DRUPAL Tipos de contido

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • En Drupal 8 están creados dous tipos de contido: Artigos e Páxinas estáticas.
  • Un tipo de contido ven ser o conxunto de campos relacionados que confirman unha unidade de información para Drupal.
  • Cada tipo de contido está formado por campos (caixas de texto, imaxes, listas,...).
Á hora de engadir contido dun tipo determinado necesitaremos un formulario. Neste formulario se indicará a orde e formato dos campos que conforman o tipo de contido.
Á hora de presentar un contido nunha páxina necesitaremos indicar que campos son visibles, onde colocalos e o formato que van ter.


Creando un novo tipo de contido

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización de EXERCICIOS.


  • Para crear un novo tipo de contido ou editar un tipo previamente creado debemos ir a Administrar => Estrutura => Tipos de contido.
Drupal tipo contidos 1.jpg
  • Imos crear a modo de exemplo un tipo de contido que nos permita gardar información sobre os xogadores da liga ACB.
Os datos que queremos gardar son:
  • Nome do xogador
  • Altura
  • Posición na que xoga
  • Puntos de media por partido
  • Foto do xogador
  • Historia

Opcións

Opcións comúns

Drupal tipo contidos 2A.jpg
  • Nome: Nome que vai ter este tipo de contido. Internamente Drupal vai darlle un nome que pode ser modificado se prememos no enlace editar.
  • Descrición: Descrición que vai aparecer na lista de tipos de contido.


Opcións do formulario de envío

Drupal tipo contidos 2.jpg

  • Etiqueta do título: Título que vai ter este tipo de contido.
MOI IMPORTANTE: Este campo sempre ten que estar presente no formulario de entrada de datos que veremos posteriormente.
  • Previsualizar: Indicamos se queremos que o usuario poida previsualizar o contido antes de publicalo.
  • Explicación: Texto de axuda que se visualizará cando o usuario vaia crear un novo contido deste tipo.

Opcións de publicación

Drupal tipo contidos 3.jpg

Todas as estas opcións van aparecer por defecto cando o usuario cre un novo tipo de contido.
  • Publicado: Indicamos se cando o usuario garde o contido, sexa publicado por defecto.
  • Promocionado á páxina principal: Indicamos se queremos que o contido apareza na páxina principal.
  • Fixo ao comezo das listas: En caso de visualizar varios contidos en forma de lista, aparecerá de primeiro.
  • Crear unha nova revisión: Permite ter varias 'versións' do contidos creados.

Opcións de Idioma

Drupal tipo contidos 4.jpg

  • No caso de ter varios idiomas instalados podemos, cando engadamos contidos deste tipo, indicar o idioma.


Opcións de Presentación

Drupal tipo contidos 5.jpg

  • Podemos indicar se queremos que se amose ou non o autor e data de publicación do contido.


Opcións do Menú

Drupal tipo contidos 6.jpg

  • Neste caso podemos indicar o menú ao que poderán estar relacionados os contidos que se publiquen con este tipo. Quere isto dicir (como vimos en artigos que cando un usuario publique un contido deste tipo poderá 'colocar' (publicar) o seu contido como unha entrada de menú, pero só dos menús marcados nesta opción.


  • Finalmente prememos o botón Guardar y administrar campos.
  • Unha vez feito estaremos na sección de Administrador de campos. Estamos editando o tipo de contido creado. En calquera momento podemos premer o enlace Editar para volver as opcións anteriores.
Drupal tipo contidos 7.jpg


  • Se queremos volver a sección de edición de campos premeremos nos puntos suspensivos e aparecerá a opción de Administrar campos.
Drupal tipo contidos 9.jpg

Administrar campo

  • Un tipo de contido está formado por campos. Un campo ven ser un dato a gardar para ese tipo de contido.
  • Os tipos de datos poden ser de moitos tipos: numéricos, cadeas, a escoller dunha lista de posibilidades,...
  • Por defecto en todo tipo de contido vai aparecer un campo de nome Body cun tipo de campo texto, de formato largo e con resume.
No noso caso imos crear os campos que especificamos anteriormente:
  • Nome do xogador
  • Altura (en cm)
  • Posición na que xoga
  • Puntos de media por partido
  • Foto do xogador
  • Historia
  • Tipos de datos: a maior parte dos tipos de datos se sabe o que son.
  • Todo o que sexa 'con formato' nos campos de tipo cadea fai referencia a que poderemos cambiar o seu aspecto con etiquetas HTML, tipo negrilla, cor, suliñado,...
  • Listas: fai referencia a que o usuario vai poder escoller dun conxunto de posibilidades que se presentan en forma de lista.
  • Arquivo / Imagen: Se permite adxuntar un arquivo / imaxe ao tipo de contido.
  • Booleano: Valores true/false ou on/off.
  • Término de taxonomía: Aparece un selector no que podemos seleccionar algunha das palabras que están no vocabulario (creado previamente, xa o veremos posteriormente).
  • Se non poñemos un campo de texto con resumo cando visualizamos de forma resumida o artigo aparecerá so o título (se pode cambiar, visto posteriormente).


