Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Menús»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Línea 96: | Línea 96: | ||
* [https://www.drupal.org/project/superfish Módulo SuperFish]. | * [https://www.drupal.org/project/superfish Módulo SuperFish]. | ||
:* Necesita instalar unha [https://github.com/mehrpadin/Superfish-for-Drupal/archive/2.x.zip librería externa SuperFish library]. | :* Necesita instalar unha [https://github.com/mehrpadin/Superfish-for-Drupal/archive/2.x.zip librería externa SuperFish library]. | ||
− | :: Para | + | :: Para instalala podemos facer uso do [https://www.drupal.org/project/libraries módulo libraries] |
<br> -- [[Usuario:angelfg|Ángel D. Fernández González]] -- (2016). | <br> -- [[Usuario:angelfg|Ángel D. Fernández González]] -- (2016). |
Revisión actual del 18:55 10 nov 2016
Sumario
Aspectos a ter en conta
- Os menús imos poder colocalos en calquera sección (rexións) dun Tema.
- Poderemos asociar a visualización dun menú en función:
- Dun rol determinado (un rol é un grupo de seguridade ao que pode pertencer un usuario, por exemplo ao grupo administradores).
- Do tipo de contido que se estea a visualizar (é dicir, podemos facer un menú se visualice se estamos a ver un artigo, por exemplo)
- Das páxinas que esteamos a visualizar (é dicir, podemos facer que un menú estea visible só para certas páxinas, por exemplo, a páxina principal).
Visión Xeral
- Se entramos na opción de menú Administrar:
- Dentro dos menús por defecto temos:
- Administración: É o menú que utilizan os usuarios có rol administrador.
- Herramientas: É o menú no que aparecen enlaces relacionados con módulos previamente instalados. Por exemplo, por defecto aparece activo dentro deste menú o enlace agregar contenido que se amosa cando un usuario ten permiso para agregar novos contidos (por exemplo novos artigos) ao sitio web de Drupal.
- Navegación Principal: É o menú que amosa as seccións principais do sitio.
- Menú usuario (user account menú): É o menú no que se amosa os enlaces de Cerrar sesión e Mi cuenta, aparecen cun usuario cando se identifica.
- Pié de página: Enlaces que aparecen a pé de páxina do sitio web. Por defecto ten activo o de Contacto.
- A xestión dos menús é moi intuitiva. Podemos editalos, cambiar de orden os elementos dos menús ou crear novos menús premendo o botón Añadir menú.
- Se, por exemplo, editamos o menú 'Administración' podemos ver como os elementos do menú se corresponden coas entradas do menú de administración de Drupal...
Creando un menú
- Imos crear un menú de administración cunhas entradas que nos permitan engadir novos contidos de tipo 'ficha xogador' e que poidamos ir á sección de 'baleirar' cache.
- Indicar que as entradas de menú van poder referenciar calquera contido ou páxina de drupal. Soamente teremos que copiar a URL da mesma.
- Polo tanto o contido que van referenciar ten que estar creado previamente.
Activando o menú
- Unha vez creado o menú ten que 'colocarse' nalgunha das sección/rexión que conforman o theme actual.
- Isto o faremos seguindo a seguinte unidade.
Creando sub-menús
- Drupal permite que os enlaces dun menú sexan 'fillos' dun enlace superior, creando unha estrutura en forma de árbore.
Modificando o aspecto dos menús
Cambiando o theme
- Hai certos themes que permiten ter un 'drowdown menu', é dicir, un menú no que ao pasar por enriba aparece en forma desplegable os submenús.
- Podemos buscar en Drupal aqueles themes que teñan esta opción.
- Un deles é o Theme Business].
- Podedes ver neste enlace os pasos que hai que facer para que apareza o menú principal en forma de menú desplegable.
Instalando un módulo
- Existen varios módulos pero que aínda non están totalmente desenvolvidos para Drupal 8 (no momento de facer este manual).
- Necesita instalar unha librería externa SuperFish library.
- Para instalala podemos facer uso do módulo libraries
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).