Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Tipos de contido»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 136: Línea 136:
 
</gallery>
 
</gallery>
  
<u>Nota:</u> Se quitamos todos os campos que poidan visualizar de forma resumida o seu contido, e visualizamos estes contidos en forma de lista (como fixemos cos artigos na páxina principal) só aparecerá o título.
+
<u>Nota:</u> Ao quitar o campo <body> se visualizamos contidos deste tipo en forma de lista (como fixemos cos artigos) só aparecerá o título xa que por defecto ten dito campo (body) para amosar un texto cando o contido se amosa de forma resumida (cando está dentro dunha lista). Veremos nos seguintes puntos como podemos facer para que cando se amose na vista resumida aparezan os campos que queiramos.
  
 
=== Engadindo novos contidos do tipo creado ===
 
=== Engadindo novos contidos do tipo creado ===

Revisión del 08:29 20 oct 2016

Introdución

  • En Drupal 8 están creados dous tipos de contido: Artigos e Páxinas estáticas.
  • Un tipo de contido ven ser o conxunto de campos relacionados que confirman unha unidade de información para Drupal.
  • Cada tipo de contido está formado por campos (caixas de texto, imaxes, listas,...).
Á hora de engadir contido dun tipo determinado necesitaremos un formulario. Neste formulario se indicará a orde e formato dos campos que conforman o tipo de contido.
Á hora de presentar un contido nunha páxina necesitaremos indicar que campos son visibles, onde colocalos e o formato que van ter.


Creando un novo tipo de contido

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización de EXERCICIOS.


  • Para crear un novo tipo de contido ou editar un tipo previamente creado debemos ir a Administrar => Estrutura => Tipos de contido.
Drupal tipo contidos 1.jpg
  • Imos crear a modo de exemplo un tipo de contido que nos permita gardar información sobre os xogadores da liga ACB.
Os datos que queremos gardar son:
  • Nome do xogador
  • Altura
  • Posición na que xoga
  • Puntos de media por partido
  • Foto do xogador
  • Historia

Opcións

Opcións comúns

Drupal tipo contidos 2A.jpg
  • Nome: Nome que vai ter este tipo de contido. Internamente Drupal vai darlle un nome que pode ser modificado se prememos no enlace editar.
  • Descrición: Descrición que vai aparecer na lista de tipos de contido.


Opcións do formulario de envío

Drupal tipo contidos 2.jpg

  • Etiqueta do título: Título que vai ter este tipo de contido.
  • Previsualizar: Indicamos se queremos que o usuario poida previsualizar o contido antes de publicalo.
  • Explicación: Texto de axuda que se visualizará cando o usuario vaia crear un novo contido deste tipo.


Opcións de publicación

Drupal tipo contidos 3.jpg

Todas as estas opcións van aparecer por defecto cando o usuario cre un novo tipo de contido.
  • Publicado: Indicamos se cando o usuario garde o contido, sexa publicado por defecto.
  • Promocionado á páxina principal: Indicamos se queremos que o contido apareza na páxina principal.
  • Fixo ao comezo das listas: En caso de visualizar varios contidos en forma de lista, aparecerá de primeiro.
  • Crear unha nova revisión: Permite ter varias 'versións' do contidos creados.

Opcións de Idioma

Drupal tipo contidos 4.jpg

  • No caso de ter varios idiomas instalados podemos, cando engadamos contidos deste tipo, indicar o idioma.


Opcións de Presentación

Drupal tipo contidos 5.jpg

  • Podemos indicar se queremos que se amose ou non o autor e data de publicación do contido.


Opcións do Menú

Drupal tipo contidos 6.jpg

  • Neste caso podemos indicar o menú ao que poderán estar relacionados os contidos que se publiquen con este tipo. Quere isto dicir (como vimos en artigos que cando un usuario publique un contido deste tipo poderá 'colocar' (publicar) o seu contido como unha entrada de menú, pero só dos menús marcados nesta opción.


  • Finalmente prememos o botón Guardar y administrar campos.
  • Unha vez feito estaremos na sección de Administrador de campos. Estamos editando o tipo de contido creado. En calquera momento podemos premer o enlace Editar para volver as opcións anteriores.
Drupal tipo contidos 7.jpg


  • Se queremos volver a sección de edición de campos premeremos nos puntos suspensivos e aparecerá a opción de Administrar campos.
Drupal tipo contidos 9.jpg

Administrar campo

  • Un tipo de contido está formado por campos. Un campo ven ser un dato a gardar para ese tipo de contido.
  • Os tipos de datos poden ser de moitos tipos: numéricos, cadeas, a escoller dunha lista de posibilidades,...
  • Por defecto en todo tipo de contido vai aparecer un campo de nome Body cun tipo de campo texto, de formato largo e con resume.
No noso caso imos crear os campos que especificamos anteriormente:
  • Nome do xogador
  • Altura (en cm)
  • Posición na que xoga
  • Puntos de media por partido
  • Foto do xogador
  • Historia
  • Tipos de datos: a maior parte dos tipos de datos se sabe o que son.
  • Todo o que sexa 'con formato' nos campos de tipo cadea fai referencia a que poderemos cambiar o seu aspecto con etiquetas HTML, tipo negrilla, cor, suliñado,...
  • Listas: fai referencia a que o usuario vai poder escoller dun conxunto de posibilidades que se presentan en forma de lista.
  • Arquivo / Imagen: Se permite adxuntar un arquivo / imaxe ao tipo de contido.
  • Booleano: Valores true/false ou on/off.
  • Término de taxonomía: Aparece un selector no que podemos seleccionar algunha das palabras que están no vocabulario (creado previamente, xa o veremos posteriormente).
  • Se non poñemos un campo de texto con resumo cando visualizamos de forma resumida o artigo aparecerá so o título (se pode cambiar, visto posteriormente).


Nota: Ao quitar o campo <body> se visualizamos contidos deste tipo en forma de lista (como fixemos cos artigos) só aparecerá o título xa que por defecto ten dito campo (body) para amosar un texto cando o contido se amosa de forma resumida (cando está dentro dunha lista). Veremos nos seguintes puntos como podemos facer para que cando se amose na vista resumida aparezan os campos que queiramos.

Engadindo novos contidos do tipo creado

  • Agora xa podemos engadir novos contidos utilizando este novo tipo, tal como fixemos no punto anterior da Wiki: Creando novos contidos.
Drupal tipo contidos 32.jpg


Administrar a visualización do formulario

Drupal contidos 29.JPG

  • Cando creamos un novo tipo de contido é necesario dispoñer dun formulario que permite engadir novos contidos do tipo creado.
  • Neste apartado imos ver que opcións podemos ter na xestión de dito formulario.


  • Como podemos observar no listado de campos aparecen os añadidos previamente para o tipo de contido:


Tipos de control (widget) asociados a un campo

  • Cando creamos un tipo de contido, imos creando novos campos dentro dese tipo.
  • Cada campo pode ter 'asociado' un control (widget) para a súa visualización.
Drupal contidos 1.jpg





  • Os diferentes campos terán diferentes tipos de controis en función do seu tipo.
Drupal contidos 2.jpg
Nesta imaxe o campo 'contact' é un tipo de campo Referencia de Entidad o cal vai servir para gardar o nome dun usuario rexistrado. Podemos facer que a súa visualización sexa unha lista onde se poida escoller a un usuario en base a uns criterios, ben que sexa unha caixa de texto onde se teña que escribir o nome ou un conxunto de radiobuttons onde aparecen todos os usuarios e se pode escoller un.


Administrar a presentación


-- Ángel D. Fernández González -- (2016).