Nota: Ao quitar o campo <body> se visualizamos contidos deste tipo en forma de lista (como fixemos cos artigos) só aparecerá o título xa que por defecto ten dito campo (body) para amosar un texto cando o contido se amosa de forma resumida (cando está dentro dunha lista). Veremos nos seguintes puntos como podemos facer para que cando se amose na vista resumida aparezan os campos que queiramos.

Engadindo novos contidos do tipo creado

  • Agora xa podemos engadir novos contidos utilizando este novo tipo, tal como fixemos no punto anterior da Wiki: Creando novos contidos.
Drupal tipo contidos 32.jpg


  • Tarefa a facer: Engadide tres ou máis contidos do tipo Ficha Xogador.


IMPORTANTE: Temos que pensar moi ben os tipos de datos que van conformar os contidos, xa que unha vez que engadimos datos utilizando o tipo de dato NON SE PODEN MODIFICAR.

Administrar a visualización do formulario

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización de EXERCICIOS.


  • Cando creamos un novo tipo de contido é necesario dispoñer dun formulario que permite engadir novos contidos do tipo creado.
  • Neste apartado imos ver que opcións podemos ter na xestión de dito formulario.


IMPORTANTE: Lembrar que estamos a editar os campos que van conformar o formulario que se utilizará por parte dos usuarios para engadir un novo tipo de contido.

MOI IMPORTANTE: Dentro dos campos que conforman o formulario SEMPRE TEN QUE ESTAR O ETIQUETA DO TITULO que se atopa na lapela de EDITAR.



  • Como podemos observar no listado de campos aparecen os engadidos previamente para o tipo de contido:
  • Xogador de baloncesto (é a etiqueta do título) => Atópase na lapela de Editar.
  • Nome Xogador
  • Altura
  • Posición
  • Puntos de Media
  • Imaxe Xogador
  • Historia
  • E ademais aparecen outros campos:
  • Escrito por
  • Fecha
  • Promocionado a la página principal
  • Fijo al comienzo de las listas
  • Alias de URL


Ocultar - Visualizar campos

  • Por cada campo, podemos facer que estea oculto no formulario de introdución de datos.
Para facelo

Ordenar os campos do formulario

  • Tamén podemos indicar a orde en que aparecen os campos no formulario.
  • Para iso temos dúas opción:
  • Mover os campos cunha icona en forma de cruz que aparece na parte esquerda:
Drupal tipo contidos 38.jpg
  • Ou amosar os 'pesos' de cada campo e darlles un valor. O valor pode ser negativo e o valor máis pequeno fará que o campo se amose primeiro. Para ver os pesos temos que premer no enlace de nome Mostrar pesos de la fila que o premer nel cambiará polo texto Ocultar pesos de la fila:
Drupal tipo contidos 39.jpg


Tipos de control (widget) asociados a un campo

  • Cando creamos un tipo de contido, imos creando novos campos dentro dese tipo.
  • Cada campo pode ter 'asociado' un control (widget) para a súa visualización.
  • Os diferentes campos terán diferentes tipos de controis en función do seu tipo.
Drupal tipo contidos 42.jpg

Nesta imaxe o campo 'Escrito por' é un tipo de campo Referencia de Entidad o cal vai servir para gardar o nome dun usuario rexistrado. Podemos facer que a súa visualización sexa unha lista onde se poida escoller a un usuario en base a uns criterios, ben que sexa unha caixa de texto onde se teña que escribir o nome ou un conxunto de radiobuttons onde aparecen todos os usuarios e se pode escoller un.



  • Imaxinemos o caso de que queremos cambiar a lista que garda a posición dun xogador por controis checkbox que permiten ter varias opcións seleccionadas á vez:



Cambiar opcións do tipo de dato

  • Algúns campos dos engadidos ao tipo de dato pódense modificar.

Administrar a presentación

Drupal tipo contidos 45.jpg

  • Unha vez introducimos datos dun tipo de contido, teremos que visualizar os contidos.
  • Na sección de presentación imos indicar que campos do tipo de datos imos amosar, a súa posición, o seu formato,...
  • Por defecto temos 3 tipos de presentación de datos:
  • 'Default': que se aplica por defecto se non ten unha 'presentación' a aplicar.
  • 'Contenido Completo': que se aplica cando se visualiza de forma completa un contido publicado.
  • 'Teaser': que se aplica cando visualizamos o contido de forma resumida.
  • Podemos eliminar ou engadir novas formas de visualización se estando na vista de 'default' prememos a opción Opciones de presentación personalizadas.

