos seguintes valores: CPU, Memoria, Hard Disk.


  • Unha vez engadidos, crearemos unha vista en forma de táboa para que amose os produtos. Polo tanto iremos a Administrar => Estructura => Vistas e crearemos unha nova vista.




-- Ángel D. Fernández González -- (2016).