Diferencia entre revisiones de «Dispositivos Virtuais de Android: AVD»

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 15: Línea 15:
 
==Creando novos dispositivos virtuais==
 
==Creando novos dispositivos virtuais==
  
Podemos acceder a través do AVD Manager:
+
Podemos acceder a través do AVD ('''A'''ndroid '''V'''irtual '''D'''evice) Manager:
  
  
Línea 21: Línea 21:
  
  
Ou do executable android:
 
  
<gallery caption="Lanzando o AVD Manager" widths="350" heights="300px" perrow="2">
+
Temos unha ferramenta por liña de comandos que nos permite facer as mesmas operacións.
Image:PDM AndroidStudio avd6.jpg| Situamos no cartafol onde instalamos o SDK (en Linux /opt/sdk) e dentro deste o cartafol '''tools'''. En Windows se atopa no cartafol do SDK e o executable é '''AVD Manager.exe'''.
+
Atópase no cartafol de instalación do SDK\'''tools\bin\avdmanager.bat'''
Image:PDM AndroidStudio avd7.jpg| En Linux debemos escoller a opción de Menú Tools => Manage AVDs...
+
 
Image:PDM AndroidStudio avd8.jpg| Cargará o AVD Manager.
+
: Podemos consultar os diferentes parámetro que pode levar este comando [https://developer.android.com/studio/command-line/avdmanager neste enlace].
</gallery>
 
  
  

Revisión del 10:34 6 sep 2018

Introdución

  • Só poderemos escoller aquelas versións do S.O. que descargáramos previamente co SDK Manager, escollendo o SDK plataform e algunha das imaxes (INTEL, ARM) do máquina en cuestión. Lembrar que non é necesario instalar todas as opcións da API como xa explicamos neste enlace.


Creando novos dispositivos virtuais

Podemos acceder a través do AVD (Android Virtual Device) Manager:


PDM AndroidStudio avd1.jpg


Temos unha ferramenta por liña de comandos que nos permite facer as mesmas operacións. Atópase no cartafol de instalación do SDK\tools\bin\avdmanager.bat

Podemos consultar os diferentes parámetro que pode levar este comando neste enlace.


  • Dende o AVD Manager do Android Studio aparece a seguinte pantalla cos dispositivos virtuais creados:


PDM AndroidStudio avd2.jpg


Podemos crear un calquera a partires dos máis coñecidos premendo o botón Create Virtual Device:


PDM AndroidStudio avd3.jpg


  • Nota: Cabe sinalar como xa vimos neste enlace que para poder crear un dispositivo cunha API determinada teremos que ter descargada previamente a imaxe do S.O. dende o SDK Manager.


En calquera momento podemos lanzar o dispositivo, eliminalo ou editalo para cambiar as súas características.


PDM AndroidStudio avd5.jpg


PDM AndroidStudio avd4.jpg


Se prememos no botón Show Advanced Settings podemos cambiar parámetros como o tamaño da tarxeta, se o dispositivo ten ou non cámara (emulada ou real),...

Crear un AVD

  • A continuación vaise crear un AVD:
    • Co seu dispositivo asociado
    • CPU
    • Versión de Android
    • Memoria
    • Tarxeta de memoria, etc.

NOTA: As seguintes imaxes, como xa indicamos, están baseadas na versión API 16.


  • Imos ver en máis detalle a pantalla anterior:

PDM AndroidStudio avd11.jpg

  • Scale: Podemos indicar a escala na pantalla que vai ter o dispositivo cando se inicie. Así podemos indicar que un punto no dispositivo sexan X pixeles na pantalla.
  • Orientation: Orientación inicial do dispositivo cando arranque. Se pode cambiar unha vez iniciado.
  • Use Host GPU: Utiliza o hardware da tarxeta gráfica. Fai uso das librerías OPEN GL ES.
  • Store a snapshot: Non se pode utilizar á vez coa opción anterior. Indicar se se desexa que cando se apague o dispositivo faga unha instantánea (Snapshot), para que, cando se inicie, arranque dende a instantánea moito máis rápido. Pero esta opción consume moito máis espazo en disco. (Pódese ver o tamaño do dispositivo en home/.android/avd/dispositivo).
  • Enable device frame: Crea un marco ao arredor do dispositivo virtual como se foxe un real.


  • Opcións avanzadas na creación dun AVD:
Premendo no botón Show Advanced Options:

PDM AndroidStudio avd11.jpg

  • Camera: Podemos emular unha cámara frontal / traseira ou utilizar unha cámara real que teñamos conectada ao computador.
  • Network: Podemos emular a velocidade e tempo de resposta da 'rede' á que está conectado o emulador. Se pode cambiar despois.
  • Memoria e almacenamento:
  • RAM: Memoria física do AVD.
  • VM Heap: Memoria utilizada pola máquina virtual de Java (Java Virtual Machine). Utilizada en parte polas aplicacións para gardar as variables instanciadas. Con 32MB debería chegar.
  • Internal storage: Tamaño da memoria interna do dispositivo. Esta memoria non é unha SD Card externa.
  • Memoria externa:
  • Studio-managed: Tamaño da memoria externa.
  • External File: Se queremos compartir unha memoria entre diferentes AVD teremos que escoller esta opción. Máis información neste enlace.
Ao facelo pedirá a ruta a un arquivo de extensión img previamente creado.
Para crear unha tarxeta SD Externa debemos utilizar a ferramenta de liña de comandos mksdcard que se atopa no cartafol do SDK/tools (en Linux /opt/sdk/tools).
Por exemplo, en Linux, situados no cartafol anterior dende un terminal: ./mksdcard -l tarxetaSD 1024M /home/angel/mySdCardFile.img
  • Enable Device Frame: Marco 'físico' que rodea o AVD para simular un marco real.
  • Custom Skin: Indica o 'aspecto' que vai ter o S.O. Android e as súas aplicacións, a resolución da pantalla, o deseño que van ter as pantalla por defecto, a aparencia dos botóns,...Son deseños cunhas características predefinidas.










-- Ángel D. Fernández González -- (2016).