Drupal tipo contidos 46.jpg

Como vemos, por defecto están marcadas as opción de Contenido completo e Teaser e por iso aparecen na parte superior.


  • Ao igual que pasaba na sección de 'administrar la visualización del formulario', podemos cambiar a orde dos campos (arrastrando o campo coa icona da cruz do lado esquerdo ou amosando os pesos de cada campo), podemos facer que un campo non sexa visible, activar ou desactivar o formato dun campo e personalizar (dependendo do tipo de campo) a configuración dun campo.
  • O campo Enlaces fai referencia as enlaces que aparecen para 'engadir comentarios' ou 'ler máis' por exemplo. O vemos na seguinte imaxe:

Drupal tipo contidos 46B.jpg


  • Imos facer un exemplo:


  • Agora imos modificar a presentación 'Completa', é dicir, cando visualizamos o contido completo.

Creando novos tipos de campos

  • NOTA: Esta sección está asociada á realización de EXERCICIOS.


  • Tedes a posibilidade de:
  • Crear os vosos tipos de campos. Neste enlace explica como facer os vosos tipos de campos personalizados.
  • Descargar un módulo que amplíe os tipos de datos.
Na web de Drupal, na sección de Módulos a descargar teredes que escoller como Modules Categories => Fields. Tedes neste enlace o resultado da búsqueda desta categoría.



Calendarios

  • Este 'tipo de contido' soe ser bastante utilizado polo que imos velo de forma individual.
  • Para cambiar o formato da data e hora temos que ir ao menú Administrar => Configuración e na sección Regional e Idioma:

Drupal tipo contidos 58.jpg

Módulo Calendar

Instalando o módulo Calendar

Nota: No momento de escribir este manual este módulo aínda está en proceso de desenvolvemento, polo que pode que non teña toda a funcionalidade.
  • Lembrar activalo. Se non podedes, revisar a descrición para ver se tedes os módulos dos que depende instalados (está comentado no punto de activación de módulos na wiki.


  • Exercicio a facer:
  • Creamos un novo tipo de contido de nome 'Partidos a disputar'
  • Os campos deste tipo son:
  • Data partido (tipo Date)
  • Equipo 1 (tipo lista de texto con algún equipo introducido)
  • Equipo 2 (tipo lista de texto con algún equipo introducido)
Idea: Quen queira pode crear un vocabulario (taxonomia) e introducir os nomes dos equipos. Despois facer que os campos Equipo 1 e Equipo 2 sexan referencia de término (taxonomía) e que se amosen en forma de lista.
  • Engadide dous ou tres datos (partidos), que se xoguen no mesmo mes.
  • Nota: Se facedes calquera cambio sobre o dato de tipo Date (por exemplo, cambiar o seu nome) deberedes limpar a cache para que se actualice a vista do calendario).

Creando unha vista

  • Unha vez instalado o módulo do calendario teremos que crear unha vista.
  • As vistas as veremos ao longo de todo o curso xa que é unha ferramenta fundamental o uso de Drupal.
Unha vista vai permitir obter información dos datos introducidos en Drupal (en forma de contidos) e presentala de múltiples formas e formatos (en forma de páxina ou bloque, en forma de lista, cuadrícula,...)
  • Ven ser a linguaxe SQL de consulta de base de datos, sendo as táboas dunha base de datos equivalentes aos contidos de Drupal.
  • No caso que nos ocupa teremos que facer o seguinte:

Outras aproximacións

  • Actualizado a Xullo do 2017: Dentro do core do Drupal 8 xa incorpora un tipo de dato para a data/hora de nome Sello temporal.
  • Outra aproximación para facer un calendario podería ser a de integrar Google Calendar con Drupal.
En diferentes foros fala de utilizar código PHP.
Pero dende a versión 8, a integración de PHP dentro dos contidos non está permitida. Teríamos que facer, entre as posibles solucións, un módulo.
Unha forma máis sinxela é a de integrar un <iframe> dentro dun contido de drupal. En dito <iframe> iría a referencia ao Google Calendar.


Personalizando a forma en que se visualizan os tipos de contido

  • Por defecto, os campos creados para un tipo de contido se visualizan un detrás doutro, en forma de filas.
  • Podemos necesitar (tanto a nivel de formulario ou de presentación) cambiar esta aparencia e facela mais complexa.
  • Existen varios módulos que van permitir facer isto.
  • Módulo Display Suite.
Información Módulo Display Suite.
  • Módulo Asset Injector.
Información Módulo Asset Injector
  • Módulo Paragrahs.
Información Módulo Paragrahs






-- Ángel D. Fernández González -- (2